CONVOCATORIAS |
|
Cambio na última data de corte SME Instrument 2017 - Phase 1 |
|
Debido á apertura das convocatorias EIC Pilot (2018-2020), a última data de corte para presentar propostas á convocatoria de Instrumento PEME – Fase 1 adiántase un día. A data límite será o 7 de novembro de 2017.
|
|
Máis información |
|
Premio Horizon “Zero Power Water Monitoring” |
|
A Comisión Europea ten lanzadas as bases para o premio Horizon “Monitorización da infraestrutura da Auga Cero Enerxía”. A CE invita ao innovadores europeos a propoñer solucións basadas en tecnoloxías de sensores intelixentes inalámbricas e autoalimentadas, deseñadas para a monitorización en tempo real dos recursos hídricos. Otorgarase un premio de 2 millóns de euros á mellor solución que demostre o impacto positivo da sensorización, sen coste enerxético, na adquisición, monitorización, comunicación e análise de información sobre a auga. O prazo para presentar as propostas abrirase o 19 de decembro de 2017.
|
|
Máis información
|
|
EVENTOS |
|
AED DAYS 2017- Clustering Aeronautics, Space and Defence Challenges and Opportunities B2B and Networking |
|
Lisboa, 18-20 outubro 2018 |
|
IMI Stakeholder Forum 2017 |
|
Bruxelas, 18-19 outubro 2017 |
|
H2020 : Nanotecnologías, Materiales Avanzados, Biotecnología y Fabricación y Transformación Avanzadas. Jornada de presentación del Programa de Trabajo 2018-2020 |
|
Madrid, 19 outubro 2017 |
|
Horizon 2020 Energy Info Days |
|
Bruxelas, 23-25 outubro 2017 |
|
Horizon 2020 Energy – Brokerage Event |
|
Bruxelas, 24 outubro 2017 |
|
Nature-Based Solutions Conference- From innovation to common use |
|
Tallin, 24-26 outubro 2017 |
|
European Cyber Security Challenge 2017 |
|
Málaga, 30 outubro 2017 |
|
AquaMatch 2017 |
|
Amsterdam, 2 novembro 2017 |
|
|
|
|
Raw Materials Week 2017 |
|
Bruxelas, 6-10 novembro 2017 |
|
Marimatch at EUROPORT 2017 - International Brokerage Event |
|
Rotterdam, 8-9 novembro 2017 |
|
NOTICIAS |
|
2130 proxectos innovadores buscan financiamento en Instrumento PEME Fase 1 |
|
A Comisión Europea recibiu 2130 propostas de pequenas e medianas empresas innovadoras para a Fase 1 da convocatoria de Instrumento PYME antes da data de corte do 6 de setembro de 2017. Presentaron propostas PEMEs de 43 países. O maior número de propostas foi de solicitantes italianos (340), seguidas de preto por españois (338) e británicos (129). Asimesmo as temáticas ás que se presentaron máis propostas foron a TIC (547), enerxía (231) e nanotecnoloxías (202).
|
|
Máis información |
|
Actualización da Lista de Materias Primas Críticas (CRMs) |
|
A Comisión Europea ven de publicar unha nova versión da lista de Materias Primas Críticas (CRMs) para la Unión Europea. Nesta versión incrementáronse a 27 as materias primas consideradas críticas. É interesante revisar este listado de cara as futuras convocatorias de Horizon 2020. Na seguinte ligazón pódese atopar a lista actualizada, documentación sobre a metodoloxía usada para a súa elaboración e outra información relacionada, como os principais países productores destas materias.
|
|
Máis información |
|
ERC PROOF OF CONCEPT: Concedidas novas axudas para innovación |
|
O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de publicar os resultados da segunda rolda da convocatoria Proof Of Concept 2017. Cincuenta e un investigadores recibirán financiamento para explorar o potencial comercial ou de innovación dos resultados da investigación ou desenvolvementos levados a cabo en proxectos que foron financiados polo ERC.
Os proxectos innovadores seleccionados abarcan unha gran variedade de temas, dende novas terapias de saúde ata a creación de mapas 3D detallados de estruturas forestais, ata un modelo de vixilancia oceánica para a conservación de peixes. As axudas recibidas poderán utilizarse, entre outras cousas, para establecer dereitos de propiedade intelectual, investigar oportunidades de negocio ou realizar validacións técnicas.
|
|
Máis información |
|
|
|