Número 3
Maio de 2019
Programa LIFE - Convocatorias 2019
O programa LIFE é o instrumento financeiro da Comisión Europea que ten como obxectivo contribuír á implementación, actualización e desenvolvemento de lexislación e políticas da UE relacionadas co clima e o ambiente. O programa acaba de abrir a convocatoria de propostas de proxectos para o ano 2019. O programa financia dende pequenos proxectos individuais ata grandes proxectos en consorcio. No mes de abril tivo lugar en Madrid unha xornada na que os técnicos da EASME (Axencia Executiva para ás Pemes) presentaron as novidadas da convocatoria. As presentacións da xornada pódense atopar aquí.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria Active and Assistive Living 2019
Xa está aberta a convocatoria de propostas 2019 do programa da asociación Active and Assistive Living (AAL). A temática deste ano é “Solucións intelixentes e sustentables para envellecer mellor”. A convocatoria apoia proxectos colaborativos, innovadores, transnacionais e multidisciplinares que teñan como obxectivo desenvolver solucións TIC dentro das áreas de traballo da AAL.
Data de peche: 24 de maio de 2019.
Máis información

Convocatoria de premios para proxectos do VII Programa Marco e Horizonte 2020 cuxos resultados teñan impacto social
A Comisión Europea (CE) acaba de lanzar un premio para proxectos financiados polos programas marco de investigación (H2020) e o VII programa Marco que produciran impacto social dentro e fóra de Europa. A CE outorgará 5 premios de 10.000€ e anunciará os gañadores no mes de setembro. O prazo para presentar candidaturas remata o 28 de maio de 2019.
Data de peche: 28 de maio de 2019.
Máis información

Convocatoria SHIFT2RAIL 2019
A convocatoria de propostas 2019 comprende 18 temáticas no ámbito da I+D no sector do ferrocarril. 6 son exclusivas para membros da Iniciativa Conxunta SHIF2RAIL e 12 abertas para outras entidades. As 18 temáticas pódense consultar aquí.
Datas de peche: 18 xuño 2019
Máis información

Convocatoria Premio Horizonte “O motor máis limpo do futuro”
Os premios Horizon ofrecen unha recompensa monetaria a calquera que poida enfrontar un desafío definido da maneira máis efectiva. O obxectivo dos premios é estimular a innovación e atopar solucións aos problemas que son importantes para os cidadáns europeos. O propósito do premio “O motor máis limpo do futuro” é estimular o desenvolvemento de tecnoloxías de motores e motores de nova xeración que empreguen combustibles convencionais. Estas tecnoloxías deberán ser capaces de reducir as emisións de contaminantes ao nivel máis baixo posible en condicións reais de condución. A Comisión Europea premia con 3,5 millóns de euros á persoa ou equipo de persoas que desenvolva o motor de combustión máis limpo.
Data de peche: 20 de agosto de 2019.
Máis información

Programa de traballo e convocatorias do Piloto mellorado do Consello Europeo de Innovación 2019-2020
O pasado mes de marzo a Comisión Europea presentou o programa de traballo para o ano 2019-2020 do novo Piloto mellorado do Consello Europeo de Innovación (EIC). O instrumento, enmarcado no programa H2020, ten como obxectivo apoiar a innovadores de primeira clase, empresas emerxentes, pequenas empresas e investigadores, con ideas brillantes que son radicalmente diferentes dos produtos, servizos ou modelos de negocios existentes, altamente arriscadas e co potencial para escalar a nivel internacional. O piloto reforma e simplifica varios instrumentos de financiamento xa existentes como o Instrumento Peme e os agrupa en dous esquemas:
  • O EIC Pathfinder, que comprende as convocatorias FET-OPEN e FET-Proactive. A financiación de proxectos deste esquema será exclusivamente a través de subvención
  • O EIC Accelerator, construido a partir do Instrumento Peme. A financiación poderá ser vía subvención ou a través da participación no capital
Máis información

