Número 10
Setembro de 2017
Gain Informa
Convocatoria I2D2 (Incubation Innovation in Drug Discovery)
A Fundación Kærtor ten lanzada unha convocatoria en busca de expresións de interese enfocadas a agregar valor á investigación biomédica dende o programa I2D2 (Incubation Innovation in Drug Discovery). O obxectivo é apoiar o descubrimento temperá de fármacos para enfermedades sen solucións terapéuticas. Esta iniciativa marca o inicio da primeira incubadora de novos fármacos en España, posta en marcha o pasado mes de xullo pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, en colaboración coa compañía farmacéutica Janssen e a fundación Kaertor.

A convocatoria está dirixida a investigadores e grupos de investigación, empresas, entidades ou organismos que estean especializados en mecanismos de enfermidade e que queiran aplicar a súa investigación cara ao descubrimento de fármacos. Darase prioridade ás áreas terapéuticas de oncoloxía, inmunoloxía, neurociencia, enfermidades infecciosas e vacinas, así como cardiovascular e metabolismo.

Máis información



CONVOCATORIAS
Programa de aceleración "MoveUp" – Digital Attraxion
A rexión belga de Wallonia lanza o primeiro programa de aceleración "MoveUp" de Digital Attraxion. Está dirixido a startups de todo o mundo que buscan entrar no mercado europeo dentro do campo das Smart Cities. A convocatoria está aberta para os seguintes temas: Intelligent Transport Systems (ITS), Mobility of Connected Objects/Internet of Things, Smart Environment e Big Data Analytics.
Data de peche: 8 de outubro de 2017.
Máis información
Convocatoria para organizacións que dan soporte a PEMEs
A Comisión Europea invita ás organizacións que traballen dando soporte a PEMEs na Unión Europea (asociacións sectoriais, asociacións industriais, cámaras de comercio, ...) a presentar a súa expresión de interese para recibir formación especializada nos ámbitos de eficiencia de recursos, eco-innovación e economía circular.
Data de peche: 18 de setembro de 2017.
Máis información

Convocatorias FET FLAGSHIP Human Brain
A iniciativa de investigación emblemática de Tecnoloxías Futuras e Emerxentes Proxecto Cerebro Humano (HBP) ten abertas convocatorias para unirse á Plataforma Conxunta HBP nas seguintes áreas: Co-designing the HBP digital infrastructure for advancing the understanding of multilevel brain organisation; Data Protection Officer; Modelling Allosteric Drugs; Coordination of Gender Equality Activities e Comparative single cell analyses of principal neurons and interneurons in mice and humans.
Data de peche: 6 de outubro de 2017.
Máis información
Convocatoria de Proxectos Transnacionais - ERA-Net HERA JRP
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, participa cun orzamento de 500.000€ na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre Humanidades na área europea de investigación, no marco da ERA-Net HERA Joint Research Programme “Public Spaces: Culture and Integration in Europe”.
Data de peche: 24 de outubro de 2017.
Máis información
EVENTOS
Jornada informativa sobre Convocatorias Europeas 2018-2020 para Industrias Creativas
Madrid, 26 setembro 2017
Porto Water Match 2017
Porto, 27-29 setembro 2017
Industrial Innovation Matchmaking Event 2017
Bruxelas, 3-4 outubro 2017
20TH EUROPEAN HEALTH FORUM GASTEIN- HEALTH IN ALL POLITICS - A BETTER FUTURE FOR EUROPE
Salzburgo, 4-6 outubro 2017
Agri Innovations Summit
Lisboa, 11-12 outubro
Harnessing Research and Innovation for FOOD 2030: A Science Policy Dialogue
Bruxelas, 16 outubro 2017
Conference on Innovation Procurement
Tallín, 17-18 outubro 2017
Horizon 2020 Energy – Brokerage Event
Bruxelas, 24 outubro 2017
NOTICIAS
ERC StG 2017: 406 proxectos gañadores
O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de anunciar a concesión das axudas ERC Starting Grant 2017 para 406 investigadores excelentes. O financiamento, que ascende a 605 millóns de euros en total, permitiralles establecer os seus propios grupos de investigación e desenvolver as súas ideas innovadoras. A esta convocatoria presentáronse 3085 propostas de proxectos, das que aproximadamente o 13% foron financiadas (22 proxectos para centros españois). Traballarán nunha amplia gama de temas, dende a investigación en saúde sobre infeccións crónicas ou asma, ata a xestión de desastres, a seguridade de redes e o cambio climático.
Máis información
2018 Women Innovators Prize
A Comisión Europea ven de lanzar a quinta edición do Premio da UE para Mulleres Innovadoras, que premia a mulleres empresarias que lograron innovacións sobresaíntes que levaron ao mercado. O primeiro premio é de 100 000 euros, cun segundo e un terceiro premio de 50 000 e 30 000 euros, respectivamente. Tamén se dará un premio especial de 20 000€, a unha innovadora excepcional (de 30 anos ou menos) ao inicio da súa carreira. Poderanse presentar candidaturas ata o 15 de novembro de 2017. As catro gañadoras anunciaranse o 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller.
Máis información
V Seminario Oficina Europea
A Oficina Europea de FECYT-MEIC organiza os días 24, 25 e 26 de outubro o V Seminario para xestores de Horizonte 2020, que estará centrado no Consello Europeo de Investigación, Acciones Marie S. Curie e Tecnoloxías Emergentes e de Futuro (FET), do Pilar de Ciencia Excelente, así como formación transversal de Ciencia con e para a Sociedade. Está dirixido principalmente ao persoal técnico das Oficinas de Proxectos Europeos de universidades, centros de investigación ou calquera persoa con capacidade multiplicadora do coñecemento adquirido.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Software developer in medical technology sought for Eurostars project
A German company specialised in measurement and sensor technology is looking for a software developer to join a Eurostars project.The project aims at developing a standardized calibration method (and prototype) for non-invasive blood pressure measurement instruments in order to monitor patients data in a systematic and more reliable manner. The software developer should be active in the area of medical applications capable of developing a software that can be integrated in the planned prototype.
Máis información
[EUREKA] Artificial neural network based software development for new technology business suggestion
A Korean SME specialised in the business consulting software development especially in technology transfer, commercialisation, and business incubation is looking for a R&D project partner. The company targets to develop a software system to support enterprises looking for new business items from online technology marketplaces. The potential partner is expected to have expertise in business consulting tool based system integration.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.