Número 13
Setembro de 2018
Taller OPORTUNIUS de preparación de propostas ERC 2019
O Consello Europeo de Investigación ven de publicar o novo programa de traballo ERC 2019, con información sobre as convocatorias Starting Grant, Consolidator Grant, Advanced Grant e Synergy Grant. Ata o 17 de outubro estará aberto o prazo para a presentación de propostas á convocatoria Starting Grant 2019, unha excelente oportunidade para que os investigadores que están iniciando a súa carreira no ERC obteñan un financiamento de 1,5 millóns de euros para un proxecto de 5 anos.

OPORTUNIUS é o programa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo crear novas oportunidades para xerar, reter e atraer talento investigador de excelencia en institucións galegas de acollida. Este programa pon a disposición dos investigadores excelentes que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia, un servizo de asesoramento para as candidaturas aos diferentes esquemas do ERC.

No marco deste programa, a Axencia Galega de Innovación organiza un Taller de preparación de propostas ERC en Santiago de Compostela, o 17 de setembro de 2018.

Máis información



CONVOCATORIAS
Actualización dos Programas de traballo 2018-2020 de Horizon 2020
O 24 de xullo a Comisión Europea publicou a actualización dos Programas de Traballo 2018-2020 para as convocatorias 2019 de Horizon 2020. Nos programas aparecen cambios relevantes nalgúns topics e tamén aparecen topics novos. Todos os documentos están dispoñibles a través do Portal do participante. Recoméndase revisar detidamente a descrición dos topics, orzamentos dispoñibles de cada temática e as datas das convocatorias.
Máis información
Oportunidades de cooperación en Biotecnoloxía entre India e España 2018
No ámbito da colaboración da rede EUREKA – cuxo nodo en España é o CDTI, está aberta unha convocatoria para a presentación de propostas en biotecnoloxía con India nas seguintes áreas: 1. One health 2. Food Biotechnology e Agri Biotech.
Data de peche: 1 de outubro de 2018.
Máis información

Segunda convocatoria IMPACT Connected Car
O programa de aceleración en mobilidade disruptiva, IMPACT Connected Car, ten aberta a súa segunda e última convocatoria para startups que innovan nos sectores da automoción e a mobilidade. O programa busca apoiar startups e pemes que poidan ofrecer solucións innovadoras en áreas tales como cargadores inarámicos, seguridade anti-hacker, condución intelixente e transporte con emisión 0%, entre outras. Cun fondo de 2,1 millóns de euros, axudará ás pemes e startups a crear novas cadeas de valor. Ademais de asesoramento e apoio, poderán recibir ata 60000 euros de financiamento. Cómpre salientar que un dos socios encargados de impartir a formación técnica é o Centro tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
Data de peche: 18 de outubro de 2018.
Máis información

Convocatorias Iniciativa de Medicamentos Innovadores
O 18 de xullo abríronse dúas convocatorias da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI). Cun orzamento total de 430 millóns de euros, os novos topics propoñen facer que os ensaios clínicos sexan máis dixitais, máis centrados no paciente, contribúan á seguridade dos medicamentos e apliquen tecnoloxías de blockchain aos sectores de desenvolvemento de fármacos e saúde. Os temas abordan, entre outros, trastornos cerebrais (por exemplo, enfermidades de Alzheimer, Parkinson, Huntington, depresión maior) e enfermidades inmunitarias (por exemplo, artrite reumatoide e lupus, así como enfermidades inflamatorias do intestino como a de Crohn e a colite e enfermidades da pel como a dermatite e a psoríase).
Data de peche: 24 de outubro de 2018.
Call IMI 15 | Call IMI 16

