Número 18
Novembro de 2018
As científicas contan
Quince investigadoras beneficiarias de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) que traballan en España, comparten a pasión pola ciencia e un desafío común: sacar a ciencia básica do laboratorio e achegala aos cidadáns. Las Cientificas cuentan é unha iniciativa cuxo principal obxectivo é achegar a ciencia complexa ao espazo público e chamar a atención sobre os desafíos aos que se enfrentan as científicas hoxe en día. Esta poposta inclúe a difusión de micro vídeos sobre os proxectos das investigadoras e un ciclo de mesas redondas repartidas por todo o territorio nacional nas que estas investigadoras contan os seus proxectos nunha linguaxe de fácil comprensión e explican cómo “a ciencia fundamental” non está tan alonxada de nosa vida diaria.
Máis información
CONVOCATORIAS
Convocatoria Marie Sklodowska-Curie Innovative Training Networks 2019
As Redes de Formación Innovadoras Marie Skłodowska-Curie (ITN) teñen como obxectivo formar, por medio dunha rede internacional de centros públicos e privados, a unha nova xeración de mozos/as investigadores creativos, emprendedores/as e innovadores/as aos que se lles brindan oportunidades para emprender investigacións no contexto dun programa doutoral ou de investigación conxunto en Europa ou máis alá. Ofrécese financiamento para as institucións (por exemplo, universidades, centros de investigación públicos ou privados, grandes empresas, pemes ou organizacións sen ánimo de lucro).
Data de peche: 15 de xaneiro de 2019.
Máis información

Convocatorias Horizon 2020- Reto social 2
Están abertos varios topics do Reto Social 2 de Horizon 2020-Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sostibles, investigación mariña, marítima e de augas interiores e bioeconomía, correspondentes ás seguintes convocatorias 2019:
- Seguridade alimentaria sostible (SFS)
- Crecemento azul (BG)
- Renacemento rural (RUR)
Data de peche: 23 de xaneiro de 2019.
Máis información
Convocatoria para proxectos transnacionais de I+D en nanomedicina
España, a través da Axencia Estatal de Investigación, do Instituto de Saúde Carlos III e do CDTI, participa nesta convocatoria sobre nanomedicina, no marco da rede europea de investigación ERA-NET Cofund EuroNanoMed 3 “European Innovative Research & Technological Development Projects in Nanomedicine”. As propostas de proxectos deberán cubrir polo menos unha das siguientes áreas: Medicina rexenerativa, Diagnoses ou Sistemas de administración dirixida.

Cada consorcio deberá estar formado, como mínimo, por 3 socios elixibles de 3 países diferentes que participen na convocatoria. Deberán incluír socios do sector académico, sector clínico/saúde pública e sector industrial privado.
Data de peche (pre-propostas): 31 de xaneiro de 2019.
Máis información

Convocatoria ERA-MIN 2
España, a través da Axencia Estatal de Investigación e do Instituto para a Competitividade Empresarial de Castela e León (ICE), participa cun orzamento de 650.000 € na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre materias primas, no marco da rede europea de investigación ERA-NET Cofund ERA-MIN 2 “Implement a European-wide coordination of research and innovation programs on raw materials to strengthen the industry competitiveness and the shift to a circular economy”. Contempla as siguientes liñas de investigación:
1.Supply of raw materials from exploration and mining
2.Design
3.Processing, Production and Remanufacturing
4.Recycling and Re-use of End-of-Life Products
5.Cross-cutting topics.
Data de peche: 31 de xaneiro de 2019.
Máis información

Topics para a próxima Convocatoria IMI2
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI2) publicou o borrador dos topics que están considerando incluír na convocatoria 17:
- Optimising future obesity treatment
- Open access chemogenomics library and chemical probes for the druggable genome
- Intelligent prediction and identification of environmental risks posed by human medicinal products
Máis información

