Número 1
Xaneiro de 2018
Gain Informa
Nova función do Portal do Participante
O Portal del Participante ofrece unha nova funcionalidade que permite buscar socios para propostas a presentar aos topics de convocatorias de Horizon2020. Os participantes poden acceder ao listado das buscas de socios a través da páxina que contén a información do topic de cada convocatoria. Tamén, a través da mesma páxina, o Representante legal (LEAR) e outras persoas autorizadas poden crear novas buscas de socios da súa entidade. A guía informativa está dispoñible (para usuarios rexistrados) na sección Proposals- Guía.

H2020 Calls & Topics



CONVOCATORIAS
10ª Convocatoria Enfermidades Raras
A ERA-Net sobre enfermidades raras ven de entrar na terceira fase "E-Rare-3" para axudar a coordinar os esforzos de investigación neste campo e implementar os obxectivos do Consorcio International de Investigación en Enfermidades Raras (IRDiRC). O obxectivo da convocatoria é permitir aos científicos construir unha colaboración efectiva nun proxecto común de investigación interdisciplinar basado na complementariedade e o intercambio de experiencias. Topic: “The research projects have to focus on hypothesis-driven use of multi-omic integrated approaches for discovery of disease causes and/or functional validation in the context of rare diseases.” As propostas deben cubrir, polo menos, unha das áreas indicadas na convocatoria. Procedimento de presentación en dúas etapas: pre-propostas e propostas completas.
Data límite pre-propostas: 6 de febreiro de 2018.
Máis información
Pre-anuncio AAL 2018 - “Smart Solutions for Ageing well”
O Programa de Vida activa e Asistida- AAL anuncia a súa próxima Convocatoria que abrirá en febreiro. Este ano o reto é "Solucións intelixentes para envellecer ben". A diferencia de convocatorias anteriores permitirase unha maior flexibilidade en canto alcance, tamaño e duración dos proxectos propostos e estará aberta a solucións dirixidas a calquera área de aplicación dentro do dominio AAL, cun enfoque a mercados específicos.
Máis información

Convocatoria GENDER-Net Plus
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) e a Fundación La Caixa, participa na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre Xénero e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, no marco da rede europea de investigación GENDER-NET Plus“ERA-NET Cofund Promoting Gender Equality in H2020 and the ERA”.
Máis información

Convocatoria SUSCROP
A ERA-NET SUSCROP ven de abrir a súa próxima convocatoria. Esta rede, cofinanciada pola Comisión Europea, ten como misión mellorar a sostibilidade e resiliencia na produción de cultivos ou sistemas de cultivo, considerando os retos medioambientais. Os proxectos a presentar deberán orientarse, como mínimo, a un dos temas indicados na convocatoria como a Mellora das tecnoloxías predictivas, Desenvolvemento e explotación de métodos e prácticas novedosos de xestión integrada de plagas e cultivos, Investigación sistémica sobre cultivos agrícolas... España participa nesta iniciativa a través do CDTI e a Axencia Estatal de Investigación (AEI) cuns orzamentos aproximados de 325.000 e 500.000 euros respectivamente. CDTI financiará a participación de empresas e a AEI financiará ás entidades científico-académicas.
Data de peche Pre-propostas (1ª fase): 4 de abril de 2018.
Máis información

CONSULTAS
Consulta pública sobre fondos para investigación e innovación, PEME e mercado único
A Comisión Europea ven de lanzar unha consulta pública sobre os fondos da UE no ámbito da inversión, a investigación e a innovación, as pemes e o mercado único. O obxectivo é coñecer o interese dos cidadáns nos distintos programas e a establecer prioridades. En 2018 a Comisión presentará a súa proposta para o Marco Financeiro Plurianual (o orzamento a longo prazo para a Unión Europea) para despois do 2020 e para a próxima xeneración de programas financeiros que recibirán fondos da UE, como o seguinte Programa Marco de investigación e innovación.
Máis información

Enquisa para identificar Centros de Competencia europeos en ciberseguridade
A Comisión Europea ven de lanzar unha enquisa para identificar Centros de Competencia en ciberseguridade no contexto da Comunicación JOIN(2017) 450 final "Resilience, Deterrence and Defence: Building strong cybersecurity for the EU".
Data de peche: 15 de febreiro de 2018.
Máis información

EVENTOS
Smart Plastics matchmaking event
Lyon, 28 xaneiro 2018
AAL info day of the Call 2018 and the Consortium Building Seminar
Bruxelas, 31 xan-1 feb 2018
Next Generation Internet Calls Matchmaking Event 2018
Lyon, 1 febreiro 2018
Brokerage 2018 Secure Societies and ICT calls of Horizon 2020
Bruxelas, 1-2 de febreiro 2018
Taller de preparación de propuestas para coordinadores de Reto 6 convocatoria 2018
Madrid, 5-6 febreiro 2018
Copernicus for Agriculture Industry Workshop
Bruxelas, 5 febreiro 2018
Jornada informativa sobre convocatorias de 'Ciencia con y para la Sociedad'
Barcelona, 8 febreiro 2018
Taller de preparación de propuestas para coordinadores de Reto 6 convocatoria 2018
Barcelona, 12-13 febreiro 2018
Information Day for the EIT's 2018 Call for Proposals- EIT Manufacturing and Urban Mobility
Bruxelas, 13 febreiro 2018
NOTICIAS
Infoday H2020 ‘Health, demographic change and wellbeing'
O 8 de decembro organizouse en Bruxelas un Infoday de presentación do Programa de Traballo dos próximos 3 anos (2018-2020) do Reto Social 1 de Horizon “Saúde, cambio demográfico e benestar. Co principio dunha mellor saúde para todos, este reto céntrase na atención e saúde persoalizadas, as enfermidades infecciosas e a mellora da saúde mundial, sistemas de saúde innovadores y sostibles, o papel do medio ambiente, a transformación dixital e a ciberseguridade na saúde e a atención. Pódense visualizar as sesións a través das seguintes ligazóns:

