Número 9
Xuño de 2018
Javier Montenegro, premio "Joven Investigador Sigma-Aldrich 2018"
A Real Sociedade Española de Química (RSEQ) concede un dos seus cinco premios anuais ao investigador ERC Starting Grant do CiQUS, Javier Montenegro, que tamén é o líder dun proxecto internacional financiado polo prestigioso programa HFSP (‘Human Frontier Science Program’). O galardón, que premia a proxección demostrada por xóvenes químicos ao comezo das súas carreiras independientes, avala a traxectoria deste investigador, que nos últimos años ten destacado por éxitos científicos notables, como a obtención dunha das axudas europeas do Consello Europeo de Investigación (ERC).
Máis información

CONVOCATORIAS
Eurostars 2018, apoio para pemes intensivas en I+D+i
O programa conxunto Eurostars estimula proxectos internacionais de investigación colaborativa e innovación (mínimo 2 socios de países diferentes). O líder debe ser unha peme que realice actividades de I+D+i. O proxecto permitirá á empresa convertir unha idea en produto e comercializalo rapidamente, compartindo a experiencia e beneficiándose de traballar máis aló das fronteiras nacionais. Eurostars adopta un procedemento de financiamento descentralizado, polo que os fondos aprobados son xestionados polos organismos de financiamento dos países participantes (en España, CDTI). Salientar que o CDTI vai organizar proximamente talleres para revisar propostas e aclarar dúbidas deste programa.
Data de peche: 13 de setembro de 2018.
Máis información

Futuros topis da Iniciativa de Medicamentos Innovadores
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores ven de publicar os borradores dos textos de topics para as súas próximas convocatorias:
- Integrated research platforms enabling patient-centric drug development.
- Blockchain enabled healthcare.
- Microenvironment imposed signatures in tissue and liquid biopsies in immune mediated disease.
- Emerging translational safety technologies and tools for interrogating human immuno-biology.
- Development and validation of translational platforms in support of synaptopathy drug discovery.
- Digital transformation of clinical trials endpoints.
Data prevista de apertura: xullo de 2018. (Convocatoria en dúas fases)
Máis información

Competición Europea de Navegación por Satélite
A maior rede de innovación e incubación europea dedicada á navegación por satélite (ESNC) ofrece servizos de apoio e unha incubación rápida para produtos, servizos e ideas de negocio que usen a navegación por satélite na vida cotiá. A Competición Europea 2018 premiará as mellores iniciativas que se presenten aos desafíos: Retos rexionais e Premios especiais. No caso do Retos rexionais, débese seleccionar aquel que mellor respalde o caso de negocio, non importando onde se encontre a iniciativa a presentar. Sinalar que Galicia tamén participa. O gañador do Reto de Galicia recibirá un programa completo de incubación de 12 meses nun dos centros de iniciativas empresariais locais xestionados pola Zona Franca de Vigo.
Data de peche: 31 de xullo de 2018.
Máis información

O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía busca expertos
O EIT está continuamente buscando expertos externos para avaliar, supervisar e revisar o seu modelo de innovación e as súas Comunidades de Innovación (KICs). Xeralmente busca expertos con experiencia profesional en organizacións empresariais, educativas ou de investigación ou actividades integradas no Triángulo do coñecemento'. Os campos temáticos cubertos polas KICs son os seguintes: Mitigación e adaptación ao cambio climático, Tecnoloxías dixitais, Enerxía sostible, Vida saudable e envellecemento activo, Materias primas e economía circular, Cadea de suministro de alimentos sostible, Fabricación con valor engadido e Mobilidade urbana.
Máis información