EVENTOS
Infoday “FET-Open: Novel ideas for radically new technologies"
Madrid, 27 novembro 2018
Horizon 2020 Coordinators' Day on Amendments and Reports
Bruxelas, 29 novembro 2018
Live Streaming
PRIMA Info Day 2018
Barcelona, 4 decembro 2018
ICT 2018: Imagine Digital - Connect Europe
Viena, 4-6 decembro 2018
Infoday Horizon 2020 Space
Marsella, 6 decembro 2018
Stereopsia 2018 Brokerage event- Creative Industries- All forms of 3D/XR/AI
Bruxelas, 6-7 decembro 2018
EPA HELPDESK WEBINAR OPPORTUNITIES FOR EUROPEAN SMES IN JAPAN'S GOVERNMENT PROCUREMENT MARKET
13 decembro 2018
Horizon 2020 - Science with and for Society 2019
Bruxelas, 14 decembro 2018
Robotics in upcoming Horizon 2020 calls: Information and Brokerage day
Bruxelas, 18 decembro 2018
NOVAS
A UE acelera a transformación dixital do sector agroalimentario europeo
O proxecto SmartAgriHubs, financiado con 20 millóns de euros polo Horizon 2020, pretende construir unha ampla rede paneuropea de Hubs de Innovación Dixital (DIH) no sector agroalimentario. Este proxecto, lanzado o 1 de novembro, aproveitará, fortalecerá e conectará aos DIH locais e a 20.000 Centros de Competencia en toda Europa. Todos os hubs de innovación dixital están aliñados con 9 clústeres rexionais liderados por organizacións estreitamente relacionadas coas iniciativas de dixitalización nacionais ou rexionais. No consorcio participan as seguintes entidades galegas: Gradiant, Ingacal, Seragro e Elmega.

En Galicia temos o Polo de Innovación Dixital para o sector agroalimentario de Galicia, posto en marcha en 2016 e liderado por Gradiant e o Campus Terra da USC. Espérase que máis de 2 millóns de explotacións agrícolas participen en SmartAgriHubs a través de 4000 experimentos, achegando o proceso de dixitalización ás necesidades específicas dos agricultores.
Máis información
Presentacións de xornadas Horizon 2020
Están dispoñibles as presentacións de dúas xornadas organizadas en Madrid:
- Jornada Horizonte 2020 Espacio - convocatorias 2019 (24/10/18)
- Jornada nacional Reto 6 “Europa en un mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras y reflexivas” (30/10/18)
Atenas é a Capital europea da Innovación 2018
A Comisión Europea vén de outorgar a Atenas este título cun premio de 1 millón de euros, financiado por Horizon 2020. As ciudades subcampioas: Aarhus (Dinamarca), Hamburgo (Alemaña), Leuven (Bélxica), Toulouse (Francia) y Umeå (Suecia) recibiron 100.000 euros cada unha. Estas cantidades económicas utilizaranse para ampliar as actividades de innovación local e para colaborar con outras cidades. Anteriormente resultaron gañadoras: Barcelona (2014), Amsterdam (2016) e París (2017). A próxima edición lanzarase no primeiro trimestre de 2019.
Máis información
A investigación e a innovación da UE producen resultados
Nos últimos 30 anos investíronse 200.000 millóns de euros en investigación na UE, dando lugar a innumerables melloras na calidade de vida dos cidadáns. E grazas a miles de persoas que recibiron financiamento para investigación e innovación en investigación excelente, novas tecnoloxías e produtos que fan de Europa un lugar mellor e máis brillante. No video amósase algunhas das melloras conseguidas coa investigación e a innovación financiadas.
Máis información
1850 empresas buscan financiamento no Instrumento Peme
Antes da última data límite de corte (10 de outubro de 2018) foron presentadas 1850 propostas para a Fase 2 do Instrumento PEME . Nesta fase, cada proxecto recibirá ata 2,5 millóns para financiar actividades de innovación como demostración, probas, pilotaxe e escalado de negocio. As empresas tamén se beneficiarán dos servizos de coaching e aceleración empresarial. O maior número de propostas foi presentado por solicitantes españois (276), seguido de preto por italianos (199) e británicos (151). Os resultados coñeceranse no mes de decembro.
Máis información
Horizon 2020 Energy Info day
A Comisión Europea organizou en Bruxelas unha xornada informativa sobre Enerxía no Horizon 2020. No evento presentáronse as oportunidades de financiamento que ofrece este programa para proxectos centrados nos sistemas de enerxía intelixentes e as cidades e comunidades intelixentes. As gravacións e as presentacións realizadas están accesibles na seguinte ligazón.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Partner sought to submit FTI proposal to introduce on the market rubber compound with devulcanised rubber
A European association based in Brussels is coordinating a consortium of companies to submit together an FTI proposal. The project will aim at introducing a cost-saving and eco-friendly solution for the rubber industry by piloting and validating a novel technology that can convert rubber waste into regenerated, virgin rubber, commercialising the new material as well as marketing the technology. The consortium is looking for SMEs with experience in rubber regeneration for project partnership.
Máis información
[EUREKA/Eurostars2] Partners (companies and research institutes) sought for cooperation in research on technology of photo-bioreactor system
A Korean company is looking for partners to collaborate on EUREKA/Eurostars2 project proposal. The project aims to mass production of algae for its use in a photo-bioreactor system. The company is seeking for companies and research institute specialized in the cultivation of microalgae.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.