Número 8
Maio de 2018
HORIZON EUROPE
O pasado 2 de maio a Comisión Europea presentou a súa proposta de orzamento para o próximo Programa Marco de Investigación e Innovación da UE, denominado Horizon Europe. O programa estará organizado ao redor de tres piares:

1. Ciencia aberta.
2. Retos globais
3. Innovación aberta.


A proposta inclúe 97.600 millóns de euros para o periodo 2021-2027, convertíndoo así no maior programa de financiamento de investigación e innovación da historia.
Ficha informativa | Máis información

CONVOCATORIAS
Convocatoria aberta para apoiar empresas especializadas en Big Data
O proxecto europeo European Data Incubator (EDI) financiado por Horizon 2020, conta cun fondo de 5 millóns de euros para apoiar a pemes e novas empresas especializadas nas tecnoloxías de Big Data. As entidades seleccionadas nesta primeira convocatoria que está actualmente aberta recibirán servizos de apoio. Ademais, unha empresa podería recibir ata 100.000 euros de investimento a fondo perdido e seleccionaranse ata 45 equipos para participar nun evento en Berlín de aceleración denominado "Explore".
Data de peche: 27 de xuño de 2018.
Máis información

Primeira convocatoria do programa de aceleración en robótica
Vense de abrir a primeira convocatoria do programa de aceleración en Robótica, RobotUnion, para startups que traballen nas áreas de Fabricación, Saúde, Agricultura e Insfraestrutura civil. Está respaldado por 14 socios de 7 países. As mellores empresas tecnolóxicas seleccionadas poderán recibir ata 223.000 euros. Ademáis, as dúas mellores startups poderían obter ata un millón de euros de investimento privado.
Data de peche: 3 de xullo de 2018.
Máis información

Convocatoria H2020 Seguridade
Está aberto o prazo para a presentación de propostas aos 12 topics relacionados coa Seguridade, concretamente nas áreas:
- Borders and External Security (BES) - 3 topics.
- Fight against Crime and Terrorism (FCT) - 3 topics.
- Disaster-Resilent Societies (DRS) - 3 topics.
- General Matters (GM) - 3 topics.
Data de peche: 23 de agosto de 2018.
Máis información

Convocatoria Bioindustrias
A iniciativa tecnolóxica conxunta de Bioindustrias (BBI) ten aberta a súa quinta convocatoria. Cun orzamento de 115 millóns de euros, inclúe 21 topics nos 4 seguintes piares:
- Materia prima de biomasa
- Procesamento
- Produtos innovadores de base biolóxica para aplicacións de mercado identificadas
- A aceptación do mercado
Data de peche: 6 de setembro de 2018.
Máis información

Convocatoria de expertos para o proxecto Cross4Health
O proxecto Cross4Health, centrado en promover e apoiar solucións innovadoras en saúde, está buscando expertos independentes para participar na avaliación de propostas que se presenten ás súas convocatorias ou para colaborar, como xurado, nos eventos de selección das mellores ideas innovadoras, así como asesorar e capacitar aos equipos participantes. Particularmente están buscando expertos con máis de 10 anos de experiencia profesional como avaliadores/revisores ou membros de xurados noutros eventos.
Máis información

