Número 16
Outubro de 2018
Unha nova Estratexia en materia de bioeconomía para unha Europa sostible
A Comisión revisou o progreso da Estratexia Europea de Bioeconomía e o Plan de Acción. A nova estratexia forma parte dos esforzos da Comisión para incentivar o emprego, o crecemento e o investimento na UE. Ten por obxecto mellorar e incrementar o uso sostible dos recursos renovables para facer fronte a retos mundiais e locais. Nun mundo de ecosistemas e recursos biolóxicos finitos, é necesario facer un esforzo de innovación para alimentar á poboación, subministrar auga potable e enerxías limpas. A bioeconomía permite converter algas en combustible, reciclar plástico, transformar os residuos en mobles ou roupa nova, ou converter os subprodutos industriais en fertilizantes de base biolóxica. Conta co potencial de xerar un millón de novos empregos verdes para 2030. Acadar unha economía circular sostible esixe un esforzo coordinado por parte das autoridades públicas e da industria. Para dirixir dito esforzo colectivo, e tendo en conta tres obxectivos clave, a Comisión porá en marcha catorce medidas concretas en 2019.

Máis información



CONVOCATORIAS
Abertos novos topics de Horizon 2020
O 16 de outubro abriuse o prazo para a presentación de propostas a varios topics das seguintes temáticas de Horizon 2020:
- Research infrastructures
- Health, demographic change and wellbeing
- Food security, sustainable agriculture and forestry, marine, maritime and inland water research and the bioeconomy
- Blue Growth
- Innovation in small and medium-sized enterprises
- Information and Communication Technologies | Máis topics
- Nanotech, Advanced Materials, Biotech and Advanced Manufacturing and Processing | BIOTECH &FoF | Industrial Sust
- Space

Convocatoria SmartEEs
SmartEES é un programa europeo de aceleración dedicado á electrónica flexible. Este programa ten aberta unha convocatoria para Experimentos de Aplicacións co obxectivo de proporcionar apoio a empresas innovadoras para acceder a novos mercados e aos seus negocios mediante a integración de tecnoloxías electrónicas flexibles en produtos e servizos avanzados. Aspira a lanzar 20 experimentos de aplicacións e ofrece ata 140.000 euros a través dunha convocatoria aberta con 5 datas de corte.
Data de peche (3ª data de corte): 16 de novembro de 2018.
Máis información

Convocatoria para acelerar a economía circular nas pemes
C-VoUCHER é a primeira iniciativa pan-europea, na que participa a Axencia Galega de Innovación como socio, financiada a través de Horizon 2020, que pretende cambiar cadeas de valor liñais tradicionais a circulares no ámbito de cinco industrias preseleccionadas: fabricación, agroalimentaria, téxtil, saúde e crecemento azul. O proxecto busca pemes dispostas a embarcarse na viaxe de transformación circular e cambiar a forma de facer negocios, cooperando con outros e creando un impacto positivo sobre o medio ambiente. Ademais de asesoramento, apoio de consultoría de negocios/deseño e outros servizos, algúns solicitantes poderán conseguir ata 60.000 euros.
Data de peche: 30 de novembro de 2018.
Máis información

Convocatoria bilateral España-Marrocos INMARESP
No marco do seu acordo institucional, o CDTI e a Axencia Nacional para a Promoción da Pequena e Mediana Empresa de Marrocos (MAROC PME) lanzaron a convocatoria bilateral INMARESP Maroc Espagne Innovation Programme 2018 para a presentación de propostas de I+D en colaboración entre empresas españolas e marroquís. Está dirixida a proxectos de todos os sectores do Plan de Aceleración Industrial marroquí cun especial interese nos sectores: automoción, aeronáutico, téxtil, coiro e agroalimentario.
Data de peche: 1 de decembro de 2018.
Máis información

Chamada bilateral España-Marrocos en Tecnoloxías Enerxéticas
O CDTI, E.P.E. (España) e IRESEN (Marrocos) lanzan a Chamada Bilateral de Cooperación Tecnolóxica INNO-ESPAMAROC ENERGY. Esta convocatoria permitirá seleccionar e financiar proxectos de I+D en colaboración entre empresas de ambos países e estará aberta a diversas tecnoloxías enerxéticas como as enerxías renovables (EERR), a eficiencia enerxética, a mobilidade sostible, o almacenamento enerxético e a combinación de EERR + auga + agricultura. En España o financiamento destes proxectos realizarase a través do CDTI, aplicando as condicións dos instrumentos CDTI dispoñibles para proxectos I+D en colaboración internacional.
Data de peche (1ª fase): 31 de xaneiro de 2019.
Máis información

