Número 12
Outubro de 2017
Gain Informa
Publicación dos borradores dos Programas de Traballo H2020 2018-2020
A Comisión Europea (CE) xa ten publicados varios borradores dos Programas de Traballo 2018-2020 de Horizon 2020. Está previsto que se fagan públicos os de todas as áreas, co fin de dar a coñecer os temas que se van financiar nas próximas convocatorias.
Estes documentos son provisionais, e poden estar suxeitos a cambios. Os únicos Programas de Traballo válidos serán os que se publiquen no Portal do Participante despois da súa adopción por parte da CE.
Máis información



CONVOCATORIAS
Próxima convocatoria IMI
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI2) publicou a lista de topics que están en consideración para a súa convocatoria número trece. A lista inclúe un total de 16 topics de diversas áreas. A avaliación realizarase en dúas fases. Espérase que a convocatoria abra antes de finais de ano.
Máis información
Convocatoria IMPACT Growth
O programa IMPACT Growth da aceleradora IMPACT ten aberta unha nova convocatoria. Seleccionaranse 14 proxectos que recibirán 100.000 € a fondo perdido e ademáis recibirán formación, mentoring e servizos para a internacionalización. As dúas mellores start-ups recibirán ademais 150.000 euros extra e poderán acceder a financiamento privado de ata 1,5 millóns de euros. Este programa está enfocado ás áreas de Smart Cities, Smart content, Smart agrifood e SmartManufacturing.
Data de peche: 12 de decembro de 2017.
Máis información

Pre-anuncio da nova Convocatoria CHIST-ERA
Está previsto que a finais de outubro abra unha nova convocatoria de CHIST-ERA II (European Coordinated Research on Long-term Challenges in Information and Communication Sciences & Technologies ERA-NET). España participa a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (MINECO). O financiamento de MINECO-AEI poderá cubrir a participación de Universidades, OPIS, Centros Tecnolóxicos e Institucións de Investigación privadas sen ánimo de lucro. Na convocatoria contemplaranse as siguientes temáticas:
1. “Object recognition and manipulation by robots: Data sharing and experiment reproducibility (ORMR)”
2. “Big data and process modelling for smart industry (BDSI)”

Máis información

Cooperación Tecnolóxica Bilateral con Tailandia en Ciencias da vida
No marco do programa de cooperación TLSIP-”Thailand-Spain Innovation Programme in Life Sciences" entre empresas españolas con entidades tailandesas que teñan como obxectivo o desenvolvemento dun novo proceso ou produto comercializable, identificáronse as seguintes liñas prioritarias para a cooperación tecnolóxica:

- Medicina Xenética Preventiva: desenvolvemento de protocolos de diagnóstico xenético tales como o Diagnóstico prenatal non invasivo (NIPT), Screening Xenético Preimplantatorio (PGS), Diagnóstico Xenético Preimplantatorio (PGD).
- Farmacoxenómica: fármacos á medida para cada paciente e adaptados ás súas condicións xenómicas, máis potentes, máis seguros; e métodos máis exactos para determinar a dose apropiada de fármaco.
- Medicina persoalizada en Oncoloxía.

As empresas españolas interesadas en colaborar deberán completar o formulario e remitilo ao enderezo tailandia@cdti.es. Os datos serán postos a disposición dos organismos tailandeses colaboradores na búsqueda de socios, e poderán difundilos a entidades interesadas.
Máis información - tailandia@cdti.es

