Número 5
Maio de 2017
Gain Informa
PRÓXIMAS XORNADAS HORIZON 2020
GAIN vai organizar, en colaboración co CDTI, unha serie de xornadas informativas centradas no Horizon 2020: Enerxía segura, limpa e eficiente (23/05/2017); Aeronáutica e espazo (30/05/2017); Instrumento PEME (06/06/2017); e Tecnoloxías emerxentes (15/06/2017). O lugar de celebración será a sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela. En breve publicaranse programa e formulario de inscrición.

Máis información
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA BBI 2017
A Asociación Público-Privada de Bioindustrias (BBI- Bio-based Industries) ten aberta a súa cuarta convocatoria para a presentación de propostas a un dos 16 topics indicados dentro das 4 orientacións estratéxicas do programa de traballo 2017: “Feedstock”, “Process”, “Products” e “Market uptake”.

Orzamento convocatoria: 81 M€.

Data de peche: 7 de setembro de 2017.
Máis información
LIFE 2017
A Comisión Europea ven de abrir unha nova convocatoria de propostas do programa LIFE. Con preto de 260 millóns de euros financianse proxectos nas distintas áreas prioritarias dos subprogramas de Medio ambiente e Acción climática. Existen 4 tipos de accións a financiar: "Traditional" projects, Preparatory projects, Integrated projects e Technical Assistance projects.

Data de peche: 7 de setembro de 2017.
Máis información

6th Call Clean Sky
Ata o 21 de xuño estará aberto o prazo para a presentación de propostas á sexta convocatoria de Clean Sky 2, o programa europeo de I+D que persegue desenvolver unha industria aeronáutica e unha cadea de suministro en Europa forte e competitiva a nivel global. A convocatoria inclúe 74 topics ou prioridades temáticas (Desc_topics_CFP06.pdf) e dispón dun orzamento total de 68,8 M€.
Máis información
EVENTOS
Jornada "EC Communication Campaign: Segunda ola de simplificación en las Reglas de H2020"
Madrid, 18 maio 2017
Jornada Nacional Acciones MSCA IF 2017
Madrid, 30 maio 2017
Information and Networking event: LIFE 2017
Bruxelas, 31 maio 2017
Cities for Food Systems Innovation and Green Jobs
Bruxelas, 31 maio 2017
EIP Seminar "Digital Innovation Hubs: mainstreaming digital agriculture"
Kilkenny (Irlanda), 1-2 xuño 2017
Manufacturing Summit 2017 – "Manufacturing 4.0: The Key Drivers Enabling Competitiveness and Societal Prosperity"
Cernobbio (Italia), 7-8 xuño 2017
SusChem 2017 Stakeholder Event
Bruxelas, 8 xuño 2017
NOTICIAS
A Comisión outorga o Selo de Excelencia a 2300 investigadores
A Comisión ven de conceder, por primeira vez, certificados de "Seal of Excellence" a máis de 2300 investigadores en reconoñecemento das súas propostas de investigación de alta calidade no marco das accións Marie-Skłodowska-Curie (MSCA). Outórganse a todos os investigadores cuxas propostas de Becas individuais MSCA 2016 alcanzaron unha puntuación de 85 ou máis, pero non puideron ser financiadas debido á natureza altamente competitiva do programa. Este selo ofrece aos solicitantes un recoñecemento pola calidade do seu traballo, que poden utilizar para seguir desenvolvendo as súas carreiras e para apoiar a súa busca de financiamento alternativo a nivel rexional ou nacional.
Máis información
Presentacións BBI Infoday & Brokerage Event
A iniciativa tecnolóxica conxunta de Bioindustrias organizou un evento en Bruxelas, tras o lanzamento oficial da convocatoria de 2017. Máis de 590 participantes rexistráronse no evento. Xa están dispoñibles as presentacións e a gravación do encontro que tivo lugar o 28 de abril.
LIFE e a Economía Circular
O programa LIFE publicou un documento sobre un dos maiores desafíos ambientais, sociais e económicos dos próximos 30 anos: a transición a unha economía circular. Abórdanse as distintas áreas temáticas relacionadas coa economía circular: produción, consumo, xestión de residuos, mercado de materias primas secundarias, así como os cinco sectores prioritarios identificados no Plan de Acción da Economía Circular da UE de decembro de 2015: Biomasa e produtos biolóxicos, materias primas críticas, residuos de alimentos y residuos de construcción y demolición. O programa LIFE ten invertido arredor de 1.000 millóns de euros dende 1992 en máis de 700 proxectos relacionados coa economía circular en materia de reutilización, prevención e reciclaxe de residuos.
Máis información
Foro CDTI – H2020. Bioeconomy Societal Challenge. Towards FOOD 2030 Strategy Implementation
O CDTI, en colaboración con FIAB e a Plataforma Tecnológica Food for Life Spain, organizou o foro “H2020. Bioeconomy Societal Challenge. Towards FOOD 2030 Strategy Implementation. No transcurso do evento amosouse un documento público no que se empezan a esbozar as prioridades en Nutrición, Sostibilidade, Circularidade e Innovación.

As presentacións da xornada pódense descargar dende a seguinte ligazón

.
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Urgent H2020 EE06 : French SME looks for energy suppliers or distribution system operators(DSO)
A French SME, specialized in behavior change solutions, is looking for energy suppliers or distribution system operators, to present a H2020 project, aiming at developing an efficient consumers’ coaching service for energy savings. The French SME will coordinate the consortium.
Máis información
EUROSTARS2: Looking for partners for developing advanced metering infrastructure (AMI) total platform
A Korean SME specialized in developing the AMI(Advanced Metering Infrastructure) total solution is preparing a project proposal under the EUROSTARS2 programme. The R&D project is about further developing and designing of the AMI solution which is adaptable to local condition and could monitor the pricing information of the electricity in real-time. Company or institute with expertise and experience in developing electric energy system is welcomed to join for collaboration.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.