Número 15
Novembro de 2017
Gain Informa
Participación de España en Horizon 2020
Segundo os últimos datos publicados pola Comisión Europea, España ocupa a terceira posición no ranking de contratos asinados, cunha taxa de éxito de 13,8%. Uns 6.595 participantes españois recibiron en total 2.394,90 millóns de euros.

O beneficiarios de axudas ERC foron un total de 235 investigadores (298,42 millóns de euros). As entidades principais en canto a número de participacións foron: CSIC (312), TECNALIA (149), Universidade Politécnica de Cataluña (97), Universidade Politécnica de Madrid (91) e ATOS (89).

Máis información



CONVOCATORIAS
WP 2018-2020 - Guía actividades relacionadas coas TIC
Aproximadamente 6000 millóns de euros do orzamento total de 30000 millóns de euros gastaranse para financiar investigación e innovacion no sector das TIC no último periodo de Horizon 2020. As TIC están presentes en moitas áreas. Acábase de publicar unha guía para axudar aos participantes a encontrar temas relacionados coas TIC nas diferentes partes do programa de traballo Horizon 2018-2020.
Máis información
Convocatorias Shift2Rail
Vense de publicar o programa de traballo 2018 da iniciativa conxunta para o sector ferroviario europeo Shift2Rail (S2R). No programa descríbese o alcance das actividades de investigación e innovación que se levarán a cabo a partir de 2018, que serán implementadas a través de convocatorias e/ou licitacións abertas aos seus membros e a terceiros. Tamén se detalla a estrutura de goberno da S2R e o orzamento de 2018.
Máis información

Convocatoria Economía azul sostible
O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca lanzou unha nova convocatoria para fomentar a economía azul sostible. Cuns 14,5 millóns de orzamento, céntrase en catro áreas: Demostración e mercado, loita contra o lixo mariño, redes azuis e restauración de ecosistemas. Apoiarase a innovación e o achegamento de resultados da investigación ao mercado. Outro obxectivo é aumentar a creación de capacidades e de redes para un uso sostible das nosas concas marítimas. Tamén apoiará a creación de empregos sostibles e o emprendemento.
Data de peche: 8 ou 28 de febreiro de 2018 (segundo temas).
Máis información

Clean Sky 2 – Sétima convocatoria (CfP07)
Xa está aberta a sétima convocatoria da iniciativa tecnolóxica conxunta sobre aeronáutica e transporte aéreo - Clean Sky 2. No programa de traballo 2018-2019 aparecen descritos as principais prioridades e os desafíos científicos que se deberán realizar nas Innovative Aircraft Demonstrator Platforms (IADPs), nos Integrated Technology Demonstrators (ITDs) e nas Transverse Activities (Eco-Design, Small Air Transport). Cun orzamento de case 73 millóns de euros, están abertos 72 topics.
Data de peche: 27 de febreiro de 2018.
Máis información

EVENTOS
Jornada " El Instrumento PYME de H2020 en el contexto del EIC-2018-2020"
Madrid, 28 novembro 2017
Jornada H2020: Transporte inteligente, ecológico e integrado. Jornada informativa
Madrid, 29 novembro 2017
Infoday H2020 retos sociais 2 e 3: Información práctica para propostas en agroalimentación e enerxía
Santiago, 29 novembro 2017
Wind Energy Matchmaking 2017
Amsterdam, 29-30 novembro 2017
Water Knowledge Europe
Bruxelas, 29-30 novembro 2017
Horizon 2020 Research Infrastructures Info Day
Bruxelas, 30 novembro 2017
Clean Sky 2 Info Day on the 7th Call for Proposals
Bruxelas, 30 novembro 2017
European Cyber Week
Rennes, 30 novembro 2017
FIWARE Tech Summit
Málaga, 29-30 novembro 2017
NOTICIAS
Xornadas Informativas CDTI - Horizon 2020
Nas últimas semanas o CDTI organizou xornadas informativas sobre diversas áreas temáticas de Horizon 2020. Pódense descargar as presentacións dende as seguintes ligazóns:
H2020 – Espazo (17/10/17).
H2020 – Enerxía limpa, segura e eficiente (02/11/17)..
H2020 – Reto social 2 (07/11/17).
Publicación da Axenda Estratéxica de Big Data
A Asociación Europea de Big Data (BDVA) ven de publicar a actualización da súa Axenda Estratéxica de Investigación e Innovación de cara ás convocatorias do último periodo de Horizon 2020 (2018-2020).
Máis información
Infoday Bruxelas Reto Social 5
Xa están disponibles os videos e as presentacións das sesións do Infoday do Reto Social 5 "Acción polo clima, Medio ambiente, eficiencia nos recursos e materias primas", celebrado en Bruxelas o 8 e 9 de novembro.

Máis información
Estatísticas convocatoria ERC Starting Grants 2018
Na última convocatoria de Starting Grants do Consello Europeo de Investigación (ERC) recibíronse un total de 3170 propostas, o que supón un incremento de preto do 3% con respecto á convocatoria anterior. O dominio ao que se presentaron máis solicitudes foi o de Ciencias Físicas e Enxeñaría (1345, 42%), seguido de Ciencias Sociais e Humanidades (915, 29%) e Ciencias da vida (910, 29%). Preto do 37% das propostas foi presentado por mulleres. Esta convocatoria conta cun orzamento de 581 M€, e prevese conceder unhas 391 axudas. Os proxectos seleccionados anunciaranse no verán de 2018.

Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Participa no Catálogo EEN H2020 Agrofood 2018-2020!!
A Enterprise Europe Network (EEN) vai elelaborar un catálogo cos perfís de entidades interesadas en participar nas convocatorias 2018-2020 do Reto social 2 (SC2) "Food security, sustainable agriculture and forestry, marine, maritime and inland water research and the bioeconomy" do HORIZON 2020. Para participar é necesario enviar cubertos un formulario por cada topic e/ou idea/s de proxecto.
Máis información
Eurostars: SME coordinator with expertise in electronic toys development and SMEs with expertise in inertial motion unit (IMU) integration and ad hoc software development sought
A Swiss university is preparing a Eurostars proposal. The aim is to develop a toolkit with augmented toys to assess, monitor and promote the motoric and cognitive abilities in children. For this research cooperation a R&D performing SME project coordinator already involved in the EU toy market, interested in opening new applications in the health area and SMEs for the integration of a inertial motion unit (IMU) in the toy and ad-hoc software development are sought for research cooperation.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.