EVENTOS
Oportunidades H2020: Nanotecnoloxías, materiais avanzados, biotecnoloxía e novas formas de produción
Santiago, 24 outubro 2017
Jornada Nacional Reto 6 "Europa en un mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras y reflexivas"
Madrid, 2 novembro 2017
EC-EDA INFORMATION EXCHANGE AND MATCH-MAKING EVENT: EXPLORING FP7, HORIZON 2020 AND EDA R&T SYNERGIES ON ADVANCED MATERIALS, STRUCTURES AND NANOTECHNOLOGIES
Bruxelas, 7 novembro 2017
Annual Joint Programming Conference 2017- Co-designing Public-Public Partnerships (P2Ps) for the next Framework Programme (FP9)
Bruxelas, 7-8 novembro 2017
II Conferencia H2020 y Salud
Madrid, 8 novembro 2017
InfoDay and Matchmaking event H2020 Social Challenge "Climate Action, Environment, Resource Efficiency & Raw Materials” – 2018 CALLS
Bruxelas, 8-9 novembro 2017
NOTICIAS
XORNADA SIMPLIFICACIÓN DAS REGRAS DE H2020
GAIN, como membro do Consorcio Galactea–Plus da Enterprise Europe Network (EEN), organizou conxuntamente co CDTI e outras entidades, unha xornada sobre a simplificación das regras de participación en Horizon 2020. Este evento estaba enmarcado na nova campaña de comunicación que a Comisión Europea (CE) lanzou sobre os aspectos legais e financeiros de HORIZON 2020. O obxectivo da campaña é incidir nos últimos cambios no Acordo de Subvención e a publicación da versión 4.0 del Annotated Model Grant Agreement, ademáis de presentar os principios das auditorías e repasar os elementos clave para a implementación.
Máis información- Presentacións da xornada
Digital Innovation Hubs
O 22 de setembro organizouse en Madrid o evento “The Digital Innovation Hubs: Key towards broad digital transformation of European industry”. Na xornada presentáronse os logros e os próximos pasos na posta en marcha da rede paneuropea de Centros de Innovación Dixital (DIH), que é un dos piares clave da Estratexia de dixitalización da industria europea.O evento contou con máis de 280 participantes e ofreceu unha visión xeral clara do traballo real realizado por diferentes actores: DIHs, industria, pemes e mid-caps, así como diferentes estratexias para DIH lanzadas polos gobernos de distintos países. Están dispoñibles as gravacións e as presentacións do encontro.
Máis información
Horizon 2020 InfoWeek on Societal challenge 2 - calls 2018
Ata o 20 de outubro estará aberto o prazo para rexistrarse na Semana informativa que se celebrará en Bruxelas sobre o Reto Social 2 de Horizon 2020 'Food security, sustainable agriculture and forestry, marine and maritime and inland water research and the Bioeconomy’ (14-17 novembro 2017). Será unha oportunidade para obter, de primeira man, información sobre os próximos 1300 millóns de euros de novas oportunidades de financiamento que se presentan para o periodo 2018-2020, a estratexia europea de bioeconomía, a dixitalización e o crecemento azul.

Máis información
Informe do grupo de expertos de alto nivel da Quantum Flagship
O grupo de expertos de alto nivel de Quantum publicou o informe final, cos principios concretos para a implementación da iniciativa emblemática en Tecnoloxía cuántica (Quantum Flagship). O documento contén ademáis recomendacións importantes para a gobernanza e a implementación desta iniciativa, así como a Axenda de investigación estratéxica. Este informe será entregado á Comisión durante o evento que se celebrará en Bruxelas o próximo 6 de novembro. No programa de traballo de H2020-Tecnoloxías Futuras e Emerxentes para o periodo 2018-2020 xa se inclúe unha primeira convocatoria para a Quantum Flagship.

Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Clinical research institute sought for Eurostars project
A German company specialised in measurement and sensor technology is looking for a clinical research center to join a Eurostars project.The project aims at developing a standardized method (and prototype) for non-invasive blood pressure measurement instruments in order to monitor patients data in a systematic and more reliable manner. The partner sought should have experiences with cardiovascular diseases and will be in charge of developing a framework for clinical parameters and patients needs.
Máis información
Eurostars2 Project: Development of cloud based English negotiation learning platform
A South-Korean SME is looking for R&D partners to develop a software program which deals with training and consulting business negotiation in English. The proposal will be submitted in the Eurostars2 call (deadline 1st March 2018) and is looking for partners to work on the e-learning system as well as negotiation document management system and develop the business model for commercialization of the service.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Galactea-Plus e Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.