CONVOCATORIAS |
|
Segunda convocatoria diatomic |
|
Segunda e última convocatoria da rede de Hubs de Innovacion Dixital diatomic, coa que se apoiarán experimentos de aplicacións ou solucións intelixentes, baseadas en microelectrónica avanzada e integración de sistemas intelixentes para a innovación nos sectores da saúde, agroalimentación ou fabricación (Industria 4.0) . Os experimentos poderán acadar un financiamento de ata 200.000 euros. Está dispoñible a gravación dun webinar no que se explica en detalle os requerimentos e o proceso de avaliación.
|
|
Data de peche: 31 de xaneiro de 2019.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria NORFACE |
|
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), participa na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais do programa Democratic governance in a turbulent age (Governance) no marco da rede europea NORFACE- New Opportunities for Research Funding Agency Cooperation in Europe. O obxectivo principal desta convocatoria é reforzar a cooperación internacional no desenvolvemento de proxectos de investigación innovadores e excelentes que aborden desafíos importantes para a gobernanza democrática e a política.
|
|
Data de peche: 19 de febreiro de 2019.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria sobre microplásticos no medio mariño |
|
España participa nesta convocatoria no marco da Iniciativa de Programación Conxunta de Mares e océanos saudables e produtivos (JPI Oceans). Cun orzamento aproximado de 9,2 millóns de euros, contempla 4 temas principais:
- Identification, characterisation and quantification of the major microplastic sources.
- New sampling and analytical methodologies - focusing on the smaller (nano-) particles and in situ measurement methods for all matrices (water, sediment, biota).
- Monitoring and mapping of microplastics in the marine environment.
- Concepts to reduce inputs of plastics into the marine environment.
|
|
Data de peche: 28 de febreiro de 2019.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria EURIPIDES / PENTA 2019 |
|
Por primeira vez, as tres asociacións da industria europea, AENEAS, ARTEMIS-IA e EPoSS, que representan organizacións de toda a cadea de valor de Compoñentes e sistemas electrónicos (ECS) uníronse para elaborar unha Axenda de investigación estratéxica común 2018. Esta axenda impulsa os programas PENTA e EURIPIDES² nas siguientes áreas: Áreas de aplicación chave; Transporte e mobilidade intelixente; Saúde e Benestar; Enerxía; Industria dixital e Vida dixital. PENTA está dirixido á innovación transnacional en sistemas e aplicacións micro e nanoelectrónicos. EURIPIDES está centrado nos sistemas electrónicos intelixentes e na integración de compoñentes. A convocatoria EURIPEDES/PENTA 2019 busca apoiar a creación de consorcios na cadea de valor de Compoñentes e sistemas electrónicos, que permitan a transición da investigación á explotación comercial (TRL 2-8).
|
|
Data límite (envío pre-propostas): 1 de marzo de 2019.
|
|
Máis información
|
|
Pre-anuncio da convocatoria AAL 2019 |
|
O programa de Vida Activa e Asistida (AAL) anunciou o lanzamento dunha nova convocatoria para febreiro de 2019, cuxo reto será: Solucións intelixentes sostibles para o envellecemento. Apoiará proxectos colaborativos innovadores, transnacionais e multidisciplinares, que desenvolvan solucións baseadas nas TIC e dirixidas a calquera área de aplicación dos dominios AAL. Estes dominios inclúen, entre outros, solucións para a vida activa no traballo e formación, ocio e cultura, saúde e coidado, mobilidade e transporte ou seguridade e proteción.
|
|
Máis información
|
|
EVENTOS |
|
Brokerage Event MANUNET- Calls 2918 |
|
Namur, 17 xaneiro 2019 |
|
Horizon 2020 ENERGY EFFICIENCY INFO DAY & Matchmaking event |
|
Bruxelas, 22 xaneiro 2019 |
|
KETGATE- Brokerage Event on Key Enabling Technologies |
|
Venecia, 31 xaneiro 2019 |
|
SMAGUA 2019 - XIV International water and irrigation exhibition – Brokerage Event |
|
Zaragoza, 5-6 febreiro 2019 |
|
EU Industry Days high-level conference 2019 |
|
Bruxelas, 5-6 febreiro 2019 |
|
X EDICIÓN TÍTULO POSTGRADO UPM: "EXPERTO EN PROMOCIÓN Y GESTIÓN DE PROYECTOS Y ACTIVIDADES INTERNACIONALES DE I+D+i" |
|
Madrid, 7 febreiro- 15 xuño 2019 |
|
|
|
|
|
|
MarTERA brokerage event 2019 |
|
Lysaker, 13 febreiro 2019 |
|
Multisectoral brokerage event - Transfiere 2019 |
|
Málaga, 13-14 febreiro 2019 |
|
Horizon 2020- Successful R&I in Europe 2019 - 10th European Networking Event |
|
Düsseldorf, 14-15 febreiro 2019 |
|
NOVAS |
|
Principio de acordo sobre Horizonte Europa |
|
O Consello da Unión Europea acadou un acordo sobre o enfoque xeral de Horizonte Europa, o futuro programa marco de investigación e innovación que sucederá a H2020 e para o que a Comisión propuxo unha dotación duns 100.000 millóns de euros para o período 2021-2027. Aínda que non se discutiron aínda as cuestións orzamentarias, os Estados Membros acordaron as grandes liñas de actuación a partir da proposta da Comisión, publicada no mes de xuño.
