Número 12
Xullo de 2018
Europa debe reforzar a súa vantaxe en materia de innovación
O Cadro Europeo de Indicadores da innovación de 2018 publicado pola Comisión mostra que os resultados obtidos pola UE en materia de innovación continúan mellorando, aínda que se necesitan máis esforzos para garantir unha Europa competitiva a escala mundial.

Entre os países que máis avanzaron destacan Malta, Países Baixos e España, mentras que Suecia continúa sendo líder. A UE está reducindo distancia con competidores clave como Canadá, Xapón e os Estados Unidos.

Máis información

CONVOCATORIAS
Mission Innovation Champions – Acelerando a revolución da enerxía limpa
Este novo programa forma parte da iniciativa global Mission Innovation e recoñecerá a persoas investigadoras e innovadoras excepcionais de todo o mundo que estén desenvolvendo novas formas de facer que a enerxía sexa máis limpa, barata e fiable. Poden ser membros de Organismos Públicos de Investigación, universidades, organizacións privadas que realicen I+D ou empresas, e estar especializados en diversas disciplinas como as ciencias, a enxeñaría, as matemáticas e a arquitectura, entre outras.
Data de peche: 10 de setembro de 2018.
Máis información

Segunda convocatoria do proxecto INNOLABS
O proxecto INNOLABS (INNOvative LABS) ten como obxectivo fomentar a colaboración, transferencia de coñecemento e oportunidades aproveitando a colaboración intersectorial entre os sectores TIC, saúde, Biotecnoloxía e Medicina. Este proxecto ven de abrir a segunda convocatoria para participar no seu programa de aceleración. Búscanse aplicacións de pemes pertencentes ao sector da saúde ou biomedicina, para colaborar co sector TIC no desenvolvemento de solucións de saúde intersectoriais, que achegarán a sociedade ao sistema de saúde da próxima xeración. Contémplanse 3 retos: Sistemas de apoio á toma de decisións, Realidade aumentada para unha atención persoalizada e Biotecnoloxía para un envellecemento saudable. Os trinta mellores proxectos poderán optar a recibir apoio por valor de ata 50.000 €.
Data de peche: 17 de setembro de 2018.
Máis información
Primeira convocatoria de Amable
O proxecto Amable (AdditiveManufacturABLE) publicou a súa primeira convocatoria de propostas para apoiar a pemes que se esforzan por incorporar a fabricación aditiva. A convocatoria busca apoiar propostas que presenten unha idea innovadora de produtos funcionais que necesiten fabricación aditiva (AM) para convertirse en realidade. Os servizos contemplados enfócanse en apoiar e mellorar as cualificacións profesionais dos empregados nas áreas do deseño para AM, desenvolvemento de tecnoloxía, habilidades e desenvolvemento de negocios. Cómpre salientar que no consorcio deste proxecto, financiado por H2020, hai un socio galego, AIMEN.
Data de peche: 1 de outubro de 2018.
Máis información

Premio Blockchains for Social Good
Este premio do Consello Europeo de Innovación ten como obxectivo desenvolver solucións descentralizadas escalables, eficientes e de alto impacto para os desafíos da innovación social aproveitando a tecnoloxía de contabilidade distribuida (DLT). O orzamento previsto para esta iniciativa é de 5 millóns de euros, que se distribuirán en 5 premios de 1 millón de euros cada un.
Data de peche: 3 de setembro de 2018.
Máis información

