Número 16
Decembro de 2017
Gain Informa
Nova estrutura do SME Instrument
No novo programa de traballo de Horizon 2020, o Instrumento PEME pasa a formar parte da iniciativa piloto do Consello Europeo de Innovación.Esta transición conleva tamén algúns cambios para ampliar o alcance dos seus beneficios:

- Enfoque de selección ascendente- eliminación de temas predefinidos, o que permitirá aos empresarios de todos os sectores presentar as súas innovacións creadoras de mercado.

- Revisión dos formularios- adaptación da estrutura e contido para simplificar o proceso, incluíndo unha lenguaxe empresarial máis adaptada á realidade.

- Incremento de avaliadores expertos cun perfil de inversor, co fin de considerar mellor os elementos relacionados co mercado.

- Entrevistas personais na Fase 2. Os solicitantes seleccionados terán que preparar unha presentación de 10 minutos e responder ás cuestións do xurado (expertos en tecnoloxía, negocios e inversións) durante 20 minutos.

Máis información



CONVOCATORIAS
Nova convocatoria IMI2
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI2) ven de abrir a súa convocatoria número trece, na que se inclúen 15 topics. Abarcan, entre outros temas, a diabete, a resistencia aos antimicrobianos, as enfermidades neurodexenerativas, o cancro e a seguridade dos medicamentos durante o embarazo e a lactancia. O orzamento total da convocatoria é 223 millóns de euros. As propostas avaliaranse en dúas fases.
Data de peche (1ª fase): 28 de febreiro de 2018.
Máis información
Convocatoria MSCA ITN 2018
Esta convocatoria da acción Marie Sklodowska-Curie de Redes de Formación Innovadora conta cun orzamento de 442 M€. Ten como obxetivo contratar e formar, por medio dunha rede internacional de centros públicos e privados, unha nueva xeración de investigadores creativos e innovadores, capaces de transformar os coñecementos e as ideas en produtos e servizos para beneficio económico e social da Unión Europea.
Data de peche: 17 de xaneiro de 2018.
Máis información

AAL Smart Ageing Prize
O Programa de Vida Activa e Asistida (AAL) lanzou a segunda edición do premio de Envellecemento Intelixente. Este ano búscase identificar as solucións máis prometedoras en Europa, en produtos e servicios que usen tecnoloxías dixitais innovadoras para axudar ás persoas maiores a participar plenamente na vida social. Os solicitantes deberán tener un prototipo en funcionamiento, ou ser capaces de producir un para a demostración na academia de mentores en maio de 2018. Os gañadores recibirán: Primeiro premio- 35000 €, Segundo premio: 10000€ e un premio do xurado de 5000€).
Data de peche: 30 de marzo de 2018.
Máis información

EVENTOS
Webinar on the IMI2 - Call 13 topic 'Improving the preclinical prediction of adverse effects of pharmaceuticals on the nervous system'
12 decembro 2017
Webinario I H2020 Reto 6 - Focus area DT Public Services
14 decembro 2017
H2020: Salud, Cambio demográfico y Bienestar. Jornada de Presentación de las Convocatorias 2018-2020
Madrid, 14 decembro 2017
Webinar on the IMI2 - Call 13 topic 'The value of diagnostics to combat antimicrobial resistance by optimising antibiotic use'
15 decembro 2017
Webinar on the IMI2 - Call 13 topic 'Genome-environment interactions in inflammatory skin disease'
15 decembro 2017
Infoday EUROSTARS - the programme which supports European collaborative projects
Estrasburgo, 15 decembro 2017
Webinario II H2020 Reto 6 – Migration
18 decembro 2017
NOTICIAS
Resultados Convocatoria ERC CoG 2017
O Consello Europeo de Investigación publicou os resultados da convocatoria Consolidator Grants 2017, coa que se outorgarán un total de 630 millóns aos 329 mellores investigadores de toda Europa. Estes investigadores levarán a cabo os seus proxectos en universidades e centros de investigación en 22 países. O ERC avaliou 2.538 propostas, das cales se financiarán o 13%. Un 32% das subvención total outorgarase a mulleres solicitantes. As axudas crearán aproximadamente 2.000 postos de traballo para postdoutorados, estudantes de doutorado e outro persoal que traballe nos equipos de investigación dos beneficiarios.
Máis información
Documentación Convocatoria MSCA ITN 2018
Xa están dispoñibles as presentacións da Xornada informativa sobre a nova convocatoria da acción Marie Sklodowska-Curie de Innovative Training Networks 2018, que se celebrou en Madrid o 21 de novembro de 2017. Evento ITN. Asemade Oficina Europea ven de recompilar unha serie de webinarios, ferramentas e documentación práctica xerada polos Puntos Nacionais de Contacto, co obxectivo de apoiar ás entidades que están preparando propostas nesta convocatoria. Doc ITN 2018
Infoday nacional do Reto Social 4
O 29 de novembro tivo lugar no CDTI unha xornada informativa sobre o Reto Social de Transporte intelixente, ecolóxico e integrado de Horizon 2020. No evento, ademáis das oportunidades que aparecen no novo programa de traballo 2018-2020, presentáronse os resultados provisionais obtivos por España nesta área: 4ª posición en canto a retorno, con 200 millóns de euros conseguidos. Pódense descargar as presentacións dende a seguinte ligazón.

INFOWEEK Reto Social 2
En boletíns anteriores informouse da celebración da Semana informativa en Bruxelas sobre o Reto Social 2 “Food security, sustainable agriculture and forestry, marine and maritime and inland water research and the bioeconomy” (14-17 novembro de 2017). Todos aqueles que non puideron asistir ou seguir as sesións a través de Internet, poden descargar as presentacións e visualizar os videos das distintas xornadas, a través das ligazóns de ‘More Information’ de cada unha delas.

Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Erasmus Mundus proposal : A consortium of 4 universities is looking for partners (companies, NGO's, etc) in the field of paleontology/geology
Four Universities have decided to join forces and offer the first joint Master programme in paleontology/geology. The consortium is actually looking for private/public international partners (companies, NGO's, NPO's, etc.) with strong expertise in fields such as petroleum exploration, drilling, scientific journalism, cultural tourism and environmental companies (impact assessment) to welcome master students for internships, to give courses for the Master or to give their financial support.
Máis información
Participa no Catálogo EEN H2020 Agrofood 2018-2020!!
A Enterprise Europe Network (EEN) está a elaborar un catálogo cos perfís de entidades interesadas en participar nas convocatorias 2018-2020 do Reto social 2 (SC2) "Food security, sustainable agriculture and forestry, marine, maritime and inland water research and the bioeconomy" do HORIZON 2020. Para participar é necesario enviar cubertos un formulario por cada topic e/ou idea/s de proxecto no que cada entidade esté interesada.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.