CONVOCATORIAS |
|
Programa de aceleración "MoveUp" – Digital Attraxion |
|
A rexión belga de Wallonia lanza o primeiro programa de aceleración "MoveUp" de Digital Attraxion. Está dirixido a startups de todo o mundo que buscan entrar no mercado europeo dentro do campo das Smart Cities. A convocatoria está aberta para os seguintes temas: Intelligent Transport Systems (ITS), Mobility of Connected Objects/Internet of Things, Smart Environment e Big Data Analytics.
|
|
Data de peche: 8 de outubro de 2017.
|
|
Máis información |
|
Convocatoria para organizacións que dan soporte a PEMEs |
|
A Comisión Europea invita ás organizacións que traballen dando soporte a PEMEs na Unión Europea (asociacións sectoriais, asociacións industriais, cámaras de comercio, ...) a presentar a súa expresión de interese para recibir formación especializada nos ámbitos de eficiencia de recursos, eco-innovación e economía circular.
|
|
Data de peche: 18 de setembro de 2017.
|
|
Máis información
|
|
Convocatorias FET FLAGSHIP Human Brain |
|
A iniciativa de investigación emblemática de Tecnoloxías Futuras e Emerxentes Proxecto Cerebro Humano (HBP) ten abertas convocatorias para unirse á Plataforma Conxunta HBP nas seguintes áreas: Co-designing the HBP digital infrastructure for advancing the understanding of multilevel brain organisation; Data Protection Officer; Modelling Allosteric Drugs; Coordination of Gender Equality Activities e Comparative single cell analyses of principal neurons and interneurons in mice and humans.
|
|
Data de peche: 6 de outubro de 2017.
|
|
Máis información |
|
Convocatoria de Proxectos Transnacionais - ERA-Net HERA JRP |
|
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, participa cun orzamento de 500.000€ na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre Humanidades na área europea de investigación, no marco da ERA-Net HERA Joint Research Programme “Public Spaces: Culture and Integration in Europe”.
|
|
Data de peche: 24 de outubro de 2017.
|
|
Máis información |
|
EVENTOS |
|
Jornada informativa sobre Convocatorias Europeas 2018-2020 para Industrias Creativas |
|
Madrid, 26 setembro 2017 |
|
Porto Water Match 2017 |
|
Porto, 27-29 setembro 2017 |
|
Industrial Innovation Matchmaking Event 2017 |
|
Bruxelas, 3-4 outubro 2017 |
|
|
|
|
20TH EUROPEAN HEALTH FORUM GASTEIN- HEALTH IN ALL POLITICS - A BETTER FUTURE FOR EUROPE |
|
Salzburgo, 4-6 outubro 2017 |
|
Agri Innovations Summit |
|
Lisboa, 11-12 outubro |
|
Harnessing Research and Innovation for FOOD 2030: A Science Policy Dialogue |
|
Bruxelas, 16 outubro 2017 |
|
Conference on Innovation Procurement |
|
Tallín, 17-18 outubro 2017 |
|
Horizon 2020 Energy – Brokerage Event |
|
Bruxelas, 24 outubro 2017 |
|
NOTICIAS |
|
ERC StG 2017: 406 proxectos gañadores |
|
O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de anunciar a concesión das axudas ERC Starting Grant 2017 para 406 investigadores excelentes. O financiamento, que ascende a 605 millóns de euros en total, permitiralles establecer os seus propios grupos de investigación e desenvolver as súas ideas innovadoras. A esta convocatoria presentáronse 3085 propostas de proxectos, das que aproximadamente o 13% foron financiadas (22 proxectos para centros españois). Traballarán nunha amplia gama de temas, dende a investigación en saúde sobre infeccións crónicas ou asma, ata a xestión de desastres, a seguridade de redes e o cambio climático.
|
|
Máis información |
|
2018 Women Innovators Prize |
|
A Comisión Europea ven de lanzar a quinta edición do Premio da UE para Mulleres Innovadoras, que premia a mulleres empresarias que lograron innovacións sobresaíntes que levaron ao mercado. O primeiro premio é de 100 000 euros, cun segundo e un terceiro premio de 50 000 e 30 000 euros, respectivamente. Tamén se dará un premio especial de 20 000€, a unha innovadora excepcional (de 30 anos ou menos) ao inicio da súa carreira. Poderanse presentar candidaturas ata o 15 de novembro de 2017. As catro gañadoras anunciaranse o 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller.
|
|
Máis información |
|
V Seminario Oficina Europea |
|
A Oficina Europea de FECYT-MEIC organiza os días 24, 25 e 26 de outubro o V Seminario para xestores de Horizonte 2020, que estará centrado no Consello Europeo de Investigación, Acciones Marie S. Curie e Tecnoloxías Emergentes e de Futuro (FET), do Pilar de Ciencia Excelente, así como formación transversal de Ciencia con e para a Sociedade. Está dirixido principalmente ao persoal técnico das Oficinas de Proxectos Europeos de universidades, centros de investigación ou calquera persoa con capacidade multiplicadora do coñecemento adquirido.
|
|
Máis información |
|
|
|