CONVOCATORIAS |
|
Primeira convocatoria ERA-NET PerMed |
|
Para alinear as estratexias nacionais de investigación, promover a excelencia, reforzar a competitividade dos actores europeos en Medicina Persoalizada e mellorar a colaboración europea con países non pertencentes á UE, 31 organizacións de financiamento acordaron lanzar a primeira convocatoria transnacional conxunta para proxectos de investigación colaborativos e innovadores en medicina personalizada. Esta ERA-NET, coordinada polo Instituto de Saúde Carlos III, está cofinanciada pola Comisión Europea.
|
|
Data límite envío pre-propostas: 10 de abril de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria CELTIC-PLUS |
|
O Cluster CELTIC-PLUS lanza unha nova convocatoria para proxectos colaborativos no ámbito das Telecomunicacións, próximos ás necesidades do mercado e das empresas. Como novidades, os participantes do proxecto do sub-consorcio de cada país poderán elixir a unha persoa de contacto principal que participará nas reunións de coordinación coa Oficina Celtic. A etiqueta Celtic expirará automaticamente despois de 10 meses se o progreso das negociacións de financiamento coas autoridades públicas é insuficiente.
|
|
Data de peche: 23 de abril de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatorias JTI ECSEL 2018 |
|
A Iniciativa Tecnolóxica Conxunta ECSEL (Electronic Components and Systems for European Leadership) ten abertas dúas convocatorias das catro que ten previstas para 2018:
- H2020-ECSEL-2018-1-IA-two-stage - Innovation Actions (IA) - Orzamento: 110,00 M€.
- H2020-ECSEL-2018-2-RIA-two-stage - Research and Innovation Actions (RIA) - 63,33 M€.
|
|
Data de peche (Pre-propostas): 26 de abril de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria AAL 2018 |
|
O programa Vida Activa e Asistida (AAL) ven de abrir a convocatoria de presentación de propostas ao reto 2018: “Smart Solutions for Ageing Well”. Pódese visualizar as gravacións do Infoday AAL para obtener máis información.
Como xa se informou nun boletín anterior, a diferencia de convocatorias anteriores, permitirase unha maior flexibilidade en canto a alcance, tamaño e duración dos proxectos e estará aberta a solucións dirixidas a calquera ámbito de aplicación dentro do dominio de vida activa e asistida.
|
|
Data de peche: 28 de maio de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Expertos en seguridade para o grupo EICS |
|
A Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (ENISA) lanzou unha convocatoria para invitar a expertos en seguridade de implementacións industriais de Internet das Cousas, a participar no seu grupo EICS- Industry 4.0 Ciber Security Experts Group. Este grupo ten como obxectivo reunir expertos para intercambiar puntos de vista e ideas sobre ameazas, desafíos e solucións de seguridade cibernética.
|
|
Máis información
|
|
CONSULTAS |
|
Consulta sobre Misións |
|
A Comisión Europea está traballando na proposta para o próximo Programa Marco, que sucederá ao actual Horizon 2020. Está tendo en conta varios informes de expertos, entre os cales está o da catedrática Mariana Mazzucato sobre a investigación e innovación orientada a misións, presentado o pasado 22 de febreiro: "Mission-Oriented Research & Innovation in the European Union - A problem-solving approach to fuel innovation-led growth”. Nel descríbese o concepto das misións, os criterios para seleccionalas e as cuestións a ter en conta para levalas a cabo satisfactoriamente.
A CE lanzou unha consulta para recabar opinións sobre os distintos aspectos das misións que se describen no informe, así como ideas sobre posibles misións de investigación e innovación.
|
|
Data de peche: 3 de abril de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Enquisa sobre as cadeas de valor na electrónica |
|
O 1 de febreiro de 2018 a Comisaria de Economía e Sociedade Dixital lanzou un proceso para actualizar a estratexia actual sobre electrónica en Europa. Como parte deste proceso, a CE busca explorar as fortalezas e os activos en cadeas de valor estratéxicas en compoñentes e sistemas electrónicos e identificar futuras iniciativas políticas, accións coordinadas e inversións necesarias para asegurar que Europa obteña todos os beneficios da transformación dixital. As preguntas plantexadas pretenden proporcionar unha visión xeral e axudar a analizar a dinámica da demanda e a oferta nos diversos ámbitos. O obxectivo esencial é co-desenvolver as políticas correctas para aumentar a resiliencia das cadeas de valor na electrónica en Europa.
|
|
Data de peche: 26 de abril de 2018.
|
|
Máis información
|