Número 5
Setembro de 2019
Aberta convocatoria para apoiar plans para implantar a Economía Circular nas PEMES
O proxecto C-VoUCHER no que GAIN participa como socio, ten aberta a primeira convocatoria de réplica para pemes do sector da Saúde, Crecemento Azul, Téxtil, Agroalimentario e Fabricación que queiran desenvolver plans de viabilidade circular transformando as súas cadeas de valor lineais en circulares. As 18 pemes seleccionadas recibirán 15.000 € para desenvolver o seu plan de circularidade e accederán ao programa de réplica que inclúe:
  • Ata un mes de apoio dun deseñador experto para o desenvolvemento do plan de viabilidade.
  • Apoio na identificación de fondos adicionais para implementar o seu plan, mediante sesións de formación con expertos en financiamento público e privado.
Data de peche: 31 de outubro de 2019.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Axudas Merck de Investigación 2020
A Fundación Merck Saúde convoca a XXIX edición das Axudas Merck de Investigación. O obxectivo destas axudas é apoiar o talento científico nacional e financiar proxectos de investigación inéditos, presentados por investigadores que poidan levar a cabo o estudo proposto en España nun prazo mínimo de 1 ano e máximo de 3 anos. As áreas nas que se poden propor os proxectos de Investigación Clínica son:
  • Investigación Clínica en Alergoloxía
  • Investigación Clínica en Inmuno-Oncoloxía
  • Investigación Clínica en Fertilidade
  • Investigación Clínica en Esclerose Múltiple
  • Investigación Clínica en Enfermidades Raras (1)
  • Investigación Clínica en Endocrinoloxía e/ou Risco Cardiometabólico (2)
  • Investigación Clínica en Mediciña individualizada de Precisión
Outorgarase un total de 7 axudas, unha por cada área de Investigación, cada unha dotada con 30.000 €.
Data de peche: 31 de outubro de 2019.
Máis información
Convocatoria de propostas para creadores: WORTH
A iniciativa WORTH, financiada polo programa COSME, pretende o desenvolvemento de produtos innovadores na industria creativa a través de proxectos de cooperación transnacionais entre deseñadores, artesáns dixitais e tradicionais, así como creadores e socios tecnolóxicos. A terceira convocatoria de propostas acaba de ser lanzada e pechará o próximo 31 de outubro de 2019. As entidades seleccionadas nesta convocatoria beneficiaranse dun programa de incubación valorado en 60.000 € consistente en:
  • Paquete de comunicación incluíndo actividades de relación con medios internacionais, publicidade e comercialización a través de medios de comunicación social
  • 10.000€ en capital semente
  • Exhibición internacional de produto a través da participación en eventos de deseño internacional
  • Programa de mentores a medida
  • Colaboración intersectorial e participación en eventos de networking
  • Contactos profesionais
Data de peche: 31 de outubro de 2019.
Máis información
Convocatoria para proxectos de I+D no sector TIC entre Exipto e España.
A convocatoria conxunta do CDTI e o ITIDA (Information Technology Industry Development Agency) de Exipto, dirixida ao sector TIC, permitirá seleccionar e financiar proxectos de I+D en colaboración (ningún país debe ter máis do 70% de orzamento) entre entidades exipcias e empresas españolas. En España, o financiamento correrá a cargo do CDTI aplicando as condicións e procedementos dos Programas de Cooperación Tecnolóxica Internacional.

A recepción de propostas farase a través da Sede Electrónica do CDTI entre o 18 de novembro de 2019 e o 24 de febreiro de 2020.

Aquelas empresas que carezan de socio exipcio, poden enviar as súas expresións de interese durante o mes de setembro de 2019 a egipto@cdti.es a través do seguinte formulario para facilitar que ITIDA poda atopar socios exipcios.

Data de peche: 24 de febreiro de 2020.
Máis información
Convocatoria de propostas 2019 - Innovando e ampliando a base de uso e habilidades da HPC
Orzamento Global 40 M€
Data de peche: 14 de novembro de 2019.
Máis información
2019 CEF Telecom call - Plataforma europea para competencias e traballos dixitais (CEF-TC-2019-2)
Orzamento Global 1 M€
Data de peche: 14 de novembro de 2019.
Máis información
2019 CEF Telecom call - Datos públicos abertos (CEF-TC-2019-2)
Orzamento Global 5 M€
Data de peche: 14 de novembro de 2019.
Máis información
2019 CEF Telecom call - Contratación pública electrónica (eProcurement) (CEF-TC-2019-2)
Orzamento Global 1 M€
Data de peche: 14 de novembro de 2019.
Máis información
EVENTOS
Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)
Santiago de Compostela, 30 setembro 2019.
Horizon 2020 Transport info day and Brokerage Event in Brussels
Bruxelas, 7 outubro 2019.
Horizon 2020 for the Circular Economy and Transforming Industry #CETI_H2020
Varsovia, 9 outubro 2019.
Jornada informativa Horizonte 2020 Espacio – Convocatorias 2020
Madrid, 18 outubro 2019.
Business Meetings "Metamorphoses" on innovative materials
Marche-en-Famenne, 5 novembro 2019.
Lisbon Beyond Summit 2019
Lisboa, 6 novembro 2019.
Company mission in South Germany for companies in the field of aeronautics, space and defense
Múnic, 2 decembro 2019.
NOVAS
A galega Elena Pazos recibe 1,5 millóns do prestixioso programa Starting Grant
A científica galega, apoiada polo programa Oportunius, desenvolverá o seu proxecto no Centro de Investigacións Científicas Aplicadas (CICA) da UDC, onde ten o seu laboratorio. O proxecto SENSE financiado polo Consello Europeo de Investigación (ERC) está centrado no desenvolvemento de novos materiais moleculares intelixentes para o seu uso en biomedicina.
Máis información
O investigador galego do CSIC, Jorge de Torres Rodríguez, obtén unha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación
O investigador desenvolverá o seu proxecto de investigación no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) con sede en Santiago de Compostela. O proxecto analizará as razóns do éxito dos estados medievais do Corno de África, en contraste cos problemas dos estados contemporáneos na rexión.
Máis información
Vídeo e presentación sobre "Lump Sum pilot" en Horizonte 2020
A Comisión Europea incorporou ao manual H2020 Online Manual" do portal do participante un vídeo e unha presentación das accións piloto "Lump Sum".
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
UK London based business seeks partners for Horizon 2020 application developing Next-Generation Internet
UK start-up developing a decentralised Next-Generation Internet (NGI) platform is seeking partners with experience, projects and ideas for a H2020 EIC Accelerator (SME Instrument) application to enter into a research cooperation agreement. The application will seek a range of decentralised technologies for the benefit of individuals and the rapid digitisation of industry.
Máis información
H2020 LC-MG-1-13-2020: Decarbonising long distance shipping
A UK company and clean ocean foundation have formed a consortium to apply for the H2020 call aimed at decarbonising long distance shipping, by designing, building and fielding a new solar and wind powered craft. They are seeking a wide array of partners including ship builders and experts in solar panels, wind turbines and navigation systems, and ship builders as end users (ferries, cargo, tankers or cruise) to join the consortium via research cooperation agreement.
Máis información
H2020-CE-FNR-09-2020: Technological providers for removal of marine plastic and litter sought
A French aquaculture and marine resources cluster is looking for companies from Northern, Eastern and Central Europe which are able to develop automatic or remotely controlled wireless devices capable of collecting plastics and other litter from oceans, to complete their consortium for the Horizon 2020 CE-FNR-09-2020 call "Pilot action for the removal of marine plastics and litter".
Máis información
Polish R&D Institute is seeking project partners for MSCA-ITN-2020 Innovative Training Networks
Polish R&D Institute is seeking project partners with an expertise on rare earth materials and related fields for the development of a proposal. Polish entity is to be coordinator of the R&D project. The project aims to provide a broad overview of the current state of the art along with practical applications of physical phenomena in the rare-earths. Call ID: MSCA-ITN-2020 Innovative Training Networks.
Máis información
H2020 ICT-54-2020 - Seeking blockchain ledger developers and biometric companies to join bid to create genuine airline terminal ‘walk-through’ capability
A UK company & researcher are seeking additional consortium partners to apply for H2020 funding to develop a comprehensive, new digital re-engineering paradigm for airline passengers and operational stakeholders, enabling genuine Terminal ‘walk-through' capability. Seeking ICT companies/universities capable of demonstrating complex, innovative integrated software solutions using Blockchain, AI, together with Iris biometric companies for process co-development via research cooperation agreement.
Máis información
Eureka and bilateral calls: An Argentine fintech company is looking for a technology and strategic partner from Germany, Spain or Israel to develop a direct selling system
An Argentine fintech SME, with well-established products in the financial sector, seeks to expand its operations in the direct selling segment through the development of a system to empower door-to-door sales and microfinance transactions. The project aims to develop a progressive web app (PWA). An SME with development capabilities and market presence is sought for an R&D agreement in the framework of Argentina-Spain or Argentina-Israel Eureka calls or Argentina-Germany bilateral call.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.