Número 19
Decembro de 2018
Evento anual dos Hubs de Innovación Dixital

Máis de 300 persoas se reuniron en Varsovia para discutir sobre cómo reforzar a capacidade dos Hubs de Innovación Dixital (DIHs) e analizar o seu futuro para apoiar a tranformación dixital das industrias europeas.

Neste encontro, GAIN presentou a estratexia galega para promover a innovación dixital a través dos DIHs. Xa están dispoñibles todas as presentacións dos relatores e os aspectos máis destacados do evento.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria EUREKA bilateral España – Alemaña
Nova convocatoria conxunta para a presentación de propostas de cooperación tecnolóxica co obxectivo de promover e financiar proxectos conxuntos de entidades empresariais españolas e alemanas. O resultado dos proxectos debe ser un produto, proceso ou servizo innovador orientado ao mercado e consecuencia da cooperación tecnolóxica. O consorcio debe estar formado, como mínimo, por unha empresa española e unha alemana independentes e o proxecto debe ser relevante para todos os socios (ningún país ou membro do consorcio debe ter máis do 70% do orzamento). Permítese calquera área tecnolóxica e de aplicación a calquera sector do mercado.
Data de peche: 11 de xaneiro de 2019.
Máis información

Novena convocatoria Clean Sky 2
A iniciativa público-privada Clean Sky 2, enfocada ao desenvolvemento de tecnoloxías e demostradores que darán paso ás aeronaves do futuro máis eficientes e sostibles, vén de abrir a súa novena convocatoria na que tamén poden participar entidades que non sexan membros da asociación. Esta convocatoria conta cun orzamento de 69,1 millón de euros para 55 topics que están incluídos nas 4 áreas temáticas.
Data de peche: 6 de febreiro de 2019.
Máis información
Segunda convocatoria QuantERA
No marco da rede europea de investigación QuantERA, España participa, a través da Axencia Estatal de Investigación, na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre tecnoloxías cuánticas. As temáticas que se contemplan son as seguintes: comunicación cuántica, simulación cuántica, computación cuántica, ciencias de información cuántica e detección de metroloxía cuántica e imaxes.
Data de peche: 18 de febreiro de 2019.
Máis información
Convocatoria FLAG-ERA 2019
España, a través do Instituto de Saúde Carlos III, o IDEPA e a Axencia Estatal de Investigación, participa cun orzamento de 1,4 millóns de euros na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais da ERANET Cofund FLAG-ERA. Esta rede ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento das dúas iniciativas emblemáticas de Tecnoloxías Emerxentes de Futuro, o Grafeno e o Human Brain Project (HBP). A convocatoria cubre varias áreas específicas de investigación (20 áreas no Grafeno e 12 no HBP).
Data límite (envío pre-propostas): 19 de febreiro de 2019.
Máis información

Convocatoria Horizon 2020 nas áreas de migración e transformación socioeconomica e cultural
No contexto da cuarta revolución industrial e a gobernanza para o futuro, lanzouse unha convocatoria interesante nas áreas de migracion e tranformación socioeconómica e cultural. A través das seguintes ligazóns pódese acceder aos detalles dos topics abertos:
- DT-MIGRATION-06-2018-2019: Addressing the challenge of migrant integration through ICT-enabled solutions
- DT-TRANSFORMATIONS-02-2018-2019-2020: Transformative impact of disruptive technologies in public services
- DT-GOVERNANCE-05-2018-2019-2020: New forms of delivering public goods and inclusive public services
Data de peche: 13-14 de marzo de 2019.
EVENTOS
Health Tech Hub Styria Pitch & Partner 2019
Graz, 15 xaneiro 2019
ECSEL Info day & ECS Brokerage Event
Bruxelas, 15-16 xaneiro 2019
The Unmanned Systems Expo Europe Matchmaking 2019
Rotterdam, 17-18 xaneiro 2019
Infoday for the photonics 2019 calls
Bruxelas, 18 xaneiro 2019
Horizon 2020 Energy Efficiency Info Day
Bruxelas, 19 xaneiro 2019
The 1st EU-Japan Nanotech Matchmaking Event
Miyagi, 29 xaneiro 2019
NANOTECH CLUSTER SME MISSION
Tokio, 29 xaneiro – 1 febreiro 2019
AgeingFit – Accelerating innovation for the senior care market
Lille, 29-30 xaneiro 2019
NOVAS
Galicia incorpórase por primeira vez a dous Consorcios Europeos para as Infraestruturas de Investigación
A través de dous convenios de colaboración vaise facilitar a participación por primeira vez en dous Consorcios Europeos para as Infraestruturas de Investigación por un valor aproximado de 560.000 euros, dos que a Xunta achegará a metade. A Universidade de Vigo participará no consorcio europeo Embrc centrado na bioloxía e economía mariña co proxecto da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, única a nivel mundial para investigar en acuicultura sobre os efectos do cambio climático. A Universidade de Santiago de Compostela participará no consorcio Openscreen a través da plataforma Innopharma, liderada polos doutores Ángel Carracedo e Mabel Loza, para o descubrimento temperá de fármacos.
Máis información
10ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación
O 20 de novembro celebrouse esta conferencia organizada polo CDTI e a Comisión Europea en Toledo. O relatorio principal foi realizado pola Directora Xeral Adxunta da D.G. Investigación e Innovación da Comisión Europea, quen informou sobre o Estado actual do programa Horizon 2020 e do futuro programa Horizon Europe.

