Número 4
Abril de 2017
Gain Informa
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías acada o recoñecemento María de Maetzu
O IGFAE acaba de ser distinguido como Unidade de Excelencia María de Maetzu pola Axencia Estatal de Investigación. Trátase do primeiro centro en Galicia en obter esta distinción, que supón un financiamento de 2 millóns de euros durante os próximos catro anos e oito contratos predoutorais. Este instituto está dirixido por Carlos Salgado (ERC Starting Grant 2011) e no que traballa Diego Martínez (ERC Starting Grant 2014 e investigador distinguido da Axencia Galega de Innovación a través do Programa Oportunius).

Máis información
CONVOCATORIAS
Convocatoria MSCA-IF-2017: Individual Fellowships (IF)
A Comisión Europea lanzou o pasado 11 de abril unha nova Convocatoria Marie Sklodowska Curie Action- Individual Fellowship. O obxectivo das Accións Individuais (IF) é o de mellorar o potencial creativo e innovador dos investigadores con experiencia a través de proxectos individuais. Trátase de fomentar a mobilidade internacional e intersectorial tanto en universidades, centros de investigación, infraestruturas de investigación, empresas e Pemes de toda Europa e fóra de ela. Os investigadores deberán:
- Ser Experienced Researcher (ER): ter na data de peche da convocatoria o título de doutor ou contar alomenos con 4 anos de experiencia en investigación a tempo completo.
- Cumprir coa regra de mobilidade.

Tipos de acción contemplados na convocatoria:

A) European Fellowships: Standard European Fellowship (EF - ST), Career Restart Panel (EF - CAR); Reintegration Panel (EF - RI); Society and Entreprise Panel (EF - SE).

B) Global Fellowships.

Data de peche: 14 de setembro de 2017.
Máis información
Avance sobre as futuras convocatorias Synergy Grant do ERC-Consello Europeo de Investigación
O ERC ten previsto relanzar esta convocatoria para financiar proxectos moi ambiciosos que requiran a colaboración de entre 2 e 4 Investigadores Principais.

Estes proxectos foron introducidos por primeira vez no 2012 para permitir a un grupo pequeno de investigadores e aos seus equipos abordar de forma conxunta problemas científicos excepcionalmente complexos.

Aínda non existe texto da convocatoria, pero espérase que siga un esquema similar ao de edicións anteriores. A posibles data de apertura da convocatoria será xullo de 2017 con peche en novembro de 2017. A Oficina Europea elaborou dous documentos de asesoramento que se poden consultar a continuación:

Máis información

Convocatoria ERA-NET GEOTHERMICA
A convocatoria ten por obxectivo o financiamento de proxectos demostrativos sobre o uso da enerxía termal e o seu achegamento ao mercado. Na ERANET participa o MINECO a través da Agencia Estatal de Investigación (AEI) e o CDTI. O financiamento do MINECO-AIE poderá cubrir a participación de Universidades, OPIS, Centros Tecnolóxicos e Institucións privadas sen ánimo de lucro. Complementariamente CDTI financia as empresas españolas.
Data de peche: 10 de xullo de 2017.
Máis información
EVENTOS
Webinario de Presentación Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA-IF 2017)
24 abril 2017
European High Performance Computing Summit Week 2017
Barcelona, 15-19 maio 2017
Technology Forum 2017 Matchmaking Event
Thessaloniki, 17 maio 2017
Horizon 2020 – Societal Challenge2 Infoday on Bio-based Industries Joint Undertaking (BBI JU) Annual Work Plan 2017 (AWP 2017)
Madrid, 18 maio 2017
European Maritime Day matchmaking event
Poole, 19 maio 2017
Automotive Day 2017, International Brokerage Event
Saarlouis, 18 maio 2017
EU Green Week
Bruxelas, 29 maio - 2 xuño 2017
NOTICIAS
Dúas novas empresas galegas conseguen financiamento de Instrumento Peme
A EASME ven de informar que 184 Pemes foron seleccionadas para financiamento na última ronda da Fase 1 de Instrumento Peme de H2020. Entre elas atópanse dúas galegas: Mestrelab Research S.L e Iceacsa Consultores S.L. Dende o lanzamento do programa, un total de 16 empresas galegas resultaron beneficiarias da Fase 1. Dúas destas empresas acadaron tamén a Fase 2 do programa. Próximas data de corte da Fase 1: 03/05/17 - 06/09/17 - 08/11/17.
Máis información
H2020- SME Instrument: Cambios nos formularios para reflexar os impactos sociais
Os cambios afectan á Parte B para a Fase 1 e Fase 2. Concretamente incluirán na sección 2.1.a "Impactos esperados" relacionados co cambio climático e o medio ambiente e con outros beneficios importantes para a sociedade. As novas plantillas pódense ver no Portal de Participante.
Máis información
Resultados Advanced Grant 2016 do ERC- Consello Europeo de Investigación
O pasado 7 de abril déronse a coñecer os 231 proxectos gañadores da convocatoria Advanced Grant 2016 que recibirán 450 millóns de euros. Destes, 26 millóns irán a centros de investigación españois onde 11 investigadores líderes poderán desenvolver proxectos punteiros en distintos ámbitos da ciencia.
Máis información
Aberto o Servizo Expresións de Interese Entidades Españolas - Accións Individuais MSCA IF 2017
A Oficina Europea lanza novamente o servizo de difusión "IF Expressions of Interest: Spanish Hosting Offers" dentro do portal ESHorizonte2020. O obxectivo é dar visibilidade ás entidades españolas que desexen contratar a investigadores post-doutorais no marco da convocatoria de Accións Individuais Marie Sklodowska-Curie H2020-MSCA-IF-2017. Este servizo estará dispoñible ata o mes de xullo de 2017.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
H2020: Coordinator (from Germany, Austria or Spain) and partners in Construction skills sought
A Macedonian Institute, active with R&D, is preparing a project proposal under the Work Program topic: EE-14-2016-2017: Construction skills. The Project aims to create and develop a training programme for improvement of energy efficiency skills of participants in construction value chain, by use of Building Information Modelling technique. It is looking for coordinator and project partners to further jointly apply for the call.
Máis información
A Hungarian authority invites a coordinator and partners to join a project entitled “Spreading the use of innovative financing schemes in Central and Eastern Europe to finance energy efficiency” under the call H2020 EE23 – 2017 Innovative financing schemes
A Hungarian authority mandated to finance energy efficiency investments looks for a coordinator and participants with previous experience on the topic from Spain, Germany and Italy to join project under the call H2020 EE23 – 2017- “Innovative financing schemes”. The aim of the project is the replication of European practices on professional risk assessment of Energy Service Company [ESCO] & Energy Performance Certificate [EPC] projects based on technical and financial due diligence.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.