Número 8
Xullo de 2017
Gain Informa
Héctor Gómez recibe o premio Princesa de Girona de investigación científica
Héctor Gómez (ERC Starting Grant 2012) foi galardoado co premio Princesa de Girona na categoría de Investigación científica o pasado 28 de xuño, na cerimonia de entrega dos premios Fundació Princesa de Girona. Este premio recoñece a súa aportación no desenvolvemento de modelos matemáticos e algoritmos con aplicación na predicción do crecemento de tumores no cáncer de próstata.
Máis información
CONVOCATORIAS
Convocatoria "Start-up and SME booster" da EIT-Raw Materials
A Comunidade de Innovación e Coñecemento en Materias Primas do Instituto Europeo de Tecnoloxía (EIT Raw Materials) lanzou unha convocatoria dixida a start-ups e PEMEs de España, Italia e Hungría. Esta convocatoria busca emprendedores en 3 categorías temáticas: 1) Exploración e minería intelixentes, 2) Optimización de procesos, reciclaxe e economía circular e 3) Substitución de materiais críticos e tóxicos e rendemento optimizado.
Data de peche: 31 de xullo de 2017.
Máis información
Convocatoria do programa InTalent
O pasado 27 de xuño abriu a convocatoria do programa conxunto da Universidade da Coruña e Inditex, InTalent. Mediante o programa InTalent contratarase a dous investigadores postdoctorais de calquera nacionalidade que desexen levar a cabo as súas actividades de investigación na UDC, independentemente da súa área de especialización.
Data de peche: 20 de setembro de 2017.
Máis información
Convocatorias 2017 da Acción Preparatoria en Investigación de Defensa
A Acción Preparatoria en Investigación de Defensa (PADR) ten como obxectivo avaliar o valor engadido do presuposto da UE destinado a apoiar a investigación en defensa, en perspectiva dun futuro programa da UE dentro do próximo marco financieiro multianual da UE. O programa de traballo céntrase en 3 topics:
  • Sistemas non tripulados.
  • Sistemas de protección dos soldados e forzas armadas.
  • Tecnoloxías estratéxicas que propoñan e validen metodoloxías e/ou procesos de captura de datos.
Máis información
Próximas convocatorias IMI2
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI2) ten previsto lanzar as convocatorias 11 e 12 proximamente. Durante o mes de xullo organizaranse varios webinars adicados aos topics destas convocatorias, das que está publicado o listado provisional de Future topics. Estes seminarios constitúen unha excelente oportunidade para coñecer en detalle os topics, interactuar cos coordinadores dos topics e contactar con socios potenciais para futuros proxectos.
Máis información

EVENTOS
Jornada informativa nacional sobre las convocatorias 2017 de la Acción Preparatoria en Investigación de Defensa
Madrid, 11 xullo 2017
ITEA Project Outline Preparation days
Berlín, 12-13 setembro 2017
World Sea Food Congress
Reykjavick, 10-13 setembro 2017
H2020 Business opportunities in the circular economy: Reducing, Reusing and Recycling
Oslo, 19 setembro 2017
Graphene Week 2017
Atenas, 25-29 setembro 2017
CSWmatch 2017 - Cyber Security Week 2017
A Haia, 26-28 setembro 2017
NOTICIAS
A UDC obtén o selo de excelencia HR polo contorno favorable á investigación
A Universidade da Coruña vén de recibir o selo de excelencia HR Excellence in Research da rede Euraxess da Comisión Europea. Esta rede fixo público este recoñecemento que distingue en España a sete universidades, entre elas á UDC, e centros de investigación. O premio identifica ás institucións de investigación e organizacións que apoian un ambiente de traballo favorable e estimulante para os investigadores. Este galardón culmina o recoñecemento da excelencia dos recursos humanos na investigación da Comisión Europea. Para conseguir este selo é preciso acreditar as boas prácticas para a contratación de investigadores nun modelo aberto e transparente baseado no mérito.
Máis información
Nova Axenda estratéxica da JTI Bioindustrias
A iniciativa tecnolóxica conxunta de Bioindustrias ven de publicar a nova Axenda Estratéxica de Investigación e Desenvolvemento (SIRA). Nestes momentos atópase aberta a convocatoria de 2017 para a presentación de propostas. Todas aquelas entidades que estén preparando unha proposta é recomendable que revisen a axenda, para a xustificación do seu proxecto, así como para a definición dos indicadores (KPIs).
Máis información
Resultados convocatoria FET OPEN
A Comisión Europea publicou os resultados do último corte de Tecnoloxías Futuras Emerxentes - FET OPEN (xaneiro 2017). A CE seleccionou 26 propostas para ser financiadas na parte de Accións de Investigación e Innovación (RIA) e dous proxectos de Accións de Coordinación e Apoio (CSA). Cómpre sinalar que a tasa de éxito foi considerablemente superior con respecto a outras convocatorias anteriores. España ocupa a 5ª posición nas FETOPEN RIA, tanto en participación como en retorno de financiamento acadado.
Máis información
Xornadas europeas de presentación de convocatorias NMBP 2018-2019
A Comisión Europea vai organizar en Bruxelas unha xornada de presentación das convocatorias 2018 e 2019 de Nanotecnoloxías, materiais avanzados, biotecnoloxía e fabricación e transformación avanzadas (NMBP). O evento terá lugar os días 3 e 4 de outubro. Durante a mañá celebrararanse sesións plenarias e pola tarde, sesións paralelas, cubrindo as prioridades previstas para 2018 e 2019 na área NMBP. Ademáis, está previsto que o 16 de novembro se celebre en Munich, un Brokerage Event organizado pola EEN. O 17 de xullo abre o prazo de inscrición.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Italian University seeks industrial partner working on building industry to join its H2020 Fetopen proposal
An Italian University is looking for industrial partners to take part in their consortium for a H2020 FETOPEN proposal through a research cooperation agreement. The project aims to design, model and manufacture an innovative set-up that will allow users to assess different performance of building materials. The sought partners should be companies experienced in developing and manufacturing components for building facades (glazing, windows, curtain walls, etc).
Máis información
Eurostars2: Innovative mattress with the application of IoT technologies
A Korean SME specializes in mattress and bedding. They are planning to develop an innovate mattress with utilizing IoT technology. They are seeking companies, R&D institutions, and universities for having a research cooperation agreement. Any company, research institute, or university that has interest in improving sleep quality is welcomed to contact and submitting Eurostars2.
Máis información
Eurostars2: Partners sought to cooperate in research on protein drugs to prevent and/or treat bone destruction
A Korean SME, a research-oriented venture enterprise, is looking for partners to collaborate in a Eurostars2 project proposal. The project aims to develop protein or chemical compound drugs and health functional foods to prevent and treat bone destruction caused by bone metastasis from breast carcinoma or osteoporosis. The SME is seeking companies, universities, or research institutes specialized in breast cancer and protein engineering.
Máis información
Eurostars2: Partners sought in the wastewater treatment sector for a proposal to develop a decentralized solar-powered wastewater treatment technology.
A Korean SME specialized in application software is currently working on a project to develop a particle dispersion simulation system. It is the system to predict the diffusion of particles based on monitoring and analyzing. The SME is seeking partners to cooperate on the project.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.