Número 1
Marzo de 2017
Gain Informa
Convocatoria AAL 2017
O programa de envellecemento activo e asistido (Active and Assisted Living-AAL) ven de abrir a convocatoria de 2017. Este programa ten como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas maiores e fortalecer as oportunidades industriais internacionales mediante o uso das TIC. Fináncianse proxectos transnacionais (mínimo tres países) que involucren a PEMEs, organismos de investigación e organizacións de usuarios finais. O topic de 2017 está enfocado ao desenvolvemento de paquetes ou solucións TIC integradas que respondan ás necesidades dos usuarios aumentando a súa calidade de vida. Os vindeiros 6 e 7 de marzo organizarase en Bruxelas un evento informativo sobre esta convocatoria e un seminario sobre a construcción de consorcios.
Data de peche: 24 de maio de 2017.
Máis información
CONVOCATORIAS
Convocatorias Sociedades Seguras 2017
As convocatorias de 2017 do reto social Sociedades seguras veñen de abrir o prazo para a presentación de propostas. O CDTI organizou dous eventos sobre esta temática: un Infoday para informar sobre estas convocatorias e un evento específico sobre o topic SEC-05-DRS-CBRN-2017. Nas seguintes ligazóns pódense descargar a documentación: Infoday SC7 - 2017 | Jornada SEC-05-DRS
Data de peche: 24 de agosto de 2017.
Máis información
Convocatoria FLAG-ERA
A ERA-NET FLAG-ERA ten aberta a convocatoria de 2017 para apoiar proxectos de investigación de investigación básica ou investigación aplicada en sinerxia coas dúas iniciativas emblemáticas (FET Flagships), Grafeno e o Proxecto Cerebro Humano, nas distintas áreas de investigación que se detallan na convocatoria.
Prazo de presentación pre-propostas - 1ª fase: 14 de marzo de 2017.
Máis información
InnoEnergy Investment Round for Innovation Projects
A Comunidade de Coñecemento e Innovación (KIC) InnoEnergy ten aberta a 6ª Rolda de Investimento para Proxectos Innovadores no ámbito da sustentabilidade enerxética. Conectando solicitantes coa rede pan-Europea de expertos, empresas e investigadores, esta rolda ten por obxectivo axudar as empresas europeas –start-ups, PEMEs e gandes empresas – a comercializar a súas tecnoloxías innovadoras.
Data de peche: 7 de abril de 2017.
Máis información
Convocatoria España-Corea en Eureka 2017
O Centro para o Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) e o Korea Institut for Advancement of Technology (KIAT) lanzan a "Convocatoria Bilateral de Colaboración Tecnolóxica Empresarial España-Corea 2017", dentro do Programa EUREKA. Os proxectos poden abarcar calquera temática, e como todos os proxectos Eureka, deben ter as seguintes características:

- o resultado debe ser un produto, proceso ou servizo innovador orientado a mercado, consecuencia da cooperación tecnolóxica dos participantes.

- o proxecto debe ter participantes de ambos países e deber ser relevante para todos os socios.

En España, o financiamento destes proxectos realizarase a través do CDTI aplicando as condicións dos proxectos de Cooperación Tecnolóxica Internacional.
Data de peche: 31 de marzo de 2017.
Máis información
EVENTOS
Jornada Informativa: Iniciativa tecnológica conjunta de Hidrógeno y Pilas de Combustibles (JTI-FCH2) H2020. Convocatoria 2017
Madrid, 10 marzo 2017
International Brokerage Event Hydrogen & Fuel Cells into the Mainstream - Powering our Homes, Workplaces and Transport
Birmingham, 14 marzo 2017
Bilbao Marine Energy Week
Bilbao, 27 - 31 marzo 2017
First European Conference on Connected and Automated Driving
Bruxelas, 3-4 abril 2017
Technology Cooperation Days 2017
Hannover, 25-27 abril 2017
NOTICIAS
España é o país que máis financiamento atrae en SwafS
O programa “Ciencia con e para a Sociedade” (SwafS) de H2020 ten como obxectivo establecer unha cooperación efectiva entre a ciencia e a sociedade, reclutar talentos para a ciencia e enlazar a excelencia científica coa conciencia e responsabilidade social. Para iso, profundiza na investigación e innovación responsable (RRI). A tasa de éxito de España sitúase no 19,9%, por encima da media europea de 14,2%. As liñas onde se obtiveron mellores resultados foron na de Participación cidadana na ciencia (public engagement), seguidos pola área de Ética e as accións de Euraxess.
Máis información
Avaliación positiva das iniciativas FET sobre grafeno e o cerebro humano
Despois de tres anos de actividades, as dúas iniciativas de investigación emblemáticas das Tecnoloxías Futuras e Emergentes (FET Flaships), Grafeno e o Proxecto Cerebro, veñen de ser avaliadas por un panel de expertos de alto nivel. El informe revela que o instrumento Flagship é altamente relevante na estrategia europea de investigación e ten potencial para alcanzar un gran impacto. Sen embargo, hai espazo para mellorar, tanto a nivel estratéxico como operativo, polo que se propoñen unha serie de recomendacións ao respecto.
Máis información
Presentacións do Infoday FCH2
O pasado 2 de febreiro organizouse en Bruxelas un evento informativo sobre a convocatoria 2017 da iniciativa tecnolóxica conxunta de Hidróxeno e Pilas de Combustible (FCH2). Pódese visualizar o evento e descargar as presentacións a través da seguinte ligazón:
Máis información
Resultados preliminares da convocatoria COFUND 2016 das Accións Marie Sklodowska Curie
Xa están dispoñibles os resultados preliminares da convocatoria COFUND, mecanismo de co-financiamento que pretende estimular programas rexionais, nacionais ou internacionais, para fomentar a excelencia na formación dos investigadores. Nesta convocatoria, destinada a entidades legais que financien ou xestionen Programas de Doutoramento ou Programas de Incorporación de Investigadores, España obtivo 19,41M€ (27,54% UE 28), sendo o país con maior retorno, con 8 proxectos financiados, o que permitirá incorporar ao sistema de I+D+I a máis de 550 investigadores .
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
H2020 - SME Instrument- Phase 1: looking for public authorities dealing with water/flooding control
A SME based in Italy has developed an advanced land monitoring system: through the installation of meteo stations and detectors, which reveal in real time the hydrometric regime of the watercourse under investigation, the system elaborates data and gives the necessary information for water management and evaluation of risks to the user. They look for research collaborations for a H2020 SME Inst "Boosting the potential of small businesses in the areas of climate action, environment, resources".
Máis información
Partner search for Horizon 2020: ICT-14-2016-2017 - Big Data PPP: cross-sectorial and cross-lingual data integration and experimentation.
A Greek SME is developing a proposal under ICT-14-2016-2017, and is looking for a coordinator under a research agreement. An Italian SME and a French research center are already members of the consortium and they are specializing in data collection, management, integration and fusion. The project aims to facilitate the data sharing between data “owners” (e.g. data warehouses) and entrepreneurs. An experimentation incubator will be developed to link data providers with entrepreneurs.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.