Main session + session on ICT for Health

Parallel sessions on SMEs; IMI2; health and environment; rare diseases jp co-fund

Parallel sessions on EDCTP; lump-sum funding for NID topic; population cohorts; implementation science and scale-up of interventions

96 millóns de euros para a ciberseguridade de hospitais e servizos de atención conectados
As infraestruturas TIC e os datos son fundamentais para o funcionamiento dos hospitais e os sistemas de atención. Debido á crecente conectividade, a exposición ao riscos de delito cibernético está aumentando. Os ciberataques son un perigo potencial para a seguridade dos pacientes e para a privacidade dos datos de saúde sensibles. Para 2018, 36 millóns de euros de financiamento de Horizon 2020 están disponibles para reducir os riscos cibernéticos nos hospitales. Para 2019, outros 60 millóns de euros destinaranse a servizos de atención fiables conectados.
Máis información
Resultados provisionais da Iniciativa en Medicamentos Innovadores (IMI 2)
Segundo os resultados provisionais computados, España sitúase como quinto país por retorno (16,5 M€), cun 9,4% UE (9,1% del total), por detrás de Reino Unido, Holanda, Alemania y Francia. As entidades españolas están presentes en 17 das 40 actividades financiadas (42,5%), liderando 5 delas. En cuanto ao retorno por Comunidades Autónomas, en primeiro lugar está Cataluña (cun 38% do total), seguida de Castela e León, C. Valenciana e Madrid (4,3 M€, 12% del total). Galicia ocupa sexto lugar.

Máis información
Documento de referencia para auditorías de segundo nivel para Horizon 2020
A Comisión Europea publicou o Documento de referencia para auditorías de segundo nivel para Horizon 2020 (IAP-Indicative Audit Programme Version 1.0). Esta guía contén as normas e os procedimentos indicativos que van seguir os auditores de segundo nivel, ben sexan da propia Comisión Europea ou contratados pola Comisión, para as auditorías de informes financeiros xa presentados. Nesta guía, entre outros elementos, inclúense os detalles a revisar nas diferentes categorías de gastos e sirve como complemento ao "Annotated Model Grant Agrement" ao indicar o proceso a seguir para a verificación dos custos declarados.

Máis información
2596 propostas buscan financiamento na Fase 1 de Instrumento PEME
Antes da última data de corte (09/11/17) de Instrumento PEME- Fase 1, recibíronse 2596 propostas de 43 países. A maioría das propostas presentáronse a TIC (668) e por solicitantes italianos (440). Está previsto que os resultados se publiquen a finais de decembro de 2017. A próxima data de corte de Fase 1 (prevista para 08/02/18), na que o Instrumento PEME xa estará xa baixo o Piloto do Consello Europeo de Innovación.

Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
H2020: LC-SC3-RES-12-2018 - Manufacturer of heat pipe heat exchangers required to complete project consortium
An East of England research centre is developing a proposal for the LC-SC3-RES-12-2018 call. The project aims to develop technology for geothermal power to ensure flexible, resilient, intelligent and smart operation. They require a manufacturer of heat pipe heat exchangers to complete the consortium. The partner will be required to develop the heat exchanger to transfer the heat from the geothermal fluids to a storage facility.
Máis información
DT-RUR-12-2018: ICT Innovation for agriculture – Digital Innovation Hubs for Agriculture - R&D and business partners sought with expertise in area of ICT-based solutions for Precision Agriculture
A consortium of R&D institutions and companies with main partners from Bulgaria and Israel working in the areas of agrotechnology, environmental sciences, agriculture, nutrition and biotechnology is preparing a project proposal on a H2020 call on rural renaissance. The consortium seeks R&D institutions, universities and companies to be a partner in the project with aim to implement novel on-farm technologies (robots, IT technologies, artificial intelligence, etc.) for precision agriculture.
Máis información
[Eurostars2] A Korean company is seeking R&D partners for developing sensor-embedded seat for automobile
A Korean SME specialized in manufacturing seat frames and components for automobile, is preparing a project proposal under the EUROSTARS2 programme. The R&D project proposal is about developing sensor-embedded seats for automobile to measure and analyse driver’s physical condition. Company or institute with expertise and experience in sensor technology is welcomed to join the consortium for R&D collaboration.
Máis información
Partner Search CE-SC5-06-2018 - Recovery of natural gas (CH4) from flue gas which is continuously flared in oil and gas processing environments giving rise to severe environmental emissions
A UK University will research on the economic viability of using gas to wire technology as an integral component of gas flare management. The objective is to evaluate the technological feasibility and economic viability of purifying potential flare gas and using the recovered components as raw materials for other processes. Partners are sought from the chemical processing and oil and gas sectors to develop the processes and technologies for recovery of natural gas under the call CE-SC5-06-2018.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.