Número 2
Marzo de 2017
Gain Informa
Nova edición do Programa de especialización de xestores
O CDTI ven de abrir unha nova convocatoria deste programa de apoio á especialización no ámbito europeo de persoal de entidades españolas que participan en Horizon 2020. Nesta edición vólvese ao formato de estancia de 8 semanas (15 maio-7 xullo). A axuda a recibir por entidade e xestor é de 5000€.
Data límite presentación solicitudes: 24 de marzo de 2017.
Máis información
CONVOCATORIAS
Convocatorias ECSEL 2017
A iniciativa tecnolóxica conxunta de Compoñentes e Sistemas Electrónicos (ECSEL) ten abertas as convocatorias para a presentación de propostas. Estas convocatorias desenvolveranse en dúas fases. No Plan de traballo anual pódense consultar os topics abertos, as condicións de participación e o financiamento dispoñible .
Data de peche 1ª fase: 11 de maio de 2017.
Máis información
Convocatoria JPI MYBL 2017
España, a través do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e a Axencia Estatal de Investigación (AEI), participa na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre cambio demográfico, no marco da iniciativa de programación conxunta(JPI) More Years, Better Lives. O topic da terceira convocatoria é: “Ageing and place in a digitising world”. Ten por obxectivo fomentar a investigación nos modos nos que a saúde e o benestar das persoas de idade avanzada poden mellorar grazas ao uso de novas tecnoloxías que favorezan un uso inclusivo orientado á aprendizaxe continua e ao espazo.
Data de peche: 3 de abril de 2017.
Máis información
Futuros topics para IMI 2
Xa está publicada información sobre 5 topics que están en consideración para incluir en futuras convocatorias da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI 2).
Máis información
EVENTOS
Sesión informativa SWAFS H2020
Madrid, 22 marzo 2017
Water Market Europe
Bruxelas, 28 marzo 2017
Conference on Opportunities for a Knowledge and Innovation Community in Urban Mobility
Bruxelas, 29 marzo 2017
Infoday and Brokerage Event: ADVANCED MANUFACTURING in EUREKA
Bruxelas, 30 marzo 2017
4th International B2B Software Days - The Future of Digital Business
Bruxelas, 25-26 abril 2017
2nd Biobased Economy Conference – Turning waste into value
Postdam, 27 abril 2017
Bio-Based Industries JU 2017 OPEN INFO DAY & BROKERAGE EVENT
Bruxelas, 28 abril 2017
NOTICIAS
A Comisión simplificará máis o Horizon 2020
Carlos Moedas, Comisario Europeo de Investigación, Ciencia e Innovación, presentou o pasado 28 de febreiro un paquete de medidas de simplificación nunha reunión con diputados do Parlamento Europeo, o Tribunal de Contas Europeo e as principais organizacións interesadas na investigación e a innovación. Segundo anunciou as novas medidas reducirán aínda máis a burocracia, o que fará que o programa sexa máis atractivo para os investigadores e as empresas máis innovadoras. As novas medidas simplificarán aínda máis as normas e procedimientos, facilitando a participación no Programa.
Máis información
Nova versión dos modelos de acordo de subvención
A Comisón Europea ven de modificar os modelos de acordo de subvención Horizon 2020. Establecen, entre outros cambios, aclaracións, correccións e novas normas a favor dos beneficiarios, que poden ser aplicadas retroactivamente ás subvencións firmadas anteriormente.
Máis información
Proxectos financiados no Reto social 5
A Comisión Europea ten publicado un documento no que se presentan brevemente os 218 proxectos financiados nas convocatorias 2014, 2015 e 2016 do reto social "Acción polo clima, medio ambiente, eficiencia de recursos e materias primas”. Estas convocatorias centráronse en invertir en innovación sistémica promovendo a eficiencia dos recursos para unha economía máis verde e competitiva. En conxunto, estes proyectos mobilizan recursos por un total de 1.392 millóns de euros.
Máis información
Información Coordinadores proxectos H2020
Organizáronse en Bruxelas dúas xornadas:
- “H2020 Coordinators’ Day: Amendments /Reporting and Payments”. 14 febreiro 2017. Presentacións | Gravación
- “H2020 Coordinators' Day: Grant AGreement Preparation”. 1 marzo 2017. Presentacións | Gravación
O Consello Europeo de Investigación cumpre 10 anos
Dende a súa creación, o ERC ten financiado a cerca de 7000 investigadores. O impacto acadado no ámbito da investigación europea é considerable e o seu apoio ten sido recoñecido en numerosos artigos de revistas internacionais. Para conmemorar este décimo aniversario, programáronse en España diversas actividades neste mes de marzo.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
EUROSTARS proposal: High resolution volumetric crop/harvest estimation
SME from Cyprus is looking for partners to develop a "harvest prediction" model by employing the space-time evolution of vegetation canopy and imagery from drones and satellites. The proposal will be submitted in the Eurostars Call (deadline 14th of September 2017) and is looking for partners to work on the algorithms of the prediction model as well as carry out the market analysis and develop the business model for commercialization of the product.
Máis información
FETOPEN-01-2016-2017-RIA - Еxploring the continuous transformation of transforming companies
A Macedonian Faculty of Economics is developing project under H2020-FETOPEN-01-2016-2017-RIA call and is looking for project partners experienced in simulation, modelling and exploration research. The project aims at exploring the continuous transformation of transforming companies and proposes a changing model for continuous transformation by using the Executable Unified Modelling Language.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.