Número 10
Xuño de 2018
Convocatoria ERC Advanced Grant 2018 – Apoio OPORTUNIUS
Xa está aberto o praxo para a presentación de propostas á convocatoria ERC Advanced Grants 2018 para financiar proxectos de investigadores excelentes cun recoñecido historial de logros de investigación.

O programa OPORTUNIUS pon a disposición dos investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia, un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a esta convocatoria. Máis información: OPORTUNIUS

CONVOCATORIAS
Oitava convocatoria de Clean Sky
A principal aposta europea para o desenvolvemento de aeronaves máis respetuosas co medio ambiente (Clean Sky), ten aberta a súa 8ª convocatoria. Pódense presentar propostas a máis de 60 topics relacionados cos demostradores incluídos no programa: Avións grandes de pasaxeiros, Avións rexionais, Helicópteros, Estruturas, Motores, ...
Orzamento previsto: 70,6 millóns de euros.
Data de peche: 12 de xullo de 2018.
Máis información

Convocatoria ERA-NET ACT
O Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, a través da Axencia Estatal de Investigación, participa na convocatoria de 2018 de proxectos de investigación transnacionais sobre Captura, Utilización e Almacenamento de CO2 (CCUS) no marco da rede europea de investigación ACT. A convocatoria contempla abordar os desafíos tecnolóxicos, medioambientais, sociais e económicos necesarios para acelerar a madurez tecnolóxica da CCUS.
Data límite presentación pre-propostas:
12 de setembro de 2018.
Máis información

Experimentos cun marco de traballo para cidades intelixentes
O proxecto Horizon 2020 SynchroniCity ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento dun mercado global de Internet das cousas (IoT) onde as cidades e as empresas desenvolvan servizos dixitais compartidos para mellorar as vidas dos cidadáns e facer crecer as economías locais. Este proxecto desenvolveu unha arquitectura IoT de referencia para cidades intelixentes e un mercado de datos IoT. Empresas e cidades están invitadas a experimentar, a través dun piloto de 6 meses, co marco de traballo desenvolvido neste proxecto. O financiamento pode chegar aos 300000 euros. Hai tres temas específicos contemplados: mobilidade sostible, compromiso cidadán e medio ambiente e benestar.
Data de peche: 30 de setembro de 2018.
Máis información

Convocatoria SOLAR-ERA.NET 2018
A ERA-NET SOLAR 2 é unha rede europea que ten como misión impulsar a madurez tecnolóxica e industrialización da enerxía solar fotovoltaica (PV) e termoeléctrica de concentración (CSP). As propostas a presentar á súa convocatoria deberán enmarcarse nalgunha das seguintes liñas temáticas:
- Tecnoloxías industriais avanzadas PV
- Tecnoloxías emerxentes PV
- Integración en edificación e infraestruturas PV
- Operación e diagnose de plantas PV
- Tecnoloxías de nova xeración CSP

España participa nesta iniciativa a través do CDTI e da Axencia Estatal de Investigación.
Data de peche (1ª fase - pre-propostas):
2 de outubro de 2018.
Máis información

EVENTOS
H2020-Sociedades seguras: Jornada de apoyo a la preparación de propuestas para la convocatoria 2018
Madrid, 20 xuño 2018
Taller de preparación de propuestas ERC
Madrid, 21 xuño 2018
Webinar sobre convocatoria SOLAR-ERA.NET
21 xuño 2018
Herramientas Europeas de Financiación de la I+D+i en Economía Circular
Madrid, 26 xuño 2018
The Healthy Future Partnering Event
Liverpool, 26 xuño 2018
Brokerage Event - Digital Transformation How can your business embrace Artificial Intelligence, Virtual & Augmented Reality?
Liverpool, 27 xuño 2018
CDTI-NEDO Joint Workshop on “The Offshore Wind Energy Generation Technology ”
Bilbao, 2 xullo 2018
Brokerage Event on Advanced Materials and Nanotechnology- H2020 NMBP calls 2019
Madrid, 3 xullo 2018
NANOTEXNOLOGY 2018 Forum - Matchmaking Event
Tesalónica, 4 xullo 2018
NOVAS
A Comisión propón un programa de investigación e innovación máis ambicioso
A CE propón destinar 100.000 millóns de euros á investigación e innovación no próximo orzamento da UE (2021-2027). O novo programa Horizon Europe seguirá potenciando a excelencia científica a través do Consello Europeo de Investigación e as bolsas e os intercambios Marie Skłodowska-Curie, pero tamén traerá consigo, entre outras novidades:
- Un Consello Europeo de Innovación que axude á UE a situarse á vangarda da innovación creadora de mercados.
- Novas misións de investigación e innovación.
- Maximizar o potencial de innovación en toda a UE.
- Maior apertura: o principio de «ciencia aberta».
- Unha nova xeración de asociacións europeas e máis colaboración con outros programas da UE.

