CONVOCATORIAS |
|
Convocatoria BIG IoT |
|
A segunda convocatoria do proxecto BIG-IoT vai dirixida a propostas en mobilidade intelixente e dominios de monitorización ambiental. O obxectivo é integrar novas plataformas de Internet das Cousas e fontes de datos ao mercado de BIG IoT e explotar as súas ofertas mediante o desenvolvemento de aplicacións e servizos innovadores. Pode participar calquera entidade xurídica individual (empresa, universidade, organismo público, instituto de investigación, ...) dun Estado membro da UE que non esté afiliado a ningún dos socios do proxecto. O financiamento pode ser de ata 60000 euros.
|
|
Data límite de presentación: 8 de marzo de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria FET Proactive |
|
Ata o 22 de marzo permanecerá aberta a convocatoria de Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET) Proactive, que axuda ao desenvolvemento de novas comunidades de investigación animando a investigadores de diferentes campos a traballar xuntos en novas tecnoloxías en dominios específicos. Esta convocatoria inclúe 6 subtemas: Artificial organs, tissues, cells and sub-cellular structures; Time; Living technologies; Socially interactive technologies; Disruptive micro-energy and storage technologies e Topological matter.
|
|
Máis información
|
Convocatoria FCH2 2018 |
|
A Comisión Europea publicou en xaneiro a convocatoria relacionada co Plan de traballo 2018 da Iniciativa Tecnolóxica Conxunta de Hidróxeno e Pilas de Combustible (FCH2). Esta convocatoria aborda os principais desafíos identificados polos stakeholders. Abarcan diferentes áreas de investigación e innovación para cada un dos piares do Transporte e Enerxía, así como actividades globais e transversais. Conta cun orzamento de 73,2 M€ e 20 topics (7 para Transporte, 8 para Enerxía, 1 global e 4 transversais).
|
|
Data de peche: 24 de abril de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria Water JPI 2018 |
|
A inicitativa de programación conxunta sobre a auga (WaterJPI) ten aberta unha convocatoria en dúas fases. Pódense presentar propostas ao topic “Closing the Water Cycle Gap – Sustainable Management of Water Resources”, que xira en torno 3 retos:
- Permitir a xestión sostible dos recursos hídricos.
- Fortalecer os enfoques socioeconómicos para a xestión da agua.
- Ferramentas de apoio para a xestión integradora sostible dos recursos hídricos.
|
|
Data de peche presentación pre-propostas (1ª fase): 24 de abril de 2018.
|
|
Máis información
|
|
BBI - Plan de Traballo 2018 |
|
A iniciativa tecnolóxica conxunta de Bioindustrias (BBI) ten publicado o Programa de traballo de 2018. A quinta convocatoria abrirá no mes de abril. Consta de 21 topics nos seguintes piares: Biomass feedstock, Processing, Innovative bio-based products for identified market applicationse Market-uptake. Como principal novidade inclúe topics cun TRL máis baixo e nos que é necesario a participación de polo menos unha gran empresa membro.
|
|
Máis información
|
|
Apertura do Topic ICT- SU-ICT-03-2018 |
|
Este mes abriu o topic “Establishing and operating a pilot for a Cybersecurity Competence Network to develop and implement a common Cybersecurity Research & Innovation Roadmap”. O obxetivo deste topic é ampliar a investigación existente para o beneficio da ciberseguridade no Mercado Único Dixital, con solucións que poden ser comercializables. Os participantes deberán propoñer, probar, validar e explotar de forma paralela a posible configuración dunha Rede de Competencia en Ciberseguridade. Os proxectos baixo este topic axudarán a construir e fortalecer as capacidades de seguridade cibernética na UE e proporcionarán valiosos aportes para a futura configuración desta rede cun Centro Europeo de Investigación e Competencia nesta materia.
|
|
Data de peche: 29 de maio de 2018.
