Número 11
Setembro de 2017
Gain Informa
O presidente da CE propón a creación dunha axencia europea de ciberseguridade
Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea (CE) manifestou durante o seu discurso sobre o estado da Unión Europea, a necesidade da creación dunha Axencia europea de Ciberseguridade para previr a cibercriminalidade. Juncker comentou que a UE “está mal equipada de cara aos ciberataques” e proponse facer do dixital e da ciberseguridade unha das súas prioridades. No pasado mes de xullo, a CE xa anunciara que nos próximos meses tiña previsto presentar unha estratexia europea de ciberseguridade.
Máis información



CONVOCATORIAS
Cambio na última data de corte SME Instrument 2017 - Phase 1
Debido á apertura das convocatorias EIC Pilot (2018-2020), a última data de corte para presentar propostas á convocatoria de Instrumento PEME – Fase 1 adiántase un día. A data límite será o 7 de novembro de 2017.
Máis información
Premio Horizon “Zero Power Water Monitoring”
A Comisión Europea ten lanzadas as bases para o premio Horizon “Monitorización da infraestrutura da Auga Cero Enerxía”. A CE invita ao innovadores europeos a propoñer solucións basadas en tecnoloxías de sensores intelixentes inalámbricas e autoalimentadas, deseñadas para a monitorización en tempo real dos recursos hídricos. Otorgarase un premio de 2 millóns de euros á mellor solución que demostre o impacto positivo da sensorización, sen coste enerxético, na adquisición, monitorización, comunicación e análise de información sobre a auga. O prazo para presentar as propostas abrirase o 19 de decembro de 2017.
Máis información

EVENTOS
AED DAYS 2017- Clustering Aeronautics, Space and Defence Challenges and Opportunities B2B and Networking
Lisboa, 18-20 outubro 2018
IMI Stakeholder Forum 2017
Bruxelas, 18-19 outubro 2017
H2020 : Nanotecnologías, Materiales Avanzados, Biotecnología y Fabricación y Transformación Avanzadas. Jornada de presentación del Programa de Trabajo 2018-2020
Madrid, 19 outubro 2017
Horizon 2020 Energy Info Days
Bruxelas, 23-25 outubro 2017
Horizon 2020 Energy – Brokerage Event
Bruxelas, 24 outubro 2017
Nature-Based Solutions Conference- From innovation to common use
Tallin, 24-26 outubro 2017
European Cyber Security Challenge 2017
Málaga, 30 outubro 2017
AquaMatch 2017
Amsterdam, 2 novembro 2017
Raw Materials Week 2017
Bruxelas, 6-10 novembro 2017
Marimatch at EUROPORT 2017 - International Brokerage Event
Rotterdam, 8-9 novembro 2017
NOTICIAS
2130 proxectos innovadores buscan financiamento en Instrumento PEME Fase 1
A Comisión Europea recibiu 2130 propostas de pequenas e medianas empresas innovadoras para a Fase 1 da convocatoria de Instrumento PYME antes da data de corte do 6 de setembro de 2017. Presentaron propostas PEMEs de 43 países. O maior número de propostas foi de solicitantes italianos (340), seguidas de preto por españois (338) e británicos (129). Asimesmo as temáticas ás que se presentaron máis propostas foron a TIC (547), enerxía (231) e nanotecnoloxías (202).
Máis información
Actualización da Lista de Materias Primas Críticas (CRMs)
A Comisión Europea ven de publicar unha nova versión da lista de Materias Primas Críticas (CRMs) para la Unión Europea. Nesta versión incrementáronse a 27 as materias primas consideradas críticas. É interesante revisar este listado de cara as futuras convocatorias de Horizon 2020. Na seguinte ligazón pódese atopar a lista actualizada, documentación sobre a metodoloxía usada para a súa elaboración e outra información relacionada, como os principais países productores destas materias.
Máis información
ERC PROOF OF CONCEPT: Concedidas novas axudas para innovación
O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de publicar os resultados da segunda rolda da convocatoria Proof Of Concept 2017. Cincuenta e un investigadores recibirán financiamento para explorar o potencial comercial ou de innovación dos resultados da investigación ou desenvolvementos levados a cabo en proxectos que foron financiados polo ERC.

Os proxectos innovadores seleccionados abarcan unha gran variedade de temas, dende novas terapias de saúde ata a creación de mapas 3D detallados de estruturas forestais, ata un modelo de vixilancia oceánica para a conservación de peixes. As axudas recibidas poderán utilizarse, entre outras cousas, para establecer dereitos de propiedade intelectual, investigar oportunidades de negocio ou realizar validacións técnicas.

Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
COS-EINET-2017-3-04: lead partner sought for a support scheme to develop innovative start-ups in the tourism sector
Italian non-profit organisation is looking for a lead partner for a proposal to be submitted under COS-EINET-2017-3-04. The project objective is to support innovative start-ups in developing new products and services for the tourism sector. The organisation is looking for public bodies, universities or R&D centres from Southern Europe (Portugal, Spain, Croatia, Greece and Turkey) with interest in the tourism sector and expertise in international cooperation.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.