Número 6
Abril de 2018
O Piloto do Consello Europeo de Innovación apoiará a 257 pemes
O programa Horizon 2020 invirte case 13 millóns de euros en 257 pemes de 31 países para axudarlles a introducir con maior rapidez as súas innovacións no mercado. Estas empresas foron seleccionadas na última ronda do SME Instrument. Entre as pemes beneficiarias están dúas empresas galegas: Qubiotech Health Intelligence, S.L. e ELA, Ingeniería y Medio ambiente S.L. Estas empresas recibirán proximamente o servizo da Enterprise Europe Network ofrecido por GAIN aos beneficiarios de SME Instrument (servizo KAM).
Máis información



CONVOCATORIAS
Convocatoria IMI 14
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores vén de publicar a súa decimocuarta convocatoria cun orzamento de 82 millóns de euros e 4 topics:
- Topic 1: Targeted immune intervention for the management of non-response and relapse.
--Topic 2: Non-invasive clinical molecular imaging of immune cells.
- Topic 3: Development of a platform for federated and privacy-preserving machine learning in support of drug discovery.
- Topic 4: Centre of excellence - remote decentralised clinical trials.
Data de peche 1ª fase: 14 de xuño de 2018.
Máis información

Convocatoria EIT 2018
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) ten aberta unha convocatoria de propostas para a creación de 2 novas comunidades de coñecemento e innovación (KICs) nas seguintes áreas temáticas:
- EIT-Manufacturing- Fabricación de valor engadido. Fortalecemento e aumento da competitividade da industria manufacturera de Europa.
- EIT-Urban-Mobility- mobilidade urbana. Transporte urbano máis ecolóxico, inclusivo, seguro e intelixente.
O EIT está a fomentar a integración do espíritu emprendedor do «Triángulo do coñecemento» da educación superior, a investigación e as empresas, co fin de conseguir innovacións disruptivas.
Data de peche: 12 de xullo de 2018.
Máis información

Base de datos de expertos independentes
Lembrar que a Comisión Europea busca expertos para axudar nas tarefas de avaliación de propostas, seguimento de proxectos, avaliación de programas e deseño de políticas. Os candidatos interesados teñen que rexistrar o seu perfil na base de datos de expertos independentes, accedendo a través do Portal do Participante.
Máis información

Programa BERCE
A Universidade da Coruña ven de lanzar unha nova convocatoria de Berce, un programa que ofrece medidas específicas para solicitar unha axuda ao Consello Europeo de Investigación (ERC), apoiando a contratación de consultores expertos para a preparación de propostas e dando acceso a una praza laboral indefinida para os que resulten beneficiarios das axudas ERC.
Data presentación prioritaria: 20 de abril de 2018.
Máis información

