CONVOCATORIAS |
|
CONVOCATORIA ERC CONSOLIDATOR GRANTS 2019 |
|
Xa está aberta unha nova convocatoria do Consello Europeo de Investigación (ERC). Estas axudas están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes que están consolidando o seu propio equipo e unha liña de investigación independente que obtiveron o seu doutoramento hai entre 7 y 12 anos.
OPORTUNIUS pon á disposición dos investigadores galegos, ou de calquera país que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia, un servizo de asesoramento para as candidaturas aos diferentes esquemas do ERC. O próximo 22 de novembro organizamos un Taller de preparación de propostas ERC.
|
|
Peche da convocatoria: 7 de febreiro de 2019.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria para proxectos transnacionais sobre Biotecnoloxía Industrial |
|
A ERA-Net Co-Biotech (Cofund on Biotechnologies Innovation for Europe – life science meets market application) abriu a súa segunda convocatoria. Contempla as seguintes liñas de investigación:
- Topic A – Microbial communities (natural or synthetic), co-cultures and cascades of microorganisms for new products, value-added products and supply services as well as sustainable industrial processes.
- Topic B – Pure cultures, cell free systems and enzymes for new products, value-added products and supply services as well as sustainable industrial processes.
España participa a través da Axencia Estatal de Investigación, que financiará ás entidades elixibles españolas que participen nos proxectos aprobados.
|
|
Data de peche: 14 de decembro de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria aberta para deseñadores |
|
C-VoUCHER é a primeira iniciativa pan-europea, na que participa a Axencia Galega de Innovación como socio, financiada a través de Horizon 2020, que pretende cambiar cadeas de valor liñais tradicionais a circulares. Actualmente, C-Voucher está buscando deseñadores con experiencia práctica na industria (especialmente en 5 sectores específicos). Esta convocatoria aberta xerará unha base de datos de deseño para pemes europeas e un grupo de avaliadores en convocatorias abertas para pemes. Ademais, os deseñadores seleccionados serán invitados a participar en C-Voucher e, posiblemente, serán designados como Deseñadores en residencia, que apoiarán ás pemes durante un Programa de Circularidade de 9 meses e un Programa de Replicación da Cadea de Valor de 3 meses.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria ERA-NET CHIST-ERA 2018 |
|
España, a través da Axencia Estatal de Investigación, participa na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre ciencias e tecnoloxías da información e das comunicacións, no marco da rede europea de investigación CHIST-ERA: European Coordinated Research on Long-term Challenges in Information and Communication Sciences & Technologies ERA-NET. Está aberta a convocatoria 2018 coas seguintes temáticas:
- Analog Computing for Artificial Intelligence
- Smart Distribution of Computing in Dynamic Networks
|
|
Data de peche: 15 de xaneiro de 2019.
|
|
Máis información
|
|
Cuarta convocatoria de UIA – O laboratorio urbán de Europa |
|
A Iniciativa de Accións Innovadoras Urbanas (UIA) ven de lanzar a súa cuarta convocatoria de propostas. Está centrada en catro temas: transición dixital, uso sostible da terra e solucións basadas na natureza, pobreza urbana e seguridade urbana.
|
|
Data de peche (1ª fase): 31 de xaneiro de 2019.
|
|
Máis información
|
|
EVENTOS |
|
Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC) |
|
Santiago de Compostela, 22 novembro 2018 |
|
Jornada informativa Acciones MSCA Innovative Training Networks (ITN) Convocatoria ITN 2019 |
|
Madrid, 15 novembro 2018 |
|
Horizon 2020 Brokerage Event on Nanotechnology & Advanced Materials |
|
Birmingham, 20 novembro 2018 |
|
European Cyber Week |
|
Rennes, 19-22 novembro 2018 |
|
European Forum for Electronic Components and Systems 2018 |
|
Lisboa, 20-22 novembro 2018 |
|
Autonomous Vehicles Summit Matching |
|
Bratislava, 22-23 novembro 2018 |
|
FIWARE’s second Global Summit |
|
Málaga, 27-28 novembro 2018 |
|
Digital Innovation Hubs Annual Event 2018 |
|
Varsovia, 27-28 novembro 2018 |
|
Matchmaking event Trustech 2018 |
|
Cannes, 27-29 novembro 2018 |
|
Build & Connect 2018 - Pioneering technologies and practices in the sustainable building |
|
Estrasburgo, 28-29 novembro 2018 |
|
Brokerage Event GREEN 2018 - Creando redes en clave ambiental |
|
Madrid, 28-29 novembro 2018 |
|
|
|
|
|
|
Cyber Intelligence B2B Matchmaking Event |
|
Londres, 28-29 novembro 2018 |
|
Shift2Rail EU Brokerage Event – Calls 2019 |
|
Estrasburgo, 29 novembro 2018 |
|
INNOVAZAUL. Primer encuentro internacional conocimiento y crecimiento azul |
|
Cádiz, 29-30 novembro 2018 |
|
BioWin Day 2018 - Artificial Intelligence for Health: between dream and reality |
|
Louvain-la-Neuve, 4 decembro 2018 |
|
European Space Week 2018 |
|
Marsella, 3-6 decembro 2018 |
|
NOVAS |
|
A empresa Mecwins consegue financiamento de Instrumento PEME Fase 1 |
|
Un total de 246 pemes foron seleccionadas na última ronda para financiamento do Instrumento Peme Fase 1. A maioría das empresas son do campo das TIC, a saúde e a enxeñaría. A Comisión Europea recibiu 2111 propostas para o corte do 5 de setembro. Entre as seleccionadas está MECWINS. Esta empresa contará coa axuda da Enterprise Europe Network, a través da nosa axencia GAIN, e o servizo do Key Account Manager, que lles axudará a analizar as súas necesidades, apoiaraos na selección do coach e acompañaraos en todo o proceso entre a peme, o coach e a EASME.
