| CONVOCATORIAS |
|
| Convocatoria IMPACT Connected Car |
|
|
O programa IMPACT Connected Car da aceleradora IMPACT abre a súa primeira convocatoria para apoiar a Pemes e startups nos siguientes desafíos: Automoción, Infraestrutura e construción, Electrónica, TIC e TelCo e nas áreas transversais de Mobilidade e Servizos empresariais e de consumo. Seleccionaranse 25 beneficiarios e os 13 finalistas finais recibirán ata 60.000 € por proxecto, así como servizos de formación, aceleración e coaching. Buscan proxectos de alto crecemento entre un TRL 7 e un TRL 9 , con capacidade de crear valor económico e social. Salientar que entre as entidades que apoian esta iniciativa está o Centro tecnolóxico CTAG.
|
|
|
Data de peche: 10 de xaneiro de 2018.
|
|
| Máis información |
|
| Convocatoria INCluSilver |
|
| No marco do proxecto europeo INCluSilver, no que participa o Cluster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) xunto con outros 8 socios europeos, ten aberta unha convocatoria para a prestación de apoio financeiro. INCULSilver aportará ata 60.000 € por peme a través de bonos de innovación (bono para escalabilidade e internacionalización, bono de demostración, bono de transferencia tecnolóxica, bono de análise de viabilidade económica), bonos IPR e bonos de viaxe para apoiar ideas innovadoras no marco da nutrición persoal para persoas maiores.
|
|
| Máis información
|
|
| Segunda Convocatoria conxunta Brasil e España (Fase I) |
|
| O CDTI (España) e a FINEP (Brasil), no marco do seu Acordo Institucional invitan a presentar propostas ça Segunda Convocatoria Bilateral de Colaboración Tecnolóxica entre empresas de ambos países. Esta chamada permitirá seleccionar e financiar proxectos de I+D en colaboración entre unha empresa brasileña e unha empresa española. Na Fase I hai as seguintes datas de corte para a presentación das propostas: 31 marzo de 2018, 30 de xuño de 2018, 31 de outubro de 2018, 31 de marzo de 2019 E 30 de xuño de 2019.
|
|
| Máis información
|
|
| EVENTOS |
|
| H2020 Transport infoday and Brokerage Event |
|
| Bruxelas 13 decembro 2017 |
| Rexistro ata o 3 de novembro!! |
|
| Infoday Reto Social 3 - "Energía Segura, Limpia y Eficiente" |
|
| Madrid, 2 novembro 2017 |
|
| H2020 Reto Social 2: Sociedad alimentaria, agricultura y silvicultura sostenibles, investigación marina, marítima y de aguas interiores y Bioeconomía. Jornada de presentación del Programa de Trabajo 2018-2020 y Taller de revisión de propuestas |
|
| Madrid, 7 novembro 2017 |
|
| ICT Proposers' Day 2017 |
|
| Budapest, 9-10 novembro 2017 |
|
|
|
|
|
| Riga Comm 2017 Brokerage Event |
|
| Riga, 9 novembro 2017 |
|
| AVIATION 2017 |
|
| Linz, 12-14 novembro 2017 |
|
|
| SRIEE2017- Security Research, Innovation and Education Event |
|
| Tallin, 14-15 novembro 2017 |
| Rexistro ata o 30 outubro!! |
|
|
| Infoday convocatorias 2018-2020 Reto Social 5 H2020 |
|
| Madrid, 14 novembro 2017 |
|
|
| Infoday sobre Nuevas FET-Flagships |
|
| Madrid, 15 novembro 2017 |
|
NOTICIAS |
|
| Presentacións xornada IMPACT Growth e IMPACT Connected Car |
|
|
A Axencia Galega de Innovación organizou o día 10 de outubro unha xornada para a presentación dos programa IMPACT Growth e IMPACT Connected Car financiados pola Comisión Europea, nos que os proxectos seleccionados recibirán financiamento, formación e mentoring. As presentacións están dispoñibles na seguinte ligazón.
|
|
| Xornada |
|
| Presentacións dos Industrial Innovation Days |
|
| Os días 3 e 4 de outubro tiveron lugar en Bruxelas os Industrial Innovation Days, organizados pola Comisión Europea. Neste evento presentáronse as convocatorias de NMBP previstas para 2018 e 2019, incluíndo Open Innovation Test Beds, Nanotecnoloxías, Materiais para saúde e enerxía, Biotecnoloxía, así como as iniciativas público-privadas FoF, EeB e SPIRE. As presentacións realizadas pódense descargar a través da seguinte ligazón.
Tamén se poden visualizar as sesións a través dos enlaces que aparecen neste documento.
|
|
| EIT Innovation Forum |
|
| O Instituto Europeo de Innovación (EIT) organizou o seu Foro anual en Budapest, os días 16 e 17 de outubro. Durante o encontro coñecéronse os gañadores dos premios EIT Change, Venture e Innovators. Tamén se debateu para a estratexia futura do EIT para innovación en Europa despois do 2020. Todos os detalles e as gravacións na páxina do encontro.
|
|
| Máis información |
|
| Infoday & Partnering Day Horizon 2020 – 'Health, demographic change and wellbeing' |
|
| Está aberta a inscrición para o Info Day do Reto social 1 de Horizon 2020, que se celebrará en Bruxelas o 8 de decembro de 2017. Infoday.
O día anterior terá lugar un Partnering Day. O rexistro para este encontro estará aberto ata o 31 outubro! - Parnering day
|
|
|