Número 2
Febreiro de 2018
Gain Informa
Xornada H2020: Transporte - Santiago, 14/02/18
A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co CDTI, organiza esta xornada informativa sobre a convocatoria de H2020 centrada no transporte intelixente, ecolóxico e integrado.
Esta xornada, que terá un carácter práctico, contará cunha presentación a cargo do Punto Nacional de Contacto de CDTI na que se explicarán as oportunidades de financiamento e os aspectos clave para a preparación de propostas.
Máis información



CONVOCATORIAS
Programa de incubación Copernicus
Este programa ten como finalidade aumentar o uso dos datos e/ou produtos dos servizos de Copernicus. Outorgará 50000 euros a 20 novas empresas europeas para financiar a súa incubación nunha organización de apoio á incubación / aceleración da súa elección. Copernicus é o sistema europeo de observación da Terra. Consiste nun conxunto complexo de sistemas que recompilan datos de múltiples fontes: satélites e sensores in situ, como estacións terrestres, sensores aéreos e sensores marítimos. Os servizos abordan seis áreas temáticas: terra, mar, atmosfera, cambio climático, xestión de emerxencias e seguridade.
Próxima data límite: 15 de marzo de 2018.
Máis información

1ª Convocatoria 5GINFIRE- Fase 1- "Experimentos iniciais e funcionalidades adicionais e infraestruturas”
Aliñada cos obxectivos xerais do proxecto, 5GINFIRE organiza unha convocatoria competitiva dirixida a organizacións externas interesadas en realizar experimentos na infraestrutura proporcionada polo proxecto. A convocatoria vai enfocada aos seguintes tipos de experimientadores e provedores de instalacións:
- Categoría 1: usar o entorno de automoción EVI para probar aplicacións verticais (Máx. 75000€/proposta aceptada).
- Categoría 2-a: proporcionar a funcionalidade que falta e é necesaria para a administración do ciclo de vida dos compoñentes da infraestrutura (Máx. 60000€/proposta aceptada).
- Categoría 2-b: aproveitar o conxunto de ferramentas, as instalacións e as mellores prácticas de 5GinFIRE (Máx. 125000€/proposta aceptada)
Data de peche: 28 de febreiro de 2018.
Máis información

Convocatoria Apoio á investigación e á innovación en saúde e asistencia social en enfermidades neurodexenerativas
O Programa Conxunto sobre Investigación de Enfermidades Neurodexenerativas (JPND) lanzou unha nova convocatoria para a presentación de propostas por parte de equipos de investigación multinacionais. O obxectivo é aumentar a comprensión dos factores que contribúen á calidade e á prestación de asistencia sanitaria e social para enfermidades neurodexenerativas. As propostas deberán abordar a saúde e a asistencia social, tanto a nivel macro de sistemas e infraestruturas, como a nivel individual de pacientes, cuidadores e familias. Orzamento da convocatoria: 21 M€.
Data límite envío pre-propostas: 6 de marzo de 2018.
Máis información
Convocatoria 2018 "Mental Disorders"
A ERA-NET NEURON ten aberta unha convocatoria para promover proxectos de investigación multinacionais e colaborativos que aborden cuestións importantes relacionadas coa saúde mental e os trastornos mentais. Estes proxectos poden incluir investigacións sobre os trastornos do estado de ánimo (depresión maior, trastornos bipolares), ansiedade, trastornos psicóticos, espectro autista, trastornos por consumo de substancias e outros trastornos mentais.
Data límite envío pre-propostas: 8 de marzo de 2018.
Máis información

Human Brain Project - Expresións de interese
A iniciativa emblemática europea do Proxecto do Cerebro Humano (HBP) lanzou tres convocatorias para aportar nova experiencia á súa Plataforma de Informática Médica (MIP):
- Proba de modelos fisiopatolóxicos de enfermidades cerebrais.
- Análise federado de estimulación intracerebral humana e rexistro de datos.
- Ontoloxías completas para enfermidades cerebrais.
Data de peche: 15 de marzo de 2018.
Máis información

Manunet 2018
A rede de axencias nacionais e rexionais MANUNET vén de abrir a súa nova convocatoria para presentación de proxectos transnacionais de I+D no ámbito das tecnoloxías avanzadas de fabricación. O orzamento dispoñible é de 14 millóns de euros. MANUNET pretende crear un crecemento sostible intelixente no sector manufacturero europeo mediante a coordinación dos esforzos de investigación e innovación no campo da fabricación avanzada cun enfoque especial nas áreas clave dos novos procesos de produción, sistemas de fabricación adaptativos e tecnoloxías para a fábrica do futuro.
Data límite envío pre-propostas: 23 de marzo de 2018.
Máis información

CONSULTAS
Consulta pública - Estratexia da UE sobre adaptación ao cambio climático
A Comisión Europea ten aberta unha consulta dirixida a todos os ciudadáns e organizacións que poidan contribuir a esta consulta, especialmente aqueles que traten con esta problemática.
Data de peche: 1 de marzo de 2018.
Máis información