Máis información
Incremento de financiamento para apoiar o medio ambiente e acción polo clima
A Comisión tamén propón incrementar en case un 60% o financiamento para LIFE, o programa da UE para o medio ambiente e o acción polo clima. As principais características do novo programa para 2021-2027 serán: Unha maior énfase na enerxía limpia; Unha maior énfase na natureza e a biodiversidade; Apoio permanente á economía circular e á mitigación do cambio climático ; Un enfoque sinxelo e flexible.
Máis información
Tecnoloxías Futuras e Emerxentes: 375 propostas presentadas
No marco da primeira convocatoria aberta de Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET) do piloto do Consello Europeo de Innovación (EIC), que pechou o 16 de maio, presentáronse 375 propostas. A detección temperá de novas áreas prometedoras, desenvolvementos e tendencias, son factores clave. O esquema FET Open proporciona un motor de exploración apoiando a investigación científica e tecnolóxica na primeira etapa. Todos os proxectos FET Open están cheos de grandes ideas para inspirar a as mentes emprendedoras que atrae o EIC.
Máis información
Presentacións da xornada MSCA 2018
O 28 de maio celebrouse unha xornada informativa sobre as Accións Individuais Marie Sklodowska-Curie 2018 organizada pola Oficina Europea e a fundación Madri+d. Os Puntos Nacionais de Contacto presentaron as novidades da convocatoria, así como aspectos prácticos da preparación de propostas. Contouse tamén coa presenza de beneficiarios de edicións anteriores, que facilitaron os seus puntos de vista.
Máis información
1.658 pequenas empresas buscan financiamiento
Antes da última data de corte (23/05/18), a Comisión Europea recibiu 1.658 propostas para a Fase 2 de Instrumento PEME. O maior número de propostas foi presentado por solicitantes españois (261), seguido de preto por italianos (187) e británicos (126).
Nesta fase, cada proxecto poderá recibir ata 2,5 millóns para financiar actividades de demostración, probas, prototipos, pilotos e estudos de ampliación. As compañías tamén se beneficiarán de 12 días de servizos gratuitos de coaching e aceleración empresarial. Próxima data de corte: 10 de outubro de 2018.
Máis información
Preseleccionadas as solucións para o “Smart Aging Prize 2018”
Das 95 solicitudes elixibles recibidas, seleccionáronse 15 semifinalistas que presentarán un plan de negocios a un xurado. As propostas inclúen plataformas e solucións dixitais para que as persoas maiores participen plenamente na súa comunidade local, na vida social e nas experiencias compartidas. Os xuices seleccionarán a cinco finalistas para asistir en Bilbao ao Foro AAL o próximo mes de setembro. Nese evento anunciarase o gañador do primeiro e segundo premio, así como un premio selección dos xuíces.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Eurostars 2: A Korean company is looking for an R&D partner for the development and commercialization of innovative microorganism for removing the odor of livestock waste, making natural manure and feed
A Korean company, with its innovative technology of utilizing microorganisms, found a way to instantly remove odor from livestock manure from pigs, cows and chickens, and to create high-quality biological /natural fertilizer and feed. They would like to conduct joint R&D project for Eurostars 2 in September 2018 with companies interested in husbandry and makers of fertilizer / feed products on further developing the product and enter the European market, preferably the German market.
Máis información
Horizon 2020/ MSCA: Researcher in optoelectronics /photonic sought
A German precision engineering company is looking for a researcher in optoelectronics/ photonic with technical skills for the development of remote sensing devices to detect the speed of particles and objects based on the companies patented core technology. The aim is to commonly apply for a MSCA Individual Fellowship grant under Horizon 2020 (MSCA-IF-2018).
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.