EVENTOS
Jornada “Best Practice in addressing Intellectual Property (IP) & Impact in H2020”
Gijón, 17 abril 2018
Jornada Nacional Convocatoria MSCA COFUND 2018
Madrid, 24 abril 2018
Infoday JTI de BioIndustrias (BBI JU). Plan Anual de Trabajo 2018 (AWP 2018)
Madrid, 26 abril 2018
AgriResearch Conference “Innovating for the future of farming and rural communities”
Bruxelas, 2-3 maio 2018
LIFE Information & Networking Day 2018
Bruxelas, 4 maio 2018
Fiware Global Summit
Oporto, 8-9 maio 2018
NaviGate Matchmaking 2018
Turku, 16-17 maio 2018
Blue Invest 2018
Bruxelas, 17 maio 2018
EUREKA Innovation Days 2018 - "The power of collaboration"- Matchmaking
Helsinki, 22-24 maio 2018
NOTICIAS
Resultados convocatoria ERC Advanced Grant 2017
O Consello Europeo de Investigación publicou hai uns días os resultados da convocatoria Advanced Grant 2017: un total de 269 proxectos gañadores que recibirán 653 millóns de euros. España recibirá 18 destas axudas, nos centros españois onde os investigadores líderes van desenvolver os seus proxectos. A próxima convocatoria Advanced Grant 2018 abrirá o 17 de maio de 2018 e contará cun orzamento aproxidado de 450 millóns de euros.
Máis información
Breve guía sobre topics relevantes para SSH no Programa de Traballo 2018-2020
A rede de Puntos Nacionais de Contacto de Ciencias Socioeconómicas e Humanidades (Net4Society) publicou unha breve guía sobre Oportunidades para investigadores de Ciencias Socioeconómicas e Humanidades no Programa de Traballo 2018-2020 de Horizon 2020. O obxectivo deste documento é ofrecer unha visión xeral das convocatorias e dos temas que teñen aspectos sustanciais de Ciencias Sociais e Humanidades (SSH).
Máis información
Webinar SME Instrument
COPERNICUS, a iniciativa conxunta da Comisión Europea y da Axencia Espacial Europea que persegue construir un sistema autónomo de observación da Terra, organizou un seminario en liña sobre Instrumento Peme. Este instrumento, dirixido ás pemes, cubre fases diferentes dependendo da madurez do proxecto. A Fase 1 (da idea ao concepto): financia a creación dun plan de negocios detallado e proporciona asesoramento empresarial para definir segmentos de mercado e usuarios finais. A Fase 2 (dende o concepto ata a madurez no mercado): financia a implementación do proxecto e proporciona tamén asesoramento empresarial. Pódese visualizar o seminario a través da seguinte ligazón.
Publicada a Folla de Ruta para a implementación da EOSC
O 14 de marzo a Comisión Europea adoptou o documento coa Folla de Ruta para a Implementación da iniciativa sobre acceso aberto a datos científicos EOSC (European Open Science Cloud). O documento da unha visión xeral das seis liñas de acción para a súa implementación: a) arquitectura, b) datos, c) servizos, d) acceso e interfaces, e) regras e f) gobernanza. O financiamento está asegurado ata o 2020 a través do Programa de traballo de Horizon 2020 (incluidos 300 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento do núcleo da federación EOSC e o piloto de datos abertos FAIR).
Máis información
Proxectos EUREKA e clusters
Na reunión do grupo de alto nivel de EUREKA celebrada en marzo de 2018, aprobáronse un total de 29 proxectos da rede EUREKA e dos clusters Penta, Itea 3 e Celtic plus. Cun custo total de 148 millóns de euros e 204 participantes de 26 países, estes proxectos impulsarán a innovación tecnolóxica nunha ampla gama de áreas, dende desenvolvementos de 5G e Internet of Things, ata análise de datos, protección de datos, almacenamento e suministro de enerxía, así como a produción intelixente de bens de consumo e alimentos. Salientar que hai participación española en 15 proxectos.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
H2020-LC-SC3-EE-9-2018-2019: coordinator and a bank sought for joining a proposal on evaluation tool for financing of Energy Efficiency projects by banks
A Bulgarian SME together with partners from Norway, Belgium and Portugal prepare proposal under the call H2020-LC-SC3-EE-9-2018-2019 “Innovative financing for energy efficiency investments”. They will develop and disseminate new tool for evaluation and financing of Energy Efficiency projects (EEP). The project is based on already existing financial tool to be customized for end-users. Partners sought are: an experienced coordinator in Horizon 2020 and a bank to validate tool's functionalities.
Máis información
Eurostars2: A Korean company is looking for R&D partners to develop Internet of Things (IoT) and sensor networked smart product
A Korean SME, a leading company in distribution industry of system integration and solution merged with information technology (IT) seeks partners for Eurostars2. The SME is concentrating on IoT and sensor networked smart products. R&D institutes, universities, or companies that have expertise in IoT are sought to improve the techniques applicable on IT industry. Therefore, the technology and products would be more innovative through this project under research cooperation agreement.
Máis información
H2020 - INNOSUP-03-2018: Blockchain integration in platform for secondary raw materials
An Italian company offers a unique platform at European level, integrating all information tools and databases of the waste management sector operators, with the aim to facilitate the creation of business partnerships among them. The company is interested in finding complementary partners for a project proposal under H2020- INNOSUP-03-2018, for circular economy in public organisations, assocations, companies and research centres. The company is interested in research cooperation agreements.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.