CONVOCATORIAS |
|
Convocatoria Ciencia con e para a Sociedade 2017 |
|
A Comisión Europea ten aberto o prazo para a presentación de propostas a todos os topics previstos no programa Ciencia con e para a Sociedade (SwafS). A finais de abril publicouse unha version revisada do programa de traballo Horizon 2020 2016-2017. Na Sección “16. Science with and for Society” están incluidos os cambios producidos nos topics SwafS-08-2017, SwafS-26-2017 e SwafS-27-2017.
|
|
Data de peche: 30 de agosto de 2017.
|
Máis información |
|
Convocatoria de Proxectos Transnacionales no marco de EIG CONCERT-Japan |
|
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, participa nesta convocatoria no marco do grupo de interese europeo CONCERT- Japan (EIG CONCERT-Japan). O obxectivo é apoiar proxectos para desenvolver tecnoloxías máis eficientes, fiables, seguras, flexibles e sostibles nos sistemas de almacenamento de enerxía e distribución de electricidade.
|
|
Data límite de envío de propostas: 7 de xullo de 2017.
|
Máis información
| |
Premios Horizon para axudar a crear motores limpos |
|
A Comisión Europea ten lanzados dous premios Horizon para identificar ideas innovadoras que poderían reducir drasticamente a contaminación atmosférica causada polo transporte. Financiados polo programa Horizon 2020, concederase un premio de 3,5 millóns de euros para o motor máis limpio do futuro e un premio Horizon de 1,5 millón de euros para a modernización de motores.
|
|
Data límite para presentación de candidaturas:
Engine Retrofit for Clean air: 12 de setembro de 2017
Cleanest Engine of the Future: 20 de agosto de 2019.
|
|
EVENTOS |
|
Xornada Horizon 2020: Instrumento PEME |
|
Santiago, 6 xuño 2017 |
|
Jornada Informativa Nacional del Programa COST |
|
Madrid, 6 xuño 2017 |
|
Infosecurity Europe 2017 |
|
Londres, 6-8 xuño 2017 |
|
Forum: ‘Health Research in a Connected and Participative Society’ |
|
Bruxelas, 9 xuño 2017 |
|
Jornada de apoyo a la preparación de propuestas para la convocatoria 2017 de Sociedades Seguras |
|
Madrid, 13 xuño 2017 |
|
|
|
|
Xornada Horizon 2020: Tecnoloxías emerxentes |
|
Santiago, 15 xuño 2017 |
|
Digital Assembly 2017 - "Digital Europe: Investing in the Future" |
|
Malta, 15-16 xuño 2017 |
|
EuroNanoForum Brokerage Event |
|
Malta, 23 xuño 2017 |
|
E² Tech4Cities Brokerage Event 2017 |
|
Bruxelas, 23 xuño 2017 |
|
NOTICIAS |
|
España ocupa provisionalmente a cuarta posición por retorno en Horizon 2020 |
|
Segundo os resultados provisionais dispoñibles, as entidades españolas obtiveron unha subvención de 1.933,8 millóns de euros nas convocatorias adxudicadas no período 2014-2016. Isto implica un retorno do 9,8% UE-28 para España e unha cuarta posición no ranking de países por subvención captada, por detrás de Alemania, Reino Unido e Francia. Galicia ocupa provisionalmente a 8ª posición en canto resultados por Comunidades Autónomas, cun financiamento acadado de 53,8 M€. |
|
Máis información |
|
Resultados da consulta para avaliación intermedia Horizon 2020 |
|
Como parte da avaliación intermedia de Horizon 2020, en outubro de 2016 lanzouse unha consulta pública. Recibíronse case 3500 respuestas e máis de 300 documentos de posición. A Comisión Europea presentou os resultados da consulta o 28 de abril, nun evento organizado en cooperación co Comité Económico e Social Europeo. |
|
Máis información |
|
Nova infraestructura europea Big Data para apoiar a investigación sobre a biodiversidade |
|
A Comisión Europea concedeu a condición xurídica de Consorcio Europeo de Infraestructuras de Investigación (ERIC) á Infraestructura Europea para a Investigación da Biodiversidade e os Ecosistemas (LifeWatch). LifeWatch ten como obxectivo avanzar na investigación sobre a biodiversidade e os ecosistemas e aportar importantes contribucións para abordar os grandes desafíos medioambientais, proporcionando acceso, a través dunha infraestrutura electrónica distribuida paneuropea, a grandes conxunxos de datos, servizos e ferramentas para reforzar a capacidade científica, tecnolóxica e de innovación nese ámbito.Con sede central en Sevilla, LifeWatch é a primera infraestructura ERIC liderada por España. O pasado 23 de maio, en Sevilla, o director general de Investigación e Innovación da Comisión Europea entregou á Secretaria de Estado de I+D+i a placa conmemorativa da constitución desta infraestrutura. |
|
Máis información |
|
|