Número 7
Xuño de 2017
Gain Informa
XORNADAS HORIZON 2020
Dende GAIN queremos agradecervos a vosa participación nas xornadas informativas de Horizon 2020 que organizamos. Para todos aqueles que non puidestes asistir, informámosvos que se poden descargar as presentacións das seguintes sesións:

- Enerxía segura, limpa e eficiente (23/05/2017).

- Instrumento PEME (06/06/2017).

CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA INNOLABS
O proxecto INNOLABS, financiado por H2020, ten como obxectivo promover a colaboración, a transferencia de coñecementos e oportunidades entre as PEMEs de diferentes países e sectores, para desenvolver, mellorar e ofrecer tecnoloxías disruptivas relacionadas principalmente con mHealth, atención sanitaria persoalizada e envellecemento da poboación. Na súa primera convocatoria seleccionaranse as 25 mellores ideas para entrar no programa de aceleración, ás que ofrecerán un soporte por valor de ata 50.000 €. O proxecto tamén ten aberta unha convocatoria para seleccionar expertos independentes con alta experiencia en: saúde, e-health, m-health, TIC para a saúde, biotecnoloxía e medicina. Os candidatos poden presentarse a unha ou ás dúas categorías previstas: Innolabs evaluator e/ou Innolabs jury.
Data de peche: 30 de setembro de 2017.
Máis información
Premio Horizon “Materials for clean air”
Para mellorar a calidade do aire nas cidades, o desafío deste premio é desenvolver unha solución material que reduza a concentración de partículas no aire. A contaminación atmosférica segue sendo un grave problema para a saúde producindo efectos adversos sobre o cambio climático e os ecosistemas. Por ese motivo, a Comisión Europea lanza este premio de 3 millóns de euros, co obxectivo buscar a mellor solución que poida reducir a concentración de partículas en áreas urbanas, diminuíndo así o seu impacto negativo nas persoas e no medio ambiente.
Data límite para a presentación de candidaturas:
23 xaneiro 2018.
Máis información
Space App Camp 2017
A Axencia Espacial Europea (ESA) invita a 20 desenvolvedores ao seu Centro de Observación da Terra (ESRIN) en Frascati (Italia), do 11 ao 18 de setembro de 2017. Para seren seleccionados, os candidatos deberán amosar as mellores aplicacións que teñen desenvolvido e a creatividade amosada nos traballos realizados con respecto ao contido, usabilidade e conceptos empresariais subxacentes. Todos os participantes do Space App Camp formarán parte da exclusiva comunidade de usuarios beta do Copernicus App Lab e poderán configurar a forma na que se accederá aos datos de observación da Terra no futuro.
Data límite de presentación candidaturas:
22 de xullo de 2017.
Máis información

EVENTOS
The Digital Innovation Networks Forum
Bruxelas, 27 xuño 2017
Net futures 2017 Conference –“ Internet, the economy and society in 2027”
Bruxelas, 27 xuño 2017
New world order: Science, technology & trade - Shaping the next Framework Programme
Bruxelas, 27 xuño 2017
Jornada Informativa European Research Council (ERC): Synergy & Individual Grants 2018
Barcelona, 28 xuño 2017
European Workshop on Bioeconomy
París, 28-29 xuño 2017
Smart Health Partnering Event
Zurich, 29 xuño 2017
Conference Research & Innovation – Shaping our Future
Bruxelas, 3 xullo 2017 (Web streaming)
The future of Transportation World Conference
Colonia, 5-6 xullo 2017
A New Era for Blue Enlightenment
Lisboa, 12-14 xullo 2017
NOTICIAS
Energy Infodays WP 2018-2020. SAVE THE DATE!
Os días 23, 24 e 25 de outubro terán lugar en Bruxelas os Infomation Days de Enerxía no que se explicarán os topics do programa de traballo 2018-2020. O rexistro para inscrición abrirase en setembro. Prevese a asistencia de máis de 700 persoas. Para aqueles que non poidan asistir, o evento transmitirase en web-streaming.
Máis información
Sesión informativa MSCA Individual Fellowship 2017
O pasado 30 de maio celebrouse en Madrid unha sesión informativa sobre a convocatoria Accións Individuais 2017 das accións Marie Skłodowska-Curie. Na sesión explicáronse os obxectivos e diversos detalles da convocatoria, así como aspectos prácticos para a preparación de propostas. Os asistentes tamén tiveron a oportunidade de coñecer a experiencia dalgúns beneficiarios e avaliadores.
Máis información
Infoweek H2020 - Reto social 2
A Axencia Executiva de Investigación (REA), a Dirección Xeral de Investigación e Innovación (DG RTD) e a Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural (DG AGRI) da Comisión Europea co-organizan unha Semana Informativa sobre o Reto Social 2 (SC2) de Horizon 2020 «Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sostibles, investigación mariña e marítima e interior e bioeconomía».

