Número 3
Abril de 2017
Gain Informa
Javier Montenegro consigue unha das axudas da prestixiosa organización HSFPO
Javier Montenegro (ERC Starting Grant 2015) ven de lograr unha das 30 axudas que acaba de conceder a Human Frontiers Science Program Organization. O seu proxecto foi seleccionado entre máis de 1.000 candidaturas de 60 países.

O HFSP (Human Frontiers Science Program) é un prestixioso programa internacional de apoio á investigación en Bioloxía, que promove a colaboración interdisciplinar entre equipos de científicos de distintas nacionalidades incentivando o estudo de problemas biolóxicos complexos para os que aínda non hai resposta.

Máis información
CONVOCATORIAS
Convocatoria EUREKA en Fabricación Avanzada
Convocatoria aberta o pasado 7 de marzo no ámbito tecnolóxico da fabricación avanzada e a industria 4.0, para a presentación de propostas Eureka entre empresas dos seguintes países: Francia, Hungría, República de Corea, República Checa, Sudáfrica, Suecia, Turquía e España. No caso de España os proxectos financiaranse a través da ferramenta CDTI para proxectos I+D en colaboración internacional.

Os proxectos deberán presentarse por consorcios empresariais que terán que estar formados alomenos por unha entidade dun país membro de pleno dereito, e un segundo país dalgún dos que se mencionan no texto da convocatoria. A presentación de candidaturas realizarase en varias fases.

Data de peche 1ª fase: 21 de abril de 2017.
Máis información
Convocatoria OCEANERA-NET
A ERANET sobre Enerxías oceánicas ven de abrir a súa primeira convocatoria. Cun orzamento total de 17 millóns de euros, financiaranse proxectos colaborativos transnacionais de I+D para demostrar e validar tecnoloxías innovadoras para enerxía mariña. As propostas deben enmarcarse nunha das 6 prioridades temáticas definidas. Por outra parte, os consorcios deberán incluir un mínimo de 2 organizacións independentes de dous países distintos que participen nesta ERANET.
Data peche 1ª fase: 26 de maio de 2017.
Máis información
Convocatoria ERA-MIN-2
A ERANET sobre Materias primas para unha economía circular (ERA-MIN 2) ten aberta a convocatoria de 2017. Co fin de asegurar un suministro sostible e responsable de materias primas á economía e á industria, a convocatoria está dirixida 3 segmentos específicos de materias primas (metálicos, construción e minerais industriais) e definíronse 5 áreas temáticas principais. As entidades que financiarán aos socios españois serán o CDTI, a Agencia Estatal Investigación e ADE.
Data límite envío pre-propostas: 5 de maio de 2017.
Máis información
Convocatoria expertos en Economía circular
A Comisión Europea ven de abrir unha convocatoria para a selección de candidaturas para un grupo de expertos en Economía circular. Este grupo estará encargado de aconsellar á Comisión sobre as accións a realiar para xeración e financiamento de modelos de economía circular nos Estados Membros.
Data de peche: 9 de maio de 2017.
Máis información
EVENTOS
Biomedica Networking Event 2017
Eindhoven, 9-10 maio 2017
Murcia FOOD Brokerage Event 2017
Murcia, 9-10 maio 2017
Bio-Sensing Technology Conference & Partnering Event
Riva del Garda, 10 maio 2017
MSCA 2017 Conference – Mobility takes research further
Malta, 11-12 maio 2017
Matchmaking Recycling Technology
Dortmund, 11 maio 2017
TechSummit & Gadget Expo Bratislava 2017
Bratislava, 11-12 maio 2017
Future of Building 2017 - Conference and Brokerage Event
Viena, 17-18 maio 2017
NOTICIAS
Propostas presentadas ao Reto social 5
A EASME publicou os datos das propostas presentadas á convocatoria do Reto Social 5 “Acción polo clima, medio ambiente, eficiencia dos recursos e materias primas” que pechou o pasado 7 de marzo. Presentáronse un total de 401 propostas. As áreas que máis solicitudes recibiron foron Economía circular (117) e Materias primas (80).
Máis información
Info Day e Brokerage Event Sociedades Seguras
A Rede de Puntos Nacionais de Contacto (SEREN3), en colaboración coa Comisión Europea, organizou en Bruxelas un evento sobre o reto social Sociedades Seguras de H2020. Os asistentes puideron coñecer en detalle as convocatorias de 2017, as regras de participación e outros aspectos. Asimesmo tamén tiveron oportunidade de reunirse bilateralmente con outros participantes no encontro.
Máis información
Brokerage Event SwafS 2017
O 10 de marzo celebrouse en Bruxelas o evento Horizon 2020 - Science with and for Society 2017 . Na primeira parte do encontro realizáronse as sesións informativas (Presentacións|Video). Na segunda parte mantivéronse máis de 250 reunións bilaterais entre os participantes.
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
A French SME is looking for big data and web development specialists plus an industrial end-user for a Eurostars project on acquisition and data treatment for predictive analysis of industrial processes
A French SME, expert in process engineering, is preparing a Eurostars project to be submitted on the 17.09.17. The aim of the project is to develop a service of early detection of failures and predictive analysis in process industry. The SME is looking for one (or more) SME(s) specialised in acquisition and treatment of mass data and if possible in web application development. The French company is also looking for an end-user (SME or large company) who could test the services developed.
Máis información
Eureka: Research cooperation sought for Nouveaux, a project on search for network function virtualisation ready linux distribution
Based in Istanbul / Turkey, Turkish company defines itself as the partner and specialized in data processing, data security with various vertical applications.

Acronymed as "Noveaux" under Celtic Plus call, the project is about targeting the issue of "not having a standardised Linux distribution which is suitable for developing network function virtiualisation (NFV) elements"

The company is looking for project partners under research cooperation agreement.

Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.