|
|
Máis información |
|
6ª edición Premio Mulleres Innovadoras 2019 |
|
A Comisión Europea quere premiar novamente ás mulleres empresarias máis innovadoras da Unión Europea. Este premio recompensa anualmente a 4 mulleres emprendedoras que combinaran con éxito a excelencia no terreo científico coa innovación empresarial, fundando ou cofundando a súa empresa antes do 1 de xaneiro de 2017. Outorgaranse tres premios de 100.000€ cada un na categoría principal Women Innovators. Tamén se outorgará un premio especial de 50.000€ a unha Rising Innovator, una empresaria excepcional ao comezo da súa carreira (de 35 anos ou menos). O prazo para inscribirse está aberto ata o 16 de xaneiro de 2019.
|
|
Máis información |
|
O grupo Oncomet lidera dous novos proxectos contra o cancro |
|
O grupo de Oncoloxía Médica (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela coordinará dous novos proxectos europeos no desenvolvemento de terapias innovadoras baseadas en nanotecnoloxía para o tratamento do cancro de pulmón (METASTARG) e cancro de páncreas (PANIPAC), desde o laboratorio situado no Hospital Clínico de Santiago. Estes dous proxectos enmárcanse dentro da convocatoria ERA-NET Euronanomed III, dirixida a promover a aplicación da nanotecnoloxía en medicina e saúde. Son dous dos doce proxectos europeos aprobados na última convocatoria desta plataforma europea. O financiamento total para cada un supera o millón de euros.
|
|
Máis información |
|
Nova versión do Modelo de Acordo de Subvención |
|
A Comisión Europea publicou unha nova versión (5.1) do Modelo de Acordo de Subvención de H2020 (Annotated Model Grant Agreement).
|
|
Máis información |
|
Xornadas "FET-Open: Novel ideas for radically new technologies” |
|
Os días 27 e 28 de novembro celebráronse en Madrid e Barcelona, respectivamente, dúas xornadas informativas organizadas polos Puntos Nacionais de Contacto do programa Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET), coa finalidade de preparar propostas para o corte de FETOPEN de xaneiro de 2019.
|
|
Máis información |
|
15 novas accións de investigación e innovación FET Proactive |
|
Baixo o programa FET, especificamente FET-Proactive, veñen de asinarse 15 novos contratos. Estes proxectos esforzaranse en crear e consolidar avances na ciencia a tecnoloxía e establecer comunidades de investigación multidisciplinares. Na convocatoria 2018 identificáronse 6 temas específicos: órganos artificiais, tecidos, células e estruturas subcelulares; tempo; tecnoloxías vivas; tecnoloxías socialmente interactivas; tecnoloxías disruptivas de microenerxía e almacenamento; e materia topolóxica. Das 96 propostas enviadas, seleccionáronse 15 para un orzamento total de 89 millóns de euros, cunha subvención media de arredor de 5,9 millóns de euros e unha duración media de 53 meses.
|
|
Máis información |
|
EIT anuncia as dúas comunidades de innovación gañadoras |
|
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) vén de anunciar os equipos gañadores que crearán as Comunidades de Innovación en fabricación e mobilidade urbana. Made by Europe, gañador de EIT Manufacturing, é un consorcio formado por 50 socios de 17 países, incluídos entre outros, Volvo, Tecnalia, Siemens e Whirlpool Europe. MOBiLus, gañador de EIT Urban Mobility, é un consorcio de 48 socios de 15 países, entre eles, BMW Group, a cidade de Copenhague, TomTom e Siemens. Esta iniciativa, que potenciará a futura mobilidade para espazos urbanos, conta coa participación galega do Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG) que levaba 2 anos traballando nesta candidatura.
|
|
Máis información |
|
|
|