O infoday sobre o novo programa de traballo SC2 para 2018-2020 e o brokerage event, complementarase con outros eventos de divulgación e políticas de alto nivel, así como un día completo centrado en Bioeconomía. O prazo de rexisto abrirase en setembro.

Máis información
Xornada informativa programa COST
O 6 de xuño organizouse no Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, unha xornada informativa sobre COST, onde se explicou o programa, os procedementos de participación e na que tamén se puideron coñecer as experiencias dalgúns participantes.
Máis información
Xornada Sociedades Seguras 2017
O 13 de xuño tivo lugar no CDTI, unha xornada de apoio á preparación de propostas para a convocatoria 2017 de Sociedades Seguras. Pódense descargar as presentacións dende a seguinte ligazón:
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
EUROSTARS2: An innovative integrated system of a cleaning robot, a monitoring drone, and solar panels
A South Korean SME specialized in solar power plant and other electric works is developing an innovative solar power plant which is combined with a cleaning robot and a monitoring drone in order to improve solar power generation. The project aims to develop a self-drive cleaning and checking robot and a managing drone to increase work efficiency. They are now seeking European partners in the field to co-develop this integrated system in the context of a EUROSTARS project.
Máis información
Eurostars partner search: SME coordinator with expertise in electronic toy development and SMEs with expertise in inertial motion unit (IMU) integration and ad hoc software development sought
A Swiss university is preparing a Eurostars proposal. The aim is to develop a toolkit with augmented toys to assess, monitor and promote the motoric and cognitive abilities in children. For this research cooperation a R&D performing SME project coordinator already involved in the EU toy market, interested in opening new applications in the health area and SMEs for the integration of a inertial motion unit (IMU) in the toy and ad hoc software development are sought for research cooperation.
Máis información
EUROSTARS2: particle dispersion simulation system
A Korean SME specialized in application software is currently working on a project to develop a particle dispersion simulation system. It is the system to predict the diffusion of particles based on monitoring and analyzing. The SME is seeking partners to cooperate on the project.
Máis información
H2020 SME Instrument - Hungarian software developer company is looking for validation partners interested in transport management systems
A Hungarian company specialized in developing websites and software platforms has developed a logistic portal to improve collaboration in the supply chain of shipping freight and automate the most tasks of daily workflow. The software supports shippers, brokers and carriers in managing their core business The company is looking for validation partners to taking part of a H2020 SME Instrument phase2 project with favourable conditions.
Máis información
H2020 – FETOPEN-01-2016-2017: Novel object identification for future digital society
A Czech university is seeking partners to take part in their consortium for an Horizon 2020 project proposal. The aim of the project is to develop a new physical method to create machine - readable coinage (marking) inside of the product material. Companies focusing on R&D in laser technologies, modelling and simulation of physical and technological processes and research organisations or universities oriented on interaction of materials, coherent radiation and encoding creation are sought.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  opidi.gain@xunta.es e no teléfono 981 54 10 76
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.