Número 9
Agosto de 2017
Gain Informa
Convocatoria ERC Starting Grant 2018
O Consello Europeo de Investigación ven de publicar o borrador do seu novo programa de traballo para 2018, con información sobre as novas convocatorias Starting Grant, Consolidator Grant e Advanced Grant e o relanzamento de Synergy Grant 2018. Segundo o calendario previsto as primeiras convocatorias en abrir serán Starting Grant e Synergy Grant, o próximo 3 de agosto, con datas de peche o 17 de outubro de 2017 para StG2018 e o 14 de novembro para SyG2018.
O programa de traballo pódese descargar aquí.
O programa OPORTUNIUS pon a disposición dos investigadores galegos, ou de calquera país que desenvolvan a súa investigación nalgunha institución de Galicia, un servizo de asesoramento para as candidaturas aos diferentes esquemas do ERC.
Máis información sobre OPORTUNIUS



CONVOCATORIAS
Convocatoria proxecto EMPATTICS
O proxecto EMPATTICS (EMpowering PAtients for a beTTer Information and improvement of the Communication Systems) de contratación pre-comercial europea coordinado por ACIS acaba de lanzar a súa primeira convocatoria de contratación para atopar proveedores que poidan desenvolver e probar solucións TIC innovadoras para pacientes con enfermidades crónicas co obxectivo de incrementar o seu empoderamento e a súa calidade de vida.
Data de peche: 5 de setembro de 2017
Máis información
Búscanse expertos para os grupos de referencia do EIP-AGRI
Os grupos de referencia do EIP-AGRI son grupos temporais de expertos seleccionados que centran a súa atención nun tema específico, compartindo coñecementos e experiencias sobre o mesmo. Cada grupo reúnese dúas veces ao ano e explora solucións prácticas innovadoras a problemas ou oportunidades en cada tema específico, xerando un informe con recomendacións e conclusións. Os temas cubertos polos novos grupos de referencia son:
  • Da fonte ao sumidoiro en agricultura de cultivos
  • Horticultura circular
  • Mellora da produción e uso de enerxías renovables nas granxas
Data de peche: 6 setembro 2017
Máis información
Convocatoria de propostas para acceder a instalacións e laboratorios científicos do JRC
O Centro Común de Investigación europeo (JRC) lanza unha convocatoria piloto, para dar acceso a tres das súas instalacións en Ispra (Italia), nos campos de seguridade de edificios e nanobiotecnoloxías.
  • Laboratorio de Nanobiotecnoloxía

    A convocatoria para presentar propostas está aberta do 26 de xuño ao 29 de setembro de 2017.
  • Laboratorio Europeo de Evaluación Estructural (ELSA)

    A convocatoria de propostas está aberta do 18 de setembro ao 29 de decembro de 2017.
  • Instalación de Hopkinson Bar (HopLab)

    A convocatoria para presentar propostas está aberta do 26 de xuño ao 20 de outubro de 2017.

As propostas presentaranse a través do portal do JRC utilizando unha plantilla específica .

Máis información

EVENTOS
FOODSEG Symposium and Brokerage Event
Viena, 14-15 setembro 2017
AAL Forum 2017
Coímbra, 2-4 outubro 2017
IoT Solutions World Congress
Barcelona, 3-4 outubro
Industrial Innovation Days
Bruxelas, 3-4 outubro 2017
Agri Innovations Summit
Lisboa, 11-12 outubro
Harnessing Research and Innovation for FOOD 2030: A Science Policy Dialogue
Bruxelas, 16 outubro 2017
eHealthