Número 4
Maio de 2019
Reunións bilaterais Matemática-Industria no CTMI 2019
Do 22 ao 24 de xullo terá lugar en Santiago de Compostela a 1ª Conferencia de Transferencia entre Matemática e Industria (CTMI 2019) que ten como obxectivo a promoción e difusión de ferramentas matemáticas e as súas aplicacións industriais, a promoción de novas liñas de investigación e a colaboración para acadar a internacionalización das relacións industria-academia.

No marco deste evento, GAIN organizará o 23 de xullo a través da Enterprise Europe Network un encontro de reunións bilaterais co propósito de impulsar a cooperación entre industria e academia.


Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria ERC Advanced Grants - OPORTUNIUS
Xa está aberto o prazo para a presentación de propostas á convocatoria ERC Advanced Grants 2019 para financiar proxectos de investigadores excelentes cun recoñecido historial de logros de investigación.

O programa OPORTUNIUS pon a disposición dos investigadores que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a esta convocatoria.

Máis información: OPORTUNIUS

Data de peche: 29 agosto 2019.
Máis información
Convocatoria da Incubadora de Datos Europea
O obxectivo da Incubadora de Datos Europea é promover o desenvolvemento de produtos/servizos que solucionen desafíos empresariais en Europa a través da Economía de datos. O programa pretende potenciar os coñecementos das startups de Big Data europeas. O programa dura oito meses, de agosto de 2019 a abril de 2020, aínda que hai fases clasificatorias. Na primeira, Explorar, participarán os 50 proxectos seleccionados na convocatoria. Un Datathon en Berlín determinará que 17 pasan á fase Experimento. Tras dous encontros en Bilbao decidiranse as 7 entidades que accederán á última etapa: Evolución. Durante o proceso as empresas contarán con ata 100.000€ de financiamento e asesoría persoal.
Data de peche: 19 xuño 2019.
Máis información
Convocatoria de proxectos de investigación de patrimonio cultural
A Iniciativa Conxunta para o Patrimonio Cultural e o Cambio Global (JPI CH) acaba de anunciar unha nova convocatoria de proxectos transnacionais que financiará proxectos de investigación que afronten cunha perspectiva global a preservación do patrimonio cultural europeo. A Axencia Estatal de Investigación (AEI) financiará aos organismos de investigación de España que participen en proxectos aprobados na convocatoria transnacional.
Data de peche: 3 de setembro 2019.
Máis información
Convocatoria de Proxectos de enerxía xeotérmica no marco da ERA-NET Geothermica
O próximo 3 de xuño publicarase a convocatoria de proxectos transnacionais da ERA-NET Geothermica. O obxectivo da convocatoria é acelerar o desenvolvemento da enerxía xeotérmica globalmente. A convocatoria financiará proxectos demostradores de solucións de enerxía xeotérmica innovadoras cercanas ao mercado. A Axencia Estatal de Investigación financiará as entidades españolas elixibles con proxectos aprobados na convocatoria transnacional da ERA-NET Geothermica.
Data de peche: 13 setembro 2019.
Máis información
Convocatoria de proxectos Connected Europe Facility Telecom
O programa Connecting Europe Facility Telecom é un instrumento da UE dirixido a facilitar as interaccións entre administracións públicas, empresas e cidadáns, mellorando as infraestruturas de servizos dixitais e as redes de banda ancha. O 4 de xullo abrirá a segunda convocatoria de proxectos do ano 2019 e financiará proxectos de investigación nos seguintes temas:
  • Sistemas de interconexión de rexistros empresariais
  • Ciberseguridade
  • e-Saúde
  • Contratación electrónica
  • Xustiza electrónica europea
  • Plataforma europea para habilidades e traballos dixitais
  • Datos públicos abertos
O programa de traballo pódese consultar aquí.
Data de peche: 14 novembro 2019.
Máis información
EVENTOS
Advanced Manufacturing B2B Meetings at +INDUSTRY 2019
Bilbao, 5 xuño 2019
Materials for Health and Food Start-up Brokerage event
Madrid, 17 xuño 2019
Brokerage Event Horizon2020 Energy calls during Energy Info days
Bruxelas, 25 xuño 2019
EU Brokerage Event on KETs NMBP - Call 2020 & 360°
Estrasburgo, 27 xuño 2019
H2020 Brokerage Event on ICT, Advanced Materials and Manufacturing
Dublín, 3 xullo 2019
Horizon 2020 Health Partnering Day 2019
Bruxelas, 4 xullo 2019
NOVAS
Convocatoria das Accións Marie Sklodowska-Curie COFUND 2018: 5 proxectos concedidos a entidades españolas
A convocatoria COFUND das Accións Marie Sklodowska Curie (MSCA) é un mecanismo de co-financiamento que pretende estimular programas rexionais, nacionais ou internacionais, que fomenten a excelencia na formación dos investigadores, a súa movilidade e o desenvolvemento da súa carreira profesional. Na convocatoria COFUND de 2018, España foi o país con maior retorno, conseguindo 5 proxectos financiados.
Máis información
Publicación de módulos de aprendizaxe on-line de Propiedade Industrial
O equipo do European IP Helpdesk acaba de publicar na súa páxina web os vídeos de dous webinarios relacionados coa protección da propiedade industrial e intelectual. Estes dous vídeos son os primeiros dunha serie de vídeos que publicarán e que versarán sobre distintas temáticas co obxectivo de mellorar o coñecemento dos usuarios sobre a propiedade industrial e intelectual.
Máis información
Convocatoria de expertos para asesorar nas Misións do programa Horizonte Europa
Unha das novidades do novo programa marco de investigación europeo Horizonte Europa para o periodo 2021-2027 son as chamadas Misións. As Misións serán iniciativas con metas ambiciosas e ousadas con valor engadido europeo e que terán un amplo impacto na sociedade, economía e/ou ambiente. As misións poderán tratar temas como, por exemplo, a cura do cancro ou un océano sen plásticos. Estas Misións deseñaranse en colaboración cos cidadáns, os Estados membros, as partes interesadas e o Parlamento Europeo. A Comisión acaba de publicar unha convocatoria para seleccionar a individuos, asociacións de cidadáns, ONGs, etc. con experiencia e apaixonados da investigación e innovación, para asesorar sobre as Misións do programa Horizonte Europa.

A data de peche da convocatoria é o 11 de xuño.

Máis información
BUSCA DE SOCIOS
H2020-JTI-BBI-2019-SO3-D3: looking for an SME with expertise in biomass treatment through steam explosion or hydrothermal process
An Italian company active in the food industry is willing to create new value chains from a production byproduct within a demonstration project under H2020-JTI-BBI 2019 aimed at developing a functional ingredient to meet market requirements in different sectors. The company is looking for an SME based in the listed countries, with proven expertise in steam explosion or hydrothermal process at least at pilot scale, able to scale up the production process at a food grade level.
Máis información
Partners sought for EURIPIDES Project on Smart and Active Packing for Margarine Products
A Turkish company manufacturing edible fats/oils and serves to international customers is looking for technology partners from the EU countries to apply to the EURIPIDES Call under EUREKA Program for their project. The project aims to develop an active device to produce smart packaging solutions for margarine targeting the extension of the shelf-life. The Turkish company is seeking expertise on the In-Mold Labeling performance; an R&D agreement with a packing company is proposed
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.