EVENTOS
Webinario Accións MSCA Innovative Training Networks (ITN 2019)
29 outubro 2018
Infoday H2020 – Reto Social - Energía Segura, Limpia y Eficiente: Programa de Trabajo 2018-2020. Convocatorias 2019
Madrid, 30 outubro 2018
Jornada nacional H2020 Reto 6 “Europa en un mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras y reflexivas”
Madrid, 30 outubro 2018
Info Day Clean Sky2 - 9th Call for Proposals
Bilbao, 30 outubro 2018
Lisbon Beyond Summit 2018 - Brokerage Event
Lisboa, 7 novembro 2018
IMI 10th Anniversary
Madrid, 7 novembro 2018
Green growth and circular economy thinking – what goes around, comes around
Ourense, 7 novembro 2018
Copernicus for future cities workshop
Bruxelas, 9 novembro 2018
European Big Data Value Forum 2018 - "Data Driven Artificial Intelligence for the Future"
Viena, 12-14 novembro 2018
Jornada SC6 "Europa en un mundo cambiante"
Barcelona, 14 novembro 2018
Webinar Eurostars - Helping SMEs to innovate
14 novembro 2018
Taller online de preparación de propuestas: ERC Consolidator Grants 2019
14 novembro 2018
Horizon 2020 International Space Information Day and Brokerage Event
Berlín, 14-15 novembro 2018
Fair of European Innovators in Cultural Heritage
Bruxelas, 15-16 novembro 2018
European Ciber Week
Rennes, 19-22 novembro 2018
NOVAS
Mitos e realidade sobre a solicitude de fondos ao Consello Europeo de Investigación
Ás veces os investigadores teñen algunhas ideas incorrectas sobre o proceso de solicitude de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) - "mitos" que os desaniman a solicitar ese financiamiento. No artigo, Giulio Superti-Furga (membro do Consello Científico do ERC dende 2017) responde a algunhas percepcións erróneas comúns que encontrou ao longo dos anos. Giulio, biólogo molecular e de sistemas, gañou varias axudas ERC de 2009 a 2015.
Máis información
Taller en liña de preparación de propostas: ERC Consolidator Grants 2019
O 14 de novembro celebrarase un seminario Web que contará coas Puntos Nacionais de Contacto do European Research Council, no que explicarán as características e novidades da convocatoria ERC Consolidator Grants 2019, así como as condicións de elixibilidade, o proceso de avaliación e cómo redactar as propostas.
Máis información
Ultimas novidades sobre as regras de participación en H2020
O 8 de outubro celebrouse a xornada "EC Communication Campaign: Las Reglas de participación en Horizonte 2020. Últimas novedades" . Pódense descargar as presentacións dende a seguinte ligazón.
Máis información
Evento informativo do Reto Social 5
Xa están disponibles as presentacións da xornada de presentación das convocatorias 2019 do Reto Social 5 "Acción polo clima, medio ambiente, eficiencia nos recursos e materias primas", celebrada no CDTI o 8 de outubro.
Máis información
Novo buscador de proxectos europeos aprobados
A Axencia Executiva para as Pemes (EASME) desenvolveu una ferramenta interactiva que xenera información sobre os programas de financiamento da Unión Europea. Pon a disposición dos usuarios unha busca de proxectos aprobados no marco das convocatorias dos programas COSME, LIFE, Bio based Industries e H2020 (nas temáticas: Energy Efficiency, Fast Track to Innovation, FET Open, Innosup e SME Instrument). A aplicación consta de 3 módulos: un mapa dinámico que mostra a todos os beneficiarios do programa seleccionado, Beneficiarios e listas de proxectos, así como Estatísticas. O buscador permite filtrar por varios campos, entre outros: tipo de proxecto, tipo de participante, países, temas, orzamento e data de inicio proxecto. A aplicación actualizarase automaticamente despois de cada convocatoria.
Máis información
Celebración X Aniversario IMI
Con motivo do 10º aniversario da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI), o CDTI conxuntamente co Instituto de Saúde Carlos III, FARMAINDUSTRIA e ASEBIO, organizan un evento de celebración que terá lugar o próximo 7 de novembro no salón de actos do CDTI. Presentarase o estado actual da iniciativa, a participación e resultados das entidades españolas, así como a visión de respecto a unha posible continuidade de IMI no próximo Programa Marco, Horizon Europe.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
UK SME seeks partners for proposal to Innovate UK Open Round 5 or 6, to develop a high-efficiency uncooled combustion engine
UK London based SME is developing uncooled internal combustion engines (ICEs) for all hybrid applications and fuels, including hydrogen. The piston/cylinder assembly is being manufactured from structural ceramics. Around one third of fuel energy is currently dissipated in cooling systems - this waste is eliminated. Partners are sought with experience in fuel delivery systems, ceramic materials, turbocharging and exhaust energy recovery for an application to Innovate UK Open Round 5 or 6.
Máis información
[EUREKA/Eurostars2] A Flexible substrate material using conductive Silver nanowire ink
The SME from South Korea provides semiconductor materials and OLED materials, printed electronic materials. they have flexible substrate technology using their own developed silver nanowires and can mass-produce substrates based on roll-to-roll pilot facilities. They are looking for partners to develop products using the silver nanowire ink and board with European partners to submit a proposal for Eureka or Eurostar2 program.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.