Por outra parte, o Director de Programas da UE e Cooperación Territorial do CDTI foi o encargado de presentar os bos Resultados da participación española no Horizon 2020, cun importante incremento do retorno (10,1%) e do liderado de proxectos (15,8%). Con respecto ás Comunidades Autónomas, Cataluña ocupa a primeira posición. Pódese acceder á gravación (sen editar) do evento a través do canal de YouTube do CDTI.
Máis información
AIMEN lidera o seu maior proxecto europeo de impresión 3D de compoñentes metálicos na industria
O proxecto Integradde (Intelligent data-driven pipeline for the manufacturing of certified metal parts through Direct Energy Deposition processes), cofinanciado por Horizon 2020, conta cun orzamento de case 17 millóns de euros. INTEGRADDE busca a aplicación real da fabricación aditiva (impresión 3D) no contorno industrial europeo. Coa participación de 26 socios de 11 países, este proxecto porá o seu foco en pezas metálicas de tamaño medio/grande de sectores como o aeronáutico, automoción, metalmecánico ou a construción civil.
Máis información
Resultados convocatoria FETOPEN do corte de maio de 2018
Os resultados do último corte de FETOPEN foron moi satisfactorios para as entidades españolas que se sitúan en terceira posición en cifras de retorno (14,36% UE - 28,110 millóns de euros) e segundas en participación en propostas financiadas. Propuxéronse financiar 38 propostas das que 7 están coordinados dende España.
FET Open apoia a investigación de alto risco en etapas iniciais sobre novas ideas para tecnoloxías de futuro radicalmente novas. Explora unha ampla gama de posibilidades tecnolóxicas novas e disruptivas en todas as áreas da ciencia e da tecnoloxía. Este esquema é moi popular na comunidade de investigación. O folleto informativo FET Open 2014-2017- State of play ofrece unha análise e información sobre tendencias en canto á participación, campos científicos cubertos así como aspectos relacionados coa innovación.
Máis información
Xornada informativa convocatoria Accións MSCA ITN 2019
Xa se poden descargar as presentacións do evento celebrado en Madrid sobre a Convocatoria de Redes de Formación Innovadoras Marie-Sklodowska-Curie (MSCA ITN 2019) o 15 de novembro de 2018.
Máis información
Conferencia conxunta do Parlamento Europeo e a Comisión Europea
O 27 de novembro organizouse no Parlamento Europeo unha Conferencia de alto nivel sobre o impacto da investigación e a innovación na nosa vida diaria. Pódese acceder ás distintas presentacións, paneis e conclusións dende as seguintes ligazóns:
- Opening and intro to the Panels - Press Conf Antonio Tajani and Carlos Moedas - Panel 1 - Health and wellbeing - Panel 2 - A sustainable environment - Panel 3 - Innovation: let’s put research results on the market - Panel 4 - Safe and secure society for all - Concluding remarks
BUSCA DE SOCIOS
URGENT - MSCA-ITN-2018: Innovative Training Networks - two non-academic partners sought
A UK university are seeking companies to join their Marie Sklodowska-Curie Innovative Training Network bid to explore strategies for understanding intermittent rivers under multiple stressors. Two partners are required, to contribute expertise in 1) assessing molecular response of freshwater communities (biofilm, macroinvertebrates) to environmental stressors, and in 2) assessment of ecological status of intermittent running waters using macroinvertebrate communities.
Data límite: 10 decembro 2018!
Máis información
[EUREKA/Eurostars2] A Korean SME is looking for partner for PV power forecasting and control with HDR(High Dynamic Range) cameras and Deep-learning Algorithm
A Korean SME in the field of PV industry is seeking partners to cooperate in E.U/Korea Joint research program. The SME is planning to develop PV power yields improving technology with deep-learning network. The role of the partner in the project is to find test-bed site, set-up the test-bed, monitor the power yields, and commercialize this technology together in E.U. region.
Máis información
H2020-SC3-RES-1-2019 : Companies with expertise in photovoltaics fabrication, power device, sensors are sought
A French university will act as a coordinator of a European project aimed at developing new approaches for the fabrication of power devices. The consortium has identified 2 relevant calls to implement this project : LC-SC3-RES-1-2019 and LC-NMNP-32-2019. Industrial partners active in semiconductor electronics/sensor/photovoltaic (PV) are sought to complete the consortium.
Máis información
French SME specialized in rapid detection of enzyme activities is looking for academia, industrial and end user partners to submit a project under H2020-CE-BIOTEC-05 call on environmentally friendly solutions for managing plastic mixture waste
A French SME developing fluorogenic reagents for rapid detection of enzyme activities is looking for partners for a project under CE-BIOTEC-05 call "microorganism communities for plastic bio-degradation". The objective is to develop environmentally friendly solutions for managing the waste of plastics mixtures thanks to microorganisms. The French SME and their academic background organisation are looking for academia, industrial, end user (waste valorization) partners to complete the consortium.
Máis información
French BigData specialist is looking for academic and IT specialized companies to become partners for their H2020 "Big Data solutions for Energy" call proposal
French start-up specialized in Big Data solutions and data intelligence is looking for European partners to complete the building up of the consortium for the H2020 call Big Data Solutions For Energy DT-ICT-11-2019. Mainly searching for academic or R&D structures : University, R&D center, technology transfer centers. The consortium also needs IT architects and integrators, also software developers. But more generally the company would consider all propositions.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.