EVENTOS
EUREKA Global Innovation Summit 2019
Manchester, 14 maio 2019
European Maritime Day
Lisboa, 16 maio 2019
chii Academy
Graz, 23 maio 2019
Herramientas europeas de financiación de la I+D+i en Economía Circular
Bilbao, 24 maio 2019
Free From Functional & Health Ingredients Matchmaking 2019
Barcelona, 28 maio 2019
3rd Advanced & Digital Manufacturing Meetings at +INDUSTRY 2019
Bilbao, 5 xuño 2019
EU Brokerage Event on KET in Horizon 2020
Mainz, 7 xuño 2019
CTMI 2019 - Matchmaking event - Mathematics & Industry
Santiago de Compostela, 23 de xullo 2019
NOVAS
Carlos Salgado recibe unha axuda Advanced Grant do European Research Council
O proxecto desenvolverase no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, e contará ademais coa participación de persoal investigador do Laboratório de Instrumentação e Física Experimental de Partículas de Lisboa (LIP) e da Universidade de Jyväskylä en Finlandia.

Estudar aspectos fundamentais na formación deste plasma primixenio nos aceleradores de partículas é o obxectivo do proxecto que lidera o director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, o profesor de Física Teórica da USC Carlos A. Salgado, co financiamento do European Research Council (ERC) que acaba de outorgarlle a axuda Advanced Grant, dotada con 2,5 millóns de euros para un período de cinco anos.

Máis información
Presentacións e vídeo do Infoday sobre as próximas convocatorias do Consello Europeo de Innovación relacionadas co programa FET (Tecnoloxías Emerxentes e Futuras)
O pasado 2 de abril a Comisión Europea organizou un Infoday para presentar os temas abertos do piloto do EIC (Consello Europeo de Innovación) relacionados co programa FET (Tecnoloxías Emerxentes Futuras) que pechan en setembro e outubro de 2019. Pódese consultar o vídeo da xornada na seguinte ligazón
Máis información
227 proxectos aprobados na convocatoria de febreiro de 2019 do Piloto do Consello Europeo de Innovación (EIC)
As empresas beneficiarias desta convocatoria recibirán un financiamento total de 13,7 millóns de euros que lles permitirá levar máis rápidamente as súas innovacións ao mercado. A maioría dos proxectos das empresas seleccionadas están relacionados cos sectores de tecnoloxías de información e comunicación (TIC), enxeñaría e saúde. España con 46 proxectos aprobados é o país cun maior número de proxectos. A empresa con sede en Vigo, 3D Interactives Solutions, S.L. cun proxecto relacionado coa creación dunha plataforma on-line para o eco-deseño de embalaxes en 3D encóntrase entre as entidades beneficiarias desta convocatoria.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
Italian company seeks partners for a H2020 FTI call: Hierarchical I/O Planning, Placement, and Optimization for Systems 4.0
Italian emerging EDA (Electronic Design Automation) company, delivering disruptive software solutions to enable and accelerate the 3D-design of electronic products is looking for 3 technological partners to apply for an H2020 EIC FTI. The project’s objective is to customize and demonstrate an advanced I/O planning technology that reduces design time, enabling a higher level of integration of 2.5D and 3D-IC for next generation electronic products in European and extra European markets.
Máis información
H2020-MSCA: Data Scientist (PhD) or researcher with several years of experience in computer science or related discipline sought for moving Know Your Costumer prototype to a Minimum Viable Product (MVP)
German SME develops a software prototype monitoring international business news in context of Know Your Customer (KYC) generating insights through visualizations. A final solution should combine web search algorithms with modern data visualization providing compliance-relevant news on business partners. Data Scientist (PhD)/experienced researcher in Computer Science or related discipline is sought within Society & Enterprise Panel of Individual Fellowships of Marie-Skłodowska-Curie actions.
Máis información
A French company is seeking an industrial company/research centre for developing a new performing display technology under a Eurostars project
A French company, expert in LED (light-emitting diode) display technologies, prepares a Eurostars project as coordinator. The project aims at developing and manufacturing new innovative display technologies, more performing while being mass-manufacturable at low cost. An industrial partner or a research centre, expert in component pick & place and mass transfer of microLed to the display is sought to build a research cooperation agreement.
Máis información
H2020-SC3-RES-1-2019 : Companies with expertise in photovoltaics fabrication, power device, sensors are sought
A French university will act as a coordinator of a European project aimed at developing new approaches for the fabrication of power devices. The consortium has identified 2 relevant calls to implement this project : LC-SC3-RES-1-2019 and LC-NMNP-32-2019. Industrial partners active in semiconductor electronics/sensor/photovoltaic (PV) are sought to complete the consortium.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.