Número 13
Outubro de 2017
Gain Informa
H2020 Catálogo EEN Agrofood 2018-2020

A Enterprise Europe Network (EEN) vai elaborar un Catálogo cos perfís de entidades interesadas en participar nas convocatorias 2018-2020 do Reto social 2 (SC2) "Food security, sustainable agriculture and forestry, marine, maritime and inland water research and the bioeconomy" do HORIZON 2020.

Todos aquelas entidades galegas que teñan interese, deberán enviar cubertos uns formularios, por cada topic SC2 no que podería participar.

Máis información



CONVOCATORIAS
Convocatoria IMPACT Connected Car
O programa IMPACT Connected Car da aceleradora IMPACT abre a súa primeira convocatoria para apoiar a Pemes e startups nos siguientes desafíos: Automoción, Infraestrutura e construción, Electrónica, TIC e TelCo e nas áreas transversais de Mobilidade e Servizos empresariais e de consumo. Seleccionaranse 25 beneficiarios e os 13 finalistas finais recibirán ata 60.000 € por proxecto, así como servizos de formación, aceleración e coaching. Buscan proxectos de alto crecemento entre un TRL 7 e un TRL 9 , con capacidade de crear valor económico e social. Salientar que entre as entidades que apoian esta iniciativa está o Centro tecnolóxico CTAG.
Data de peche: 10 de xaneiro de 2018.
Máis información
Convocatoria INCluSilver
No marco do proxecto europeo INCluSilver, no que participa o Cluster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) xunto con outros 8 socios europeos, ten aberta unha convocatoria para a prestación de apoio financeiro. INCULSilver aportará ata 60.000 € por peme a través de bonos de innovación (bono para escalabilidade e internacionalización, bono de demostración, bono de transferencia tecnolóxica, bono de análise de viabilidade económica), bonos IPR e bonos de viaxe para apoiar ideas innovadoras no marco da nutrición persoal para persoas maiores.
Máis información

Segunda Convocatoria conxunta Brasil e España (Fase I)
O CDTI (España) e a FINEP (Brasil), no marco do seu Acordo Institucional invitan a presentar propostas ça Segunda Convocatoria Bilateral de Colaboración Tecnolóxica entre empresas de ambos países. Esta chamada permitirá seleccionar e financiar proxectos de I+D en colaboración entre unha empresa brasileña e unha empresa española. Na Fase I hai as seguintes datas de corte para a presentación das propostas: 31 marzo de 2018, 30 de xuño de 2018, 31 de outubro de 2018, 31 de marzo de 2019 E 30 de xuño de 2019.
Máis información

EVENTOS
H2020 Transport infoday and Brokerage Event
Bruxelas 13 decembro 2017
Rexistro ata o 3 de novembro!!
Infoday Reto Social 3 - "Energía Segura, Limpia y Eficiente"
Madrid, 2 novembro 2017
H2020 Reto Social 2: Sociedad alimentaria, agricultura y silvicultura sostenibles, investigación marina, marítima y de aguas interiores y Bioeconomía. Jornada de presentación del Programa de Trabajo 2018-2020 y Taller de revisión de propuestas
Madrid, 7 novembro 2017
ICT Proposers' Day 2017
Budapest, 9-10 novembro 2017
Riga Comm 2017 Brokerage Event
Riga, 9 novembro 2017
AVIATION 2017
Linz, 12-14 novembro 2017
SRIEE2017- Security Research, Innovation and Education Event
Tallin, 14-15 novembro 2017
Rexistro ata o 30 outubro!!
Infoday convocatorias 2018-2020 Reto Social 5 H2020
Madrid, 14 novembro 2017
Infoday sobre Nuevas FET-Flagships
Madrid, 15 novembro 2017
NOTICIAS
Presentacións xornada IMPACT Growth e IMPACT Connected Car
A Axencia Galega de Innovación organizou o día 10 de outubro unha xornada para a presentación dos programa IMPACT Growth e IMPACT Connected Car financiados pola Comisión Europea, nos que os proxectos seleccionados recibirán financiamento, formación e mentoring. As presentacións están dispoñibles na seguinte ligazón.
Xornada
Presentacións dos Industrial Innovation Days
Os días 3 e 4 de outubro tiveron lugar en Bruxelas os Industrial Innovation Days, organizados pola Comisión Europea. Neste evento presentáronse as convocatorias de NMBP previstas para 2018 e 2019, incluíndo Open Innovation Test Beds, Nanotecnoloxías, Materiais para saúde e enerxía, Biotecnoloxía, así como as iniciativas público-privadas FoF, EeB e SPIRE. As presentacións realizadas pódense descargar a través da seguinte ligazón.

Tamén se poden visualizar as sesións a través dos enlaces que aparecen neste documento.

EIT Innovation Forum
O Instituto Europeo de Innovación (EIT) organizou o seu Foro anual en Budapest, os días 16 e 17 de outubro. Durante o encontro coñecéronse os gañadores dos premios EIT Change, Venture e Innovators. Tamén se debateu para a estratexia futura do EIT para innovación en Europa despois do 2020. Todos os detalles e as gravacións na páxina do encontro.

Máis información
Infoday & Partnering Day Horizon 2020 – 'Health, demographic change and wellbeing'
Está aberta a inscrición para o Info Day do Reto social 1 de Horizon 2020, que se celebrará en Bruxelas o 8 de decembro de 2017. Infoday.

O día anterior terá lugar un Partnering Day. O rexistro para este encontro estará aberto ata o 31 outubro! - Parnering day

BÚSQUEDAS DE SOCIOS
LC-GV-04-2019: A French SME looking for trucks and passenger cars manufacturers to develop a combustion engine based on heat recovery technology reducing energy consumption
A high-performance French SME operates in the sector of intelligent energy applied to automotive, transport and logistics. In response to the H2020 "LC-GV-04-2019: Low-emissions propulsion for long-distance trucks and coaches" the coordinator of the project is seeking partners to integrate a heat to power recovery technology reducing energy consumption on an vehicle through a research cooperation agreement. Partners sought are trucks and passenger cars manufacturers.
Máis información
EUROSTARS - Looking for pharmaceutical SMEs specialized in the development of innovative pain treatments
The unit of Development Genetics of Brussels-based University is looking to identify suitable SMEs committed to innovation in pain treatments for a joint Eurostars application. The unit seeks to assess the application potential of its research in this field. As the project coordinator, the role of the partner sought will be to provide expertise in drug discovery as well as industrial guidance.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Galactea-Plus e Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.