Consulta sobre os fondos Europeos na área de Seguridade
En 2018 a Comisión presentará propostas para a próxima xeneración de programas financeiros para o marco financeiro plurianual posterior ao ano 2020. Isto require unha avaliación coidadosa do que funcionou ben no pasado e o que podería mellorarse no futuro. Esta consulta forma parte do proceso e o seu objetivo é recabar opinións de todas as partes interesadas sobre cómo aproveitar ao máximo cada euro do orzamento da UE. A consulta inclúe, entre outros, temas de I+D, seguridade, ciberseguridade, defensa e enerxía nuclear.
Data de peche: 8 de marzo de 2018.
Máis información

EVENTOS
International Conference on JPI More Years Better Lives- ‘Increasing the Knowledge Base on Demographic Change’
Bruxelas, 13 febreiro 2018
Digital tech – transforming how healthcare is delivered to citizens
Bristol, 13 febreiro 2018
Unmanned Systems Expo – RoboBusiness Europe Matchmaking 2018
Rotterdam, 14-15 febreiro 2018
Jornada informativa de la Convocatoria 2018 de la Iniciativa Tecnológica Conjunta de Hidrógeno y Pilas de Combustibles (JTI-FCH 2) en H2020
Madrid, 16 febreiro 2018
Information day Horizon 2020 EU Framework Programme 2018 Secure Societies Call
Madrid, 20 febreiro 2018
EU Circular Economy Stakeholder Conference
Bruxelas, 20-21 febreiro 2018
H2020 Coordinators Day (Por Webstreaming)
Bruxelas, 22 febreiro 2018
Mobile World Congress 2018 Brokerage Event
Barcelona, 26-28 febreiro 2018
Synergi 2018 Matchmaking
Amsterdam, 8-9 marzo 2018
DRONE-DAYS 2018- Brokerage Event
Bruxelas, 9-10 marzo 2018
NOTICIAS
Publicada a lista de máis de 1400 avaliadores 2016 do SME Instrument
A gran maioría de avaliadores (máis do 75%) provén do sector privado. En total están representadas casi 60 nacionalidades diferentes, e arrededor do 10% dos avaliadores son de países non pertencentes á UE, incluidos EEUU, Canadá e Brasil. Dende xaneiro de 2018, o Instrumento PEME forma parte do proxecto piloto do Consello Europeo de Innovación (EIC), que respalda a innovación creadora de mercado, a través do apoio ao financiamento e á aceleración empresarial. Isto vai provocar cambios no proceso de avaliación, especialmente as entrevistas, cara a cara, na Fase 2.
Máis información
Nova Plantilla comentada - SME Instrument Phase 1 & Phase 2
Esta nova plantilla é unha guía creada para axudar ás empresas innovadoras a presentar as súas propostas ao Instrumento PEME de Horizon 2020 e comprender mellor os requisitos. Esta plantilla foi escrita como parte do proxecto Access4SMEs, una Acción de Coordinación e Apoio financiada pola CE, que ten como obxectivo potenciar a rede de puntos nacionais de contacto de Horizon 2020 para PEMES e acceso a financiamento de risco.
Máis información
Desvelado o xurado do piloto do Consello Europeo de Innovación
Xa foron elixidos os 87 membros do xurado de 26 países que seleccionarán as mellores innovacións creadoras de mercado para o financiamento do Instrumento PEME. O xurado está composto por inversores privados, business angels e outros actores no ecosistema da innovación. A partir da primeira data de corte (10 de xaneiro de 2018), as empresas que pasen a etapa de selección inicial para a Fase 2, deberán presentar a súa innovación a este panel de expertos. Isto complementa a avaliación xa existente, co fin de ter plenamente en conta as cualidades persoais e as motivacións dos innovadores solicitantes.
Máis información
Informe sobre convocatorias de Innovación Aberta en Horizon 2020
Cada vez máis e, en liña coa adopción das prioridades "3 Os”- “Open Innovation, Open Science and Open to the world", os futuros proxectos de investigación e innovación requerirán que os propoñentes adopten un enfoque de innovación aberta e dirixida ao usuario. Fomentarán ecosistemas para investigadores, innovadores, industrias, usuarios/cidadáns e gobernos, basados no modelo de innovación da cuádruple hélice. Este documento recolle unha selección de convocatorias relacionadas coa Innovación Aberta, que ofrecen una ampla gama de oportunidades para aplicar a metodoloxía Open Innovation 2.0 en propostas de proxectos.
Máis información
Ciclo de webinarios H2020 sobre Reto 6
A Oficina Europea del Ministerio de Economía, Industria e Competitividade celebrou un ciclo de 3 webinarios para profundizar nas convocatorias publicadas no novo programa de traballo 2018-2020 do Reto Social 6 "Europa nun mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas". Xa están dispoñibles os videos dos webinarios e as presentacións realizadas.
Máis información
A Comisión propón investir 1000 millóns de euros en superordenadores europeos
A CE Europea revelou os seus planes de investir conxuntamente cos Estados Membros na construción dunha infraestrutura de supercomputación europea. Unha nova estrutura legal e de financiamento, a Empresa Común EuroHPC, adquirirá, construirá e despregará unha infraestrutura de informática de alto rendemento (HPC) de primeiro nivel. También apoiará un programa de investigación e innovación para desenvolver as tecnoloxías e máquinas (hardware), así como as aplicacións (software) que se executarán nestes supercomputadores. A contribución da UE no EuroHPC situarase en torno aos 486 millóns, xunto cun importe similar procedente dos Estados membros e os países asociados.
Máis información
A UE investirá 100 millóns de euros na busca de alternativas ao plástico
Europa xera anualmente 26 millóns de toneladas de residuos de plástico derivados do petróleo. Menos do 30 % recóllese para reciclar. A UE investirá 100 millóns de euros do seu programa Horizon 2020 no desenvolvemento de alternativas ao plástico menos daniñas para o medio ambiente, como parte dun amplo plan para facer que todos os envases de plástico en Europa sexan reutilizables ou reciclables para 2030. Na súa nova estratexia de plásticos, lanzada en xaneiro de 2018, a Comisión pediu aos científicos que desenvolvan máis materiales plásticos reciclables e mellores procesos de reciclaxe, e destacou que xa surdiron alternativas prometedoras de investigacións financiadas pola UE. A Comisión tamén planea realizar un sondeo sobre a creación dun fondo privado para impulsar tecnoloxías destinadas a reducir o custo ambiental da produción de plástico.
Máis información
Sesión informativa Convocatoria MSCA RISE 2018
O 25 de xaneiro tivo lugar en Madrid unha sesión informativa sobre a Acción Marie Sklodowska Curie RISE (Research and Innovation Staff Exchange). Esta convocatoria conta cun orzamento de 80 M€ e pecha o próximo 18/03/18. O seu obxectivo é reforzar a colaboración internacional e intersectorial en I+D+I mediante os intercambios de persoal investigador e innovador entre entidades públicas e privadas. A presentacións realizadas durante a xornada pódense descargar dende a seguinte ligazón.

Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
H2020-Clean Sky 2: Industry or academics with in-house Electron Beam Melting machines sought for process optimization
A French engineering company with high expertise in thermomechanics and materials for additive manufacturing in the aerospace sector is developing a proposal for the 7th Clean Sky Call (topic LPA-01-37-Next Generation Low Pressure Turbine Airfoils by ALM). The project aims at developing and assessing alloys by a power bed Additive Layer Manufacturing (ALM) process. An industrial or academic partner owning Electron Beam Melting (EBM) machine is sought to set-up and optimize the process.
Máis información
Horizon 2020 NMBP-15-2019 - Designing new methods and tools for production of an alternative for nickel compounds
A UK University aims to design and develop a new method of production for a new raw material under the call H2020 NMBP-15-2019 to replace nickel compounds deregulated due to health, safety and environmental consequences of its use, thus reducing the environmental, health and safety risks and increasing the performance. They are seeking an industry partner in the field of chemical processing, ideally specialised in processing nickel compounds and with appropriate facilities.
Máis información
H2020 DT-SPACE-08-BIZ-2018: SPACE outreach and education
An Italian university is looking for a partner with expertise on dissemination and explotation activities to be included in the "H2020 DT-SPACE-08-BIZ-2018: SPACE outreach and education" topic published in H2020 work programme 2018. The preferred partner is an EU SME with experience in dissemination and PR activities (H2020 dissemination experience is preferred). Type of collaboration: research cooperation agreement.
Máis información
Organizations experienced in energy and smart cities sought for H2020 proposal
An SME from Bosnia and Herzegovina specialized in sustainable energy, climate and environmental actions is searching for partners (policy institutions, SMEs, NGOs, R&D institutions) with expertise in sustainable energy to apply for a H2020 project. The main objective of the project is to increase energy systems integration and to increase energy performance levels enabling energy transition in cities, through the LC-SC3-SCC-1-2018-2019-2020 call on the topic of Smart Cities and Communities.
Máis información
H2020 MIGRATION-05-2018-2020 integration challenges for migrant children: seeking operative, institutional and R&D partners
A partnership led by an Italian operator with a consolidated experience in the education and integration of migrants, and including a Greek operator, is preparing a proposal under the call H2020 MIGRATION-05-2018-2020 to analyze and develop policy recommendations for school integration policies in a multicultural society, tackling the issue of migrant pupils. Partners operating at institutional and operative level and R&D bodies, active in other key countries for the migration flows, are sought.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.