Número 11
Xuño de 2018
A Comisión axuda ás rexións europeas a ser máis innovadoras
A Comisión renova a iniciativa «escaleira de excelencia» para seguir facilitando axuda e coñecementos técnicos individualizados ás rexións que se quedaron atrás no que se refire á innovación. Esta iniciativa axudará ás rexións a desenvolver, actualizar e perfeccionar as súas estratexias de especialización intelixente - é dicir, as súas estratexias rexionais de innovación baseadas en ámbitos especializados de solidez competitiva - antes do inicio do período orzamentario 2021-2027. Tamén lles axudará a identificar qué recursos da Unión son adecuados para financiar proxectos innovadores e a formar equipo con outras rexións que teñan puntos fortes similares para crear agrupacións de innovación.
Máis información

CONVOCATORIAS
Seminarios Web sobre convocatorias da Iniciativa de Medicamentos Innovadores
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI) vai organizar varios seminarios sobre os topics das próximas convocatorias. Tamén haberá un específico sobre as regras e procedementos de IMI, a política sobre propiedade intelectual e recomendacións para a preparación das propostas. Asimesmo realizarase outro seminario dedicado ás oportunidades de participación das pemes nestas convocatorias. Os seminarios serán entre o 4 e 23 de xullo.
Máis información
Acción COST “Public Value Capture of Increasing Property Values”
Esta acción recén aprobada non recibiu Expresións de Interese por parte de españois. As áreas de experiencia relevantes para a acción son: Xeografía social e económica - desenvolvemento espacial, uso da terra e planificación rexional. Palabras clave: land management ; public value capture ; planning ; policy implementation ; public finance sustainability.
Data límite presentación Expresións de Interese: 13 de xullo de 2018.
Máis información

Primeira convocatoria do proxecto europeo IRSUS
O proxecto IRSUS (Innovation Radar Support Service) ten aberta unha convocatoria para pemes, start-ups, centros de investigación ou universidades que estén incluidas no Radar da Innovación da Comisión Europea. Pretende solucionar a fenda que existe entre os innovadores e o mercado, apoiando a creación de modelos de negocio viables e atractivos, así como estratexias focalizadas en usuarios e consumidores, clientes, socios e inversores. As entidades seleccionadas poderán optar a servizos de apoio e coaching.
Data de peche: 15 de xullo de 2018.
Máis información

Alianza Europea da Intelixencia Artificial
Os membros desta alianza poderán interactuar cos expertos do Grupo de Alto Nivel establecido pola Comisión. A subscrición a este foro dará acceso a unha plataforma dedicada na que os debates organizados poderán contribuír a analizar todos os aspectos do desenvolvemento da intelixencia artificial, os seus impactos e a formulación de políticas neste ámbito. A plataforma é gratuita e está aberta a expertos.
Máis información

A Asociación Europea para a Innovación "Productividade e sostibilidade agrícolas" busca expertos para 2 novos grupos
A Asociación Europea para a Innovación "Productividade e sostibilidade agrícolas" (EIP-AGRI) busca expertos, agricultores, asesores, investigadores e persoas con experiencia práctica ou coñecemento específico sobre as temáticas:
- Manexo de malezas non químicas en sistemas de cultivos arables
- Plagas e enfermidades do olivo

O obxectivo destes dous novos grupos será discutir, explorar e documentar os resultados de investigación e as implicacións para futuras actividades de investigación que axudarán a resolver problemas prácticos no sector.
Data de peche: 10 de setembro de 2018.
Máis información

EVENTOS
Webinar sobre a ERA-NET ACT
28 xuño 2018
European City Facility and European Islands Facility info session
Bruxelas, 2 xullo 2018
Workshop dedicado a las aplicaciones fotónicas en el sector de la cerámica y el vidrio
Castellón, 4 xullo 2018
Conference "Nanotechnology and nanomaterials" NANO-2018
Kyiv, 27-30 agosto 2018
MariMatch at SMM 2018 - International Brokerage Event
Hamburgo, 6-7 setembro 2018
Horizon 2020 European Health Brokerage Event
Oslo, 3-4 setembro 2018
EIC Innovators' Summit
Berlín, 10-11 setembro 2018
Next Generation Internet Initiative – NGI Forum
Oporto, 13 setembro 2018
NOVAS
Marie Skłodowska-Curie Actions 2021-2027
Como parte do piar Ciencia aberta de Horizon Europe, a Comisión Europea propón destinar 6 800 millóns de euros ás Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA). Sobre a base do éxito nos últimos vinte anos, as Accións apoiarán a unha nova xeración de investigadores altamente cualificados de carreira temperá a seguir as súas ideas e construír as súas carreiras, dentro ou fóra da academia. Tamén terán a oportunidade de beneficiarse dunha capacitación de alta calidade e das oportunidades de intercambio que ofrecerán as distintas accións.
Máis información
Guía sobre o financiamento da Unión Europea
En resposta á evolución da economía mundial e ao seu impacto en Europa, a Comisión Europea propuxo unha serie de programas para fomentar o emprego, o crecemento e o investimento en toda a Unión Europea. Estes programas forman parte do marco financeiro plurianual 2014-2020. Esta guía pretende ilustrar de forma sucinta cales son estes programas e as oportunidades de financiamento que brindan.
Máis información
Xornada Sociedades Seguras
Xa están dispoñibles as presentacións da Xornada de apoio á preparación de propostas para a convocatoria 2018 de Sociedades Seguras que organizou o CDTI o día 20 de xuño.
Máis información
Marco financeiro plurianual: Europa creativa
Para o próximo orzamento a longo prazo da UE 2021-2027, a Comisión Europea propón aumentar os fondos para Europa Creativa, o programa que respalda os sectores culturais e creativos europeos e as obras audiovisuais. A folla informativa resume os plans de gastos clave para o próximo período.
Máis información
O papel dos Fondos Estructurais e de Investimento Europeos na adopción da computación na nube
A Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxía (DG CNECT) da CE promoveu un estudo para avaliar o papel dos Fondos Estructurais e de Investimento Europeos para apoiar a computación na nube e proporcionar orientación sobre como acelerar o desenvolvemento de infraestruturas e servizos. A mensaxe clave é que a computación na nube ten o potencial de ofrecer ás rexións acceso á capacidade informática avanzada cun servizo e un custo compartido de pago por uso. Isto pode reducir a necesidade de investir moito en centros de datos, hardware e software con custos prohibitivos.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
EUROSTARS Project looking for biobank specialised in Rheumatoid Arthritis and other autoimmune diseases
A French SME has developed a personalized medicine software platform focused to improve the management of inflammatory diseases in rheumatology. From a simple blood sample, the platform predicts the effectiveness of a treatment before its prescription based on the analysis of specifics biomarkers of the patient. The French SME is looking for a research partner specialized in blood samples and autoimmune diseases in order to test the performance of the platform within an Eurostars project.
Máis información
UK-based university with an existing consortium seeks partners for Horizon 2020 proposal in the areas around smart and healthy living at home/personalised medicine
A UK-based consortium is looking to develop a system to enable the elderly to live more independently. The innovation core to the proposal is an AI assisted personalised interface for mobile devices using learning systems, update and or change installed apps to optimise the coaching of individuals. The consortium is looking for partners, industrial and academic, who have been involved in projects around the theme of healthy living at home, to strengthen a core consortium for a proposal to H2020.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.