CONVOCATORIAS |
|
Convocatorias ECSEL 2017 |
|
A iniciativa tecnolóxica conxunta de Compoñentes e Sistemas Electrónicos (ECSEL) ten abertas as convocatorias para a presentación de propostas. Estas convocatorias desenvolveranse en dúas fases. No Plan de traballo anual pódense consultar os topics abertos, as condicións de participación e o financiamento dispoñible .
|
|
Data de peche 1ª fase: 11 de maio de 2017.
|
|
Máis información |
|
Convocatoria JPI MYBL 2017 |
|
España, a través do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e a Axencia Estatal de Investigación (AEI), participa na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais sobre cambio demográfico, no marco da iniciativa de programación conxunta(JPI) More Years, Better Lives. O topic da terceira convocatoria é: “Ageing and place in a digitising world”. Ten por obxectivo fomentar a investigación nos modos nos que a saúde e o benestar das persoas de idade avanzada poden mellorar grazas ao uso de novas tecnoloxías que favorezan un uso inclusivo orientado á aprendizaxe continua e ao espazo.
|
|
Data de peche: 3 de abril de 2017.
|
|
Máis información |
|
Futuros topics para IMI 2 |
|
Xa está publicada información sobre 5 topics que están en consideración para incluir en futuras convocatorias da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI 2).
|
|
Máis información |
|
EVENTOS |
|
Sesión informativa SWAFS H2020 |
|
Madrid, 22 marzo 2017 |
|
Water Market Europe |
|
Bruxelas, 28 marzo 2017 |
|
Conference on Opportunities for a Knowledge and Innovation Community in Urban Mobility |
|
Bruxelas, 29 marzo 2017 |
|
Infoday and Brokerage Event: ADVANCED MANUFACTURING in EUREKA |
|
Bruxelas, 30 marzo 2017 |
|
4th International B2B Software Days - The Future of Digital Business |
|
Bruxelas, 25-26 abril 2017 |
|
2nd Biobased Economy Conference – Turning waste into value |
|
Postdam, 27 abril 2017 |
|
Bio-Based Industries JU 2017 OPEN INFO DAY & BROKERAGE EVENT |
|
Bruxelas, 28 abril 2017 |
|
|
|
|
NOTICIAS |
|
A Comisión simplificará máis o Horizon 2020 |
|
Carlos Moedas, Comisario Europeo de Investigación, Ciencia e Innovación, presentou o pasado 28 de febreiro un paquete de medidas de simplificación nunha reunión con diputados do Parlamento Europeo, o Tribunal de Contas Europeo e as principais organizacións interesadas na investigación e a innovación. Segundo anunciou as novas medidas reducirán aínda máis a burocracia, o que fará que o programa sexa máis atractivo para os investigadores e as empresas máis innovadoras. As novas medidas simplificarán aínda máis as normas e procedimientos, facilitando a participación no Programa. |
|
Máis información |
|
Nova versión dos modelos de acordo de subvención |
|
A Comisón Europea ven de modificar os modelos de acordo de subvención Horizon 2020. Establecen, entre outros cambios, aclaracións, correccións e novas normas a favor dos beneficiarios, que poden ser aplicadas retroactivamente ás subvencións firmadas anteriormente. |
|
Máis información |
|
Proxectos financiados no Reto social 5 |
|
A Comisión Europea ten publicado un documento no que se presentan brevemente os 218 proxectos financiados nas convocatorias 2014, 2015 e 2016 do reto social "Acción polo clima, medio ambiente, eficiencia de recursos e materias primas”. Estas convocatorias centráronse en invertir en innovación sistémica promovendo a eficiencia dos recursos para unha economía máis verde e competitiva. En conxunto, estes proyectos mobilizan recursos por un total de 1.392 millóns de euros. |
|
Máis información |
|
Información Coordinadores proxectos H2020 |
|
Organizáronse en Bruxelas dúas xornadas: |
|
- “H2020 Coordinators’ Day: Amendments /Reporting and Payments”. 14 febreiro 2017. Presentacións | Gravación |
|
- “H2020 Coordinators' Day: Grant AGreement Preparation”. 1 marzo 2017. Presentacións | Gravación
|
|
O Consello Europeo de Investigación cumpre 10 anos |
|
Dende a súa creación, o ERC ten financiado a cerca de 7000 investigadores. O impacto acadado no ámbito da investigación europea é considerable e o seu apoio ten sido recoñecido en numerosos artigos de revistas internacionais. Para conmemorar este décimo aniversario, programáronse en España diversas actividades neste mes de marzo.
|
|
Máis información |
|
|
|