|
|
Máis información |
|
Lanzamento da Iniciativa Emblemática en tecnoloxías cuánticas |
|
O 29 de outubro lanzouse oficialmente en Viena, a Iniciativa emblemática en Tecnoloxías Cuánticas (QuTe). Esta iniciativa, de 1000 millóns de euros, pretende situar a Europa á fronte da segunda revolución cuántica. QuTe financiará 20 proxectos que suman un total de 132 M€ por medio do programa de Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET) de Horizon 2020 e, a partir de 2021, espérase que se poidan apoiar outros 130 proxectos. A finalidade é financiar toda a cadea de desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas dende a investigación básica ata a industrialización dos resultados.
|
|
Máis información |
|
Avances na Asociación Europea para a Innovación no Envellecemento Activo e Saudable |
|
Segundo un novo documento de traballo da Comisión, esta Asociación cumplíu a súa misión principal: proporcionar unha plataforma de cooperación para as persoas involucradas na innovación para o envellecemento activo e saudable. Dende o seu lanzamento en 2011, mobilizou a unha comunidade grande: máis de 1500 autoridades rexionais e locais, 3500 socios e 500 organizacións líderes. A nivel rexional, ten desenvolvido unha presenza particularmente forte a través da participación dos sitios de referencia, que son ecosistemas inspiradores que brindan solucións creativas e viables que melloran a vida e a saúde das persoas maiores. Estas solucións pódense agora ampliar e replicar en toda Europa. Galicia é un deses sitios de referencia.
|
|
Máis información |
|
Evento sobre as convocatorias 2019 do Reto social 2 |
|
O CDTI organizou un evento informativo e un taller de propostas para as convocatorias 2019 do Reto social 2 de Horizon 2020 - Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sostibles, investigación mariña, marítima e de augas interiores e bioeconomía. As presentacións pódense descargar dende a ligazón seguinte.
|
|
Máis información |
|
Nova plataforma para a Comunidade do Consello Europeo de Innovación |
|
Recentemente púxose en marcha esta plataforma coa finalidade de crear un lugar de encontro virtual onde empresas financiadas polo piloto do Consejo Europeo de Innovación (EIC) poidan conectarse, compartir as súas experiencias, co-crear coñecemento, obter acceso a servizos de aceleración de negocios, encontrar inversores, organizar eventos, así como aproveitar e ampliar a rede de negocios e as oportunidades de aprendizaxe.
|
|
Máis información |
|
Informe Anual de Actividade IMI 2017 |
|
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI2) ten publicado o informe de actividade anual do último ano. En 2017, IMI2 continuou demostrando que as asociacións público-privadas a gran escala (PPPs) están ben posicionadas para contribuír a dar solucións a algúns dos retos máis importantes en investigación médica e no desenvolvemento de medicamentos.
|
|
Máis información |
|
A UE lanza un programa piloto de 30 millóns de euros para a creación de alianzas entre universidades europeas |
|
A Comisión publicou a convocatoria 2019 para o programa Erasmus+. Do orzamento previsto para o próximo ano, resérvanse 30 millóns de euros para un programa piloto que apoiará seis alianzas universitarias europeas. Cada alianza estará formada por un mínimo de 3 institucións de educación superior de 3 países para promover unha identidade europea reforzada, aumentar a excelencia e contribuír a que sexan máis competitivas.
|
|
Máis información |
|
Conferencia sobre Bioeconomía circular e sostible |
|
O 22 de outubro organizouse en Bruxelas unha conferencia co título Sustainable and circular Bioeconomy, the European way. O encontro centrouse na necesidade de contar cunha bioeconomía circular e sostible para mellorar a transición nun contexto político da UE e unha nova realidade ambiental, social e económica. Tamén sentou as bases para o inicio da discusión sobre accións en diferentes áreas de prioridade como, entre outras, a de apoiar a investigación estratéxica e a innovación, fortalecer o apoio á educación e á formación, mobilizar inversións, apoiar a creación de mercados, fomentar a adopción, actualización e coherencia das Estratexias de Bioeconomía nacionais e rexionais en toda Europa co compromiso dos cidadáns, ou fortalecer a comprensión e resiliencia dos ecosistemas terrestres e mariños. Xa está dispoñible a gravación do evento.
|
|
Máis información |
|
|
|