EVENTOS
Webinar “Eurostars for Applicants- Helping SMEs to innovate”
17 xullo 2018
Information and Networking Days HORIZON 2020 on Horizon 2020 Societal Challenge 5 "Climate Action, Environment, Resource Efficiency and Raw Materials" - 2019 Calls
Bruxelas, 11-12 setembro 2018
Gene Therapy Partnering Day
París, 17 setembro 2018
5th EU Water Conference 2018
Viena, 20-21 setembro 2018
AAL Forum
Bilbao, 24-26 setembro 2018
Conference and Brokerage Event- Unlimited opportunities in a circular economy
Oslo, 26 setembro 2018
B2B-Meetings at Add+it 2018-Additive manufacturing
Steyr, 27 setembro 2017
WindEnergyMatch 2018
Hamburgo, 27-28 setembro 2018
Cultural Heritage Matchmaking @ SuperScienceMe
Rende, 27-28 setembro 2018
11th Micro & Nano Event
Besançon, 27-28 setembro 2018
NOVAS
A Comisión propón investir 9.200 millóns de euros no primeiro programa dixital
A Comisión Europea propuxo crear o programa Europa Dixital e investir nel 9.200 millóns de euros do próximo orzamento da UE 2021-2027. Coa Estratexia para o Mercado Único Dixital crearon un marco reglamentario apto para a era dixital. Todo iso debe ir unido a un financiamento e investimentos igualmente ambiciosos con vistas a desenvolver e reforzar as capacidades dixitais estratéxicas de Europa como a informática de alto rendemento, a intelixencia artificial, a ciberseguridade e as cibercompetencias avanzadas, así como a xeneralización do uso das tecnoloxías dixitais.
Máis información
Resultados da participación española en Horizon 2020
A División de Programas da Unión Europea publicou dous novos documentos que detallan os resultados da participación española nos catro primeiros anos de Horizon 2020 (2014-2017). Neles amplíase a información por tipo de entidade, áreas temáticas e Comunidades Autónomas. Galicia conseguiu 67,1 millóns de euros de subvención pola participación en 174 actividades, das que 48 son coordinadas. A Universidade de Santiago ocupa a primeira posición, seguida de AIMEN e da Universidade de Vigo. AIMEN está entre os 20 centros tecnolóxicos españois máis destacados por retorno obtivo.
Resultados por entidades, piares e temáticas (2014-2017)
Resultados provisionais por CCAA (2014-2017)
242 empresas innovadoras seleccionadas para Instrumento PEME
Na última ronda do Instrumento PEME Fase 1 presentáronse 2149 solicitantes e foron seleccionadas 242 pemes de 30 países, sendo a maioría empresas do campo das TIC, saúde ou enxeñaría. España foi o país que mellor resultado acadou (48), seguido de Italia (21) e Francia (18). Ademáis do financiamento (50.000 euros), todas contarán co apoio do servizo KAM (Key Account Manager) da Enterprise Europe Network e dos servizos gratuitos de coaching e aceleración de negocios. O próximo prazo de solicitude para a Fase 1 de Instrumento PEME é o 5 de setembro de 2018.
Máis información
Resultados preliminares convocatoria AAL 2018
Na convocatoria 2018 do programa de Vida Activa e Asistida (AAL) presentáronse 73 propostas de proxectos. O financiamento total solicitado é de 63 millóns de euros cun total de 481 socios. As propostas cubren distintas áreas como sistemas de saúde e coidado intelixente, plataformas para envellecemento activo e inclusión social, aplicacións para a mobilidade e seguridade do automóvil... A avaliación das propostas xa comezou e espérase que os resultados se comuniquen a principios de setembro.
Máis información
Eventos sobre o Reto Social 2 de Horizon 2020
O 25 e 26 de xuño organizáronse en Bruxelas un evento informativo e un encontro para fomentar a colaboración sobre o Reto social 2 de Horizon 2020 Food security, sustainable agriculture and forestry, marine and maritime and inland water research and the bioeconomy . A sesión plenaria centrouse en presentar o novo programa Horizon Europe e os aspectos máis destacados das próximas convocatorias previstas e como presentarse con éxito ás mesmas. As sesións paralelas estiveron dedicadas a presentar as convocatorias sobre Seguridade alimentaria sostible, Crecemento azul e Renacemento rural. Xa están dispoñibles as presentacións e as gravacións do evento informativo (25/06/18) e as do encontro.
BUSCA DE SOCIOS
[Eureka or Eurostars2]A Korean research institute is looking for partner for research and development of vehicular communication security technology including message encryption and authentication for autonomous driving
A Korean public research institute is researching on IT security technology, especially about communication security for vehicles. This institute is currently involved in international cooperation research with automotive research centre in UK and IT SME in Korea and has developed a prototype that has standard compatibility with North America and Europe. As a follow-up project, the consortium would like to develop measurement equipment for vehicle communication system under EUREKA or Eurostars2.
Máis información
EUROSTARS2: Project proposal to develop a complete platform for advanced metering infrastructure (AMI)
A Korean SME specialized in developing a total solution for AMI (Advanced Metering Infrastructure) is preparing a project proposal under the EUROSTARS2 programme. The proposed R&D project aims to further develop and design an AMI solution which can be adapted to local conditions and could monitor pricing information of electricity in real-time. A company or institute with expertise and experience in developing electric energy systems is welcomed to join for collaboration.
Máis información
[Eurostars 2] A Korean company is looking for an R&D partner to develop thermal imaging sensor for mobile devices employing micro thermopile technology
A Korean MEMS (Micro-Electro-Mechanical System) sensor company with its own MEMS fab developed a high sensitivity micro-thermopile that detects medium / far infrared ray between 2.5um~25um. The company is expanding its competitive micro-thermopile technology to develop low-cost 4,800-channel far infrared thermal imaging sensors for mobile phones and is looking for a joint development partner in Europe with low-noise analog technology. It is aiming to apply for the Eurostars 2 in September 2018.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.