Número 14
Novembro de 2017
Gain Informa
H2020 - Convocatorias 2018 abertas!
A Comisión Europea abriu as convocatorias 2018 para a maioría das áreas temáticas de Horizon 2020. No Portal do participante atópase a descripción detallada dos topics, as condicións das convocatorias e a información orzamentaria das convocatorias abertas.
Máis información



CONVOCATORIAS
Convocatoria ERC Consolidator Grant 2018
O Consello Europeo de Investigación (ERC) ten aberta a convocatoria Consolidator Grant 2018 para financiar proxectos ambiciosos na fronteira do coñecemento. Pódense presentar investigadores con experiencia postdoutoral de entre 7 e 12 anos, que teñan demostrado independencia científica, alto potencial de liderado e que estén no momento de consolidar os seus propios grupos ou liñas de traballo.
O programa Oportunius pon a disposición dos investigadores galegos, ou de calquera país que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia, un servizo de asesoramento para a presentación de candidaturas a esta convocatoria.
Data de peche: 15 de febreiro de 2018.
OPORTUNIUS || ERC-2018-CoG
NANOLEAP- Convocatoria para utilización de Plantas Piloto
O proxecto NANOLEAP financiado por Horizon 2020 ten aberta a segunda convocatoria para pemes que estén interesadas no uso dalgunha das plantas piloto que forman parte da rede. NANOLEAP ten como obxectivo a creación dunha rede de plantas piloto para o desenvolvemento de nanomateriais destinados ao sector da construción. As empresas seleccionadas poderán disfrutar de acceso gratuito a unha das plantas durante seis meses. Ademáis tamén se ofrecerán servizos de consultoría para o lanzamento dos novos produtos desenvolvidos.
Data de peche: 31 de decembro de 2017.
Máis información

Convocatoria escenarios de biodiversidade e servizos ecosistémicos
O proxecto BiodivERsA e o Foro Belmont lanzaron conxuntamente unha convocatoria Escenarios de Biodiversidade e Servizos Ecosistémicos. Un consorcio de grupos de investigación de ao menos tres países diferentes poderán solicitar fondos a través dun proceso en dúas fases.
Data límite pre-inscrición (obrigatoria): 1 de decembro de 2017.
Máis información

Convocatoria ERA-NET FOREST VALUE
Esta convocatoria ten un orzamento total de 25 millóns de euros aportados pola Comisión Europea e as 31 axencias de 19 países reunidos nesta Era-net. España participa nesta convocatoria a través do CDTI (que financiará empresas) e a Axencia Estatal de Investigación (que financiará organismos de investigación). As prioridades temáticas englóbanse dentro de dúas áreas: 1) xestión sostible e innovadora de bosques multifuncionais 2) a produción e procesamento industrial, produtos, conceptos e servizos innovadores.
Data de peche (1ª fase): 23 de xaneiro de 2018.
Máis información

EVENTOS
Societal Challenge 6 Work Programme 2018/2019 Information Day session
Bruxelas, 14 novembro 2017
Circular Economy European Summit 2017
Barcelona, 14-16 novembro 2016
Organic innovation days
Bruxelas, 15-17 novembro 2017
Jornada informativa Acciones MSCA Convocatoria Innovative Training Networks (ITN) 2018
Madrid, 21 novembro 2017
European Big Data Value Forum
Versalles, 21-23 novembro 2017
The 5th Annual European Cyber Security Conference
Bruxelas, 23 novembro 2017
One-day Workshop on Copernicus for Green Growth and Smart City development
Madrid, 28 novembro 2017
H2020: Transporte inteligente, ecológico e integrado. Jornada informativa
Madrid, 29 novembro 2017
NEM Summit 17 – “Smart content by smart creators”
Madrid, 29-30 novembro 2017
NOTICIAS
Programa de traballo H2020 2018 - 2020
Entre 2018 e 2020 invertiranse 30000 millóns de euros no programa de financiamento da investigación e a innovación, no que se inclúen 2700 millóns para pór en marcha un Consello Europeo de Innovación. O programa centra os seus esforzos nun número menor de temas, apoiando directamente as prioridades políticas da Comisión: Un futuro con baixas emisións de carbono, a proba de cambio climático, Economía circular, Dixitalización e transformación da industria e os servizos europeos, Unión da Seguridade e Migración. Tamén se destinará a proxectos de enerxía limpa en catro áreas interrelacionadas: enerxías renovables, edificios enerxeticamente eficientes, solucións de mobilidade eléctrica e almacenamento. Tamén fortalece a cooperación internacional. Investiranse máis de mil millóns de euros en 30 iniciativas emblemáticas. Por exemplo, traballarase con Canadá en medicina personalizada, con EEUU, Xapón, Corea do Sur, Singapur e Australia na automatización do transporte por carretera, coa India en desafíos relacionados coa auga e cos países africanos en seguridade alimentaria e enerxías renovables.
Nota prensa H2020 - WP 2018-2020
Retransmisión por webstreaming - Infoweek Reto Social 2
Do 14 ao 17 de novembro celébrase en Bruxelas a Infoweek do Reto Social 2. O programa inclúe un Infoday, un Brokerage Event, un día adicado á estratexia europea sobre Bioeconomía e o plan de acción, e outro adicado á Dixitalización da agricultura e das cadeas de valor alimentarias, así como a o Crecemento azul e a investigación e innovación. As conferencias poderanse seguir a través da Web do evento.
Máis información
Presentacións “Oportunidades H2020: Nanotecnoloxías, materiais avanzados, biotecnoloxía e novas formas de produción”
O 24 de outubro GAIN, como membro da rede EEN, organizou en Santiago unha xornada sobre a área temática de Horizon 2020 “Nanotecnoloxía, Materiais Avanzados, Biotecnoloxía e Fabricación Avanzada (NMBP)”. Nesta xornada presentáronse as principais novidades e as prioridades do novo programa de traballo, así como recomendacións para presentar unha proposta con éxito. Ademáis, os asistentes tiveron oportunidade de manter entrevistas individuais coa Punto Nacional de Contacto. As presentacións realizadas están dispoñibles na seguinte ligazón
Novo portal de visualización de datos de Horizon 2020
A Comisión Europea ven de pór en marcha unha nova ferramenta que permite visualizar a participación en Horizon 2020. Permite buscar e visualizar os resultados polos piares, áreas temáticas, topics, convocatorias, tipos de proxectos, ...

Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Galactea-Plus e Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.