EVENTOS
COSME Info Day 2018
Bruxelas, 11 xuño 2018
Brokerage event ICOE- International Conference on Ocean Energy/Seanergy 2018
Cherbourg, 12-14 xuño 2018
Water Innovation Europe 2018
Bruxelas, 13-14 xuño 2018
Holland Circular Economy Week
Amsterdam, 14 xuño 2018
FOOD 2030 Conference Research & Innovation for Food and Nutrition Security - Transforming our food systems
Plovdiv, 14-15 xuño 2018
ECSEL JU Symposium 2018- Shaping digital innovation
Helsinki, 19-20 xuño 2018
CHIST-ERA Conference 2018
Helsinki, 19-21 xuño 2018
International Event on Space Opportunities in H2020
Zurich, 20 xuño 2018
BE-Mat 2018 - Event on Materials, Raw Materials & Circular
Anacapri, 20-22 xuño 2018
University-Industry Interaction Conference 2018
Londres, 20-22 xuño 2018
Brokerage event dedicated to Energy Efficiency
París, 21 xuño 2018
NOVAS
España é o cuarto país que máis fondos recibe de Horizon 2020
Nos cuatro primeiros anos (2014-2017) España obtivo 2.816 millóns de euros, que supón un retorno do 10% UE. Xa se superan así os resultados acadados no anterior Programa Marco (FP7- 8,3%) e tamén os obxectivos marcados para H2020. Ademais España ocupa a primeira posición en canto a proxectos liderados, cun 15,8% do total. As empresas son as organizacións que máis contribúen ao retorno, obtendo o 38,3% do financiamento.
Máis información
Informe de impacto Instrumento Peme 2018
A Axencia Executiva para as Pemes (EASME) ven de publicar o segundo informe de impacto do Instrumento PEME. Con 8 empresas no mercado bursátil, 18 adquisicións e un total de 1.300 millóns de euros de inversión privada extra apancada, o Instrumento PEME tense convertido nunha peza clave esencial no escenario da innovación europea. O informe presenta datos acumulados dende 2014 ata finais de 2017, presentando os seus mellores éxitos, así como videos de testimonios.
Máis información
Novo folleto: Aproveite ao máximo o seu proxecto Horizon 2020
Como parte das actividades do IPR Helpdesk no campo da xestión da propiedade intelectual e a maximización do impacto nos proxectos de Horizon 2020, desenvolveron un novo folleto informativo co fin de aclarar a terminoloxía usada, ilustrando as diferenzas entre comunicación, difusión e explotación, e sinalando as áreas que teñen en común. Proporciona unha visión xeral útil para o plan e a estratexia de divulgación e explotación do proxecto.
Máis información
Publicado o informe anual da iniciativa do Grafeno
A iniciativa emblemática do Grafeno publicou o informe resumo dos logros e resultados clave do ano 2017. Lanzada en 2013, esta iniciativa das Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET) está a medio camiño da súa viaxe de dez anos para levar o grafeno do laboratorio á fábrica.
Máis información
Nova guía de redes sociais para proxectos Horizon 2020
Vense de publicar unha nova guía sobre o uso das redes sociais nos proxectos de Horizon 2020. Esta guía axudará a usar as redes sociais nas actividades de difusión e comunicación dos proxectos. Pódese acceder dende o Manual en liña no Portal do Participante ou a través da seguinte ligazón.
Máis información
Informe "Redescubrindo a industria"
A Comisión Europea nomeou un Grupo Estratéxico de alto nivel sobre tecnoloxías industriais para avaliar, debatir e recomendar o apoio á investigación e innovación na área das Tecnoloxías Facilitadoras Clave (KETs). Este grupo propón dúas novas tecnoloxías facilitadoras: a intelixencia artificial e a seguridade e conectividade. Tamén aconsellan que a biotecnoloxía debería extenderse ás ciencias da vida e debe continuar priorizándose as tecnoloxías avanzadas de fabricación, materiais avanzados e nanotecnoloxías, micro e nanoelectrónica, así como a fotónica. O grupo recomenda que a UE e os Estados membros centren as súas políticas no "crecemento inclusivo" e na protección sostible do noso planeta. O obxectivo principal é que Europa sexa o mellor lugar para vivir, estudar, traballar e prosperar.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
H2020 SU-INFRA01-2018-2019-2020 A Greek Transmission System Operator (TSO) is searching for other TSO partners notably interested in the field of prevention,detection,response and mitigation of combined physical and cyber threats to critical infrastructure
A Greek Transmission System Operator (TSO) has been setting up a consortium to answer H2020 SU-INFRA01-2018-2019-2020 call. The company is searching for other TSO companies under a research partnership agreement, aiming to develop an instalation specific approach that will adress all critical factors needed to secure existing or future, public or private, connected and interdependent power and distributionm installations, plants and systems.
Máis información
NEXT-GENERATION FUNCTIONAL MATERIALS AND PROCESSING METHODS FOR TANDEM ENERGY GENERATION AND STORAGE
We aim to realize planar electro-chemical energy storage devices coupled with thermo-electric and/or piezoelectric generators in a compact but scalable setup using next-generation functional materials in near-thin-film formations (mm-grade device thickness).
Máis información
UK SME seeks partners for proposal to Innovate UK Open Round 5 or 6, to develop a high-efficiency uncooled combustion engine
UK London based SME is developing uncooled internal combustion engines (ICEs) for all hybrid applications and fuels, including hydrogen. The piston/cylinder assembly is being manufactured from structural ceramics. Around one third of fuel energy is currently dissipated in cooling systems - this waste is eliminated. Partners are sought with experience in fuel delivery systems, ceramic materials, turbocharging and exhaust energy recovery for an application to Innovate UK Open Round 5 or 6.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.