|
|
Máis información |
|
EVENTOS |
|
Startup Europe Week 2018 |
|
5-9 marzo 2018 |
|
Horizon2020 Secure Societies European Infoday and Brokerage Event |
|
Bruxelas, 12-13 marzo 2018 |
|
European Robotics Forum |
|
Tampere, 13-15 marzo 2018 |
|
International B2B Matchmaking at Oceanology International 2018 |
|
Londres, 14 marzo 2018 |
|
|
|
|
|
9th European Networking Event for Researchers and Entrepreneurs |
|
Dusseldorf, 15-16 marzo 2018 |
|
Energy Match 2018 |
|
Vaasa, 21-22 marzo 2018 |
|
Digitising European Industry Stakeholder Forum 2018 |
|
París, 27-28 marzo 2018 |
|
IMM Industry 4.0 at MachTech&Innotech 2018 - B2B and Open Innovation Challenge |
|
Sofía, 28 marzo 2018 |
|
Mobile, Social Media and Artificial Intelligence Innovation Brokerage Event & Conference |
|
Bristol, 29 marzo 2018 |
|
NOTICIAS |
|
Investigacións financiadas con fondos comunitarios conducen a ideas "radicalmente novas" |
|
Un estudo publicado por investigadores europeos sinala que oito de cada dez proxectos de Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET) financiados pola UE xeran ideas "radicalmente novas". FET ten como obxectivo convertir a base científica de Europa nunha ventaxa competitiva. O esquema promove a investigación de alto risco con avances potenciais que poderían ter un impacto tecnolóxico ou social significativo. O estudo analizou 224 proxectos FET completados entre 2007 e 2014 no Sétimo Programa Marco.
|
|
Máis información |
|
Os Estados membros van beneficiarse de inversións para mellorar a calidade de vida dos cidadáns |
|
A Comisión Europea ven de aprobar un paquete de inversións de 98,2 millóns de euros para apoiar a transición de Europa hacia unha economía circular baixa en carbono no marco do programa LIFE nos ámbitos do medio ambiente e a acción polo clima. Este paquete contribuirá a mejollar a calidade de vida dos cidadáns europeos en cinco áreas: Natureza, Auga, Aire, Residuos e Acción polo Clima. Os proxectos de Malta e España abordan a escasez de auga, ofrecendo solucións para unha xestión sostible dos recursos hídricos, como poden ser a inversión en tratamento de augas ou a maior reutilización da auga.
|
|
Máis información |
|
Resultados do programa Eurostars-2 |
|
Na última ronda de avaliación de proxectos do programa Eurostars-2, que respalda proyectos internacionais de innovación que se comercializarán rapidamente, foron seleccionados 102 proxectos. Con 414 solicitudes recibidas, a taxa de éxito foi do 25%. Un total de 37 proxectos crearán produtos, servizos ou procesos innovadores en biotecnoloxía, seguido dos proxectos industriales (22), TIC (22), enerxía (13) e medio ambiente (10), entre as áreas tecnolóxicas máis destacadas. As próximas datas de corte son 01/03/18 e 13/09/18.
|
|
Máis información |
|
Publicado o ERC Consolidator Grant Panel 2017 |
|
O Consello Europeo de Investigación ven de publicar a lista dos miembros dos paneis do proceso de revisión por pares da convocatoria ERC Consolidator Grant 2017. Hai un total de 25 paneis, divididos entre os tres dominios: 9 paneis en Ciencias da Vida (LS), 10 paneis en Ciencias Físicas e Enxeñaría (PE), e 6 paneis en Ciencias Sociais e Humanidades (SH).
|
|
Máis información |
|
Taller “How to write a good proposal” |
|
A rede de Puntos Nacionais de Contacto do Reto Social 5, NCPs CaRE, organizará o taller "How to write a good proposal" o vindeiro 26 de abril en París. Desenvolvese no marco do brokerage event EEN "Space for Climate and Smart Mobility” (27 abril 2018). Está dirixido a todas aquelas Pemes que queiran presentar propostas ao Reto 5. No taller revisaranse os erros máis habituales e cómo evitarlos. Tamén se avaliará unha proposta real e compararase co Evaluation Summary Report orixinal. O taller é gratuito e o número de prazas é limitado (30 prazas).
|
|
Máis información |
|
O SERGAS e Televés participan no proxecto ACTIVAGE |
|
O proxecto europeo ACTIVAGE xa está en marcha en 7 países europeos. Financiado con 20 millóns de euros polo programa H202O, explora as posibilidades da Internet of Things (IoTs) para fomentar o envellecemento activo, mellorando a calidade de vida. No consorcio participan 49 organizacións europeas de distintos sectores, entre as que se atopan 11 grandes multinacionais, 14 centros de investigación ou universidades punteiras, o Servizo Galego de Saúde e a empresa galega Televés. Esta experiencia a gran escala vai involucar a 7200 persoas maiores. En Galicia vaise realizar un dos pilotos previstos. Traballarase en reducir o impacto do deterioro físico e cognitivo dos pacientes maiores de 60 anos con enfermidades crónicas, sen que estes se vexan obligados a abandoar o seu entorno. Espérase que participen unhas 700 persoas.
|
|
Máis información |
|
|
|