EVENTOS
Horizon 2020 Food, Agriculture Information Day and Brokerage Event
Bruxelas, 25-26 xuño 2018
Rexistro aberto ata o 27 maio!!
Eureka Innovation Days 2018- The power of collaboration
Helsinki, 22-24 maio 2018
Jornada informativa nacional Acciones Individuales MSCA 2018
Madrid, 28 maio 2018
Conference “Innovative Europe? Time for a new EU innovation strategy”
Bruxelas, 5 xuño 2018
TechSummit 2018
Bratislava, 6-7 xuño 2018
MariMatch- EEN Brokerage Event for the maritime sector
Atenas, 6-7 xuño 2018
Water JPI International Conference on Emerging pollutants in freshwater ecosystems
Helsinki, 6-7 xuño 2018
Vision, Robotics & Motion Brokerage Event 2018
Veldhoven, 6-7 xuño 2018
E² Tech4Cities 2018 – Energy & Efficiency Technologies for cities & Pitching session
Bruxelas, 7 xuño 2018
Automotive Day 2018 - B2B Matchmaking event
Luxemburgo, 7 xuño 2018
2018 GEO SYMPOSIUM - Earth Observations for impact
Xenebra, 11-12 xuño 2018
NOVAS
A Comisión presenta un plan para aproveitar ao máximo a intelixencia artificial
A Comisión Europea ven de presentar unha serie de medidas para poñer a Intelixencia Artificial (IA) ao servizo dos europeos e impulsar a competitividade de Europa neste campo. Ao redor dunha cuarta parte de toda a robótica de servizos industriais e profesionais está sendo producida por empresas europeas. A IA é unha das tecnoloxías máis estratéxicas do século XXI e Europa quere estar á vangarda.
Máis información | Ficha informativa IA
2.100 millóns de euros en fondos de capital risco
A Comisión Europea e o Fondo Europeo de Investimentos puxeron en marcha un programa de fondos-de-fondos paneuropeos de capital risco (VentureEU) para estimular o investimento en empresas innovadoras emerxentes e en expansión en toda Europa. O acceso a capital risco desempeña un papel fundamental na innovación. Estes fondos aspiran a mobilizar ata 2.100 millóns de euros en investimentos públicos e privados. Espérase que poidan acceder a este financiamento ao redor de 1.500 empresas no conxunto da UE.
Máis información
Lanzamento do Radar de Innovación da UE
A Comisión Europea lanzou o Radar de Innovación, unha ferramenta en liña que proporciona un acceso fácil a innovacións que foron apoiadas con financiamento da UE e aos innovadores que están detrás delas. Permitirá descubrir os resultados obtidos e dará oportunidade de buscar innovadores que poidan seguir os pasos de compañías como Skype e TomTom, que tamén recibiron financiamento nos seus comezos.
Máis información
Presentacións sobre a área da Seguridade
En marzo e abril tiveron lugar algunhas sesións informativas sobre a área de Seguridade. Pódense descargar as presentacións dende as seguintes ligazóns:
- Secure Societies Infoday and Brokerage Event - Bruxelas - 12-13 marzo 2018.
- H2020 Secure Societies International Info Day and Brokerage Event - Varsovia - 11 abril 2018.
Presentacións sobre a convocatoria de Bioindustrias
Tras o lanzamento oficial da convocatoria 2018, a Iniciativa Público-Privada de Bio-Industrias (BBI JU) organizou en Bruxelas o seu quinto evento informativo no que se rexistraron preto de 600 participantes. Nas sesións da mañá proporcionouse información sobre a iniciativa e todos os aspectos relacionados co proceso da convocatoria. Durante a tarde leváronse a cabo máis de 700 reunións entre os participantes. O evento foi gravado e pódese visualizar a través da seguinte ligazón, así como descargar as presentacións que se realizaron.
Máis información
Xornada "El Programa FET y el European Innovation Council (EIC)"
O 12 de abril organizouse no Ministerio de Economía, Industria y Competitividad unha xornada sobre o Programa Tecnoloxías Futuras e Emerxentes e sobre o Consello Europeo de Innovación. Pódense descargar as presentacións dende a seguinte ligazón.
Futuro dixital e Computación de alto rendemento
Arredor de 130 actores relevantes de academia, industria e lexisladores reuníronse en Bulgaria, para debater o papel da computación de alto rendemento (HPC) na transformación do futuro dixital de Europa. Esta conferencia constituiu unha oportunidade para que os participantes compartiran información sobre o potencial de HPC para axudar a satisfacer os retos sociais, científicos e industriais en Europa, e considerar os plans da UE para apoiar o desenvolvemento de tecnoloxía, aplicacións e capacidades, así como fomentar a creación dun ecosistema europeo relevante en HPC.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
H2020 M-ERA NET call 2018 - Innovative technology for production of high-strength composite roadside barriers – partners are sought from any organisation eligible to participate in the call and able to perform tasks described in the summary
A project proposal for M-ERA.NET Call is under preparation. Objective of the project is to develop production technology for thermoplastic composite roadside barriers, progressing from TRL2 to at least TRL4. The design and manufacture technology of barriers will be worked out by the research institute from Latvia. Partners are sought for high-rate mechanical testing of materials, crash simulations of the virtual barrier prototypes, certification of the barriers, and coordination of the project.
Máis información
Active Assisted Living 2018 call “Smart Solutions for Ageing Well”: project consortium is looking for a project partner, a company with experience in selling/marketing sports/medical accessories such as wristbands
A Slovenian public research organization is looking for a partner with experience in selling/marketing sports/medical accessories such as wristbands to join a project consortia for the Active Assisted Living 2018 call “Smart Solutions for Ageing Well”. The consortia aims to develop services that improve quality of life for the elderly who live at home independently. The partner should be able to market and sell the systems developed after the end of project.
Máis información
H2020 Call Security - Enhance urban train stations & users security with innovative solutions (pre-commercial procurement scheme). End users and buyers are requested
A French regional government is leading a project proposal on H2020 Security topic with a joint pre-commercial procurement (PCP) scheme. The project aims to enhance urban train stations security with innovative solutions. The region is working with the French national railway company and they are looking for buyers and end-user organisations from 3 EU countries active in the passenger railways sector and interested in co-financing R&D projects addressing the security challenges.
Máis información
UK-based SME and UK-based university seek partners for proposal to H2020: LC-SC3-NZE-1-2018 Advanced CO2 capture technologies
A UK-based SME and UK-based university have developed a novel carbon capture and storage process. They are looking to develop the concept to demonstrator / pilot stage and are submitting a proposal to the LC-SC3-NZE-1-2018: Advanced CO2 capture technologies call topic in Horizon 2020. They are looking for consortium partners with expertise in industrial refrigeration, mechanical handling and process control design and implementation under a research cooperation agreement.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.