EVENTOS
5G-PPP PHASE 3 INFORMATION DAY
Bruxelas, 14 setembro 2018
BY&FORCITIZENS Conference and EEN Brokerage Event
Valladolid, 20-21 setembro 2018
AAL Forum
Bilbao, 24-26 setembro 2018
Conference and Brokerage Event- Unlimited opportunities in a circular economy
Oslo, 26 setembro 2018
B2B-Meetings at Add+it 2018-Additive manufacturing
Steyr, 27 setembro 2017
WindEnergyMatch 2018
Hamburgo, 27-28 setembro 2018
Cultural Heritage Matchmaking @ SuperScienceMe
Rende, 27-28 setembro 2018
Defence and Dual-Use Technologies 2018
Sevilla, 3-4 outubro 2018
Open4Business 2018 International Matchmaking Event
Pécs, 3-5 outubro 2018
CSWMatch2018 - Cyber Security Week
A Haia, 4-5 outubro 2018
Horizon 2020 Energy info day
Bruxelas, 5 outubro 2018
Brokerage Event in the field of Energy Systems and Smart Cities & Communities
Bruxelas, 5 outubro 2018
Brokerage event at the European Biotech and Pharma Partnering Conference 2018
Osaka, 9 outubro 2018
City Regions as Innovators of Europe
Barcelona, 11 outubro 2018
Horizon 2020 International Space Information Day and Brokerage Event
Praga, 11-12 outubro 2018
NOVAS
Resultados ERC Starting Grant 2018
Na última convocatoria Starting Grant resultaron gañadores 403 proxectos. 18 destes proxectos desenvolveranse en centros españois. A convocatoria tivo unha demanda moi alta (3170 solicitudes) e a taxa de éxito foi do 13%. Os científicos beneficiaranse dun total de 603 millóns de euros en total e ata 1,5 millóns de euros por proxecto para crear e liderar os seus grupos de investigación.
Máis información
Que hai no Horizon Europe para o Consello Europeo de Investigación?
Horizon Europe, o futuro e ambicioso programa de investigación e innovación de 100000 millóns de euros para o periodo 2021-2027, tamén traerá novidades para o Consello Europeo de Investigación (ERC). O ERC é considerado polo Comisario Carlos Moeda como a xoia da coroa en investigación. Polo tanto, beneficiarase dunha liña orzamentaria única máis grande: 16,6 mil millóns de euros, en comparación cos 13 mil millóns actuais asinados para 2014-2020. Isto representa un incremento de 2500 millóns.
Máis información
A Economía azul da UE está prosperando
A economía azul da UE - todas as actividades económicas relacionadas cos océanos, mares e zonas costeiras- está crecendo de maneira constante, segundo reflicte o primeiro informe anual da UE sobre este tema. Cunha facturación de 566 mil millóns crea postos de traballo para case 3,5 millóns de persoas. Ao facer un seguimento do desenvolvemento dos subsectores e examinar os factores subxacentes, o informe pode axudar a identificar oportunidades de investimento e proporcionar orientación para as políticas futuras, incluida a gobernanza oceánica, así como axudar á investigación académica.
Máis información
Actualización do Annotated Model Grant Agreement de H2020
A Comisión Europea publicou unha nova actualización do Annotated Model Grant Agreement (versión 5.0) que está dispoñible no Portal del Participante. Entre as novidades (marcadas cun icono verde na marxe esquerda) destacan as que indica o CDTI na súa nota.
Máis información
España é o primeiro país en Ciencia con e para a Sociedade de Horizon 2020
España volveu destacar como primeiro país cun 13,1% de retorno na convocatoria 2018 de Ciencia con e para a Sociedade (SwafS) de Horizon 2020. Este programa está dedicado a facer que a investigación europea responda mellor ás necesidades da sociedade. Cubre temas como o fomento da Investigación e Innovación Responsable, a ciencia aberta e temas de ética ou xénero.
Máis información
Eventos Reto Social 2 de Horizon 2020
O 25 e 26 de xuño organizáronse en Bruxelas un evento informativo e un encontro para fomentar a colaboración sobre o Reto social 2 de Horizon 2020 Food security, sustainable agriculture and forestry, marine and maritime and inland water research and the bioeconomy . A sesión plenaria centrouse en presentar o novo programa Horizon Europe, os aspectos máis destacados das próximas convocatorias previstas e como presentarse con éxito ás mesmas. As sesións paralelas estiveron dedicadas a presentar as convocatorias sobre Seguridade alimentaria sostible, Crecemento azul e Renacemento rural. Xa están dispoñibles as presentacións e as gravacións do evento informativo (25/06/18) e as do encontro.
Water Innovation Europe 2018 Conference
Co lema The road towards a water-smart society: Overcoming the water challenges of the future, a conferencia reuniu a preto de 200 participantes en Bruxelas. Este ano incluiu dous ingredientes especiais no programa: unha presenza forte e visible da auga en Horizon Europe, cunha posible Misión sobre a auga, e a provisión dun lugar máis central para a auga nas estruturas de gobernanza.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Eurostars2: Partners sought to cooperate in research on protein drugs to prevent and/or treat bone destruction
A Korean SME, a research-oriented venture enterprise, is looking for partners to collaborate on a Eurostars2 project proposal. The project aims to develop protein or chemical compound drugs and health functional foods to prevent and treat bone destruction caused by bone metastasis from breast carcinoma or osteoporosis. The SME is seeking companies, universities, or research institutes specialized in breast cancer and protein engineering.
Máis información
InnoEnergy Investment Round: Project partner in the field of photonics or optics sought
In order to complete the consortia for a project in the Investment Round 2018 by InnoEnergy, a German company active in the optical branch is looking for a European partner from the commercial, industrial or academic sector, interested in bringing a new technology for wind measurements to the market. Partners should work in the fields of photonics or optics.
Máis información
FET-Open Challenging Current Thinking: Co-development of humanoid/android bipedal robot with advanced intelligent robotic systems
A UK company is part of a consortium applying for funding via FET-Open Challenging Current Thinking to co-develop a new humanoid robot with an advanced level of adaptive and intelligent systems. They are seeking EU companies or universities with expertise in one or more of the following areas to co-develop the software/hardware and robots, via research development agreement: machine learning, computer vision, robot hardware/sensors, graphical user interface (GUI) software.
Máis información
H2020-WIDESPREAD-2018-2020:Twinning - Looking for agricultural research partners
Bulgarian university with long-lasting tradition in agricultural research is preparing a project proposal to bid the forthcoming H2020-WIDESPREAD-2018-2020:Twinning call. The project aims at increasing the institutional capacity and raising its research profile in the field of sustainable bio-economy. They are looking for well-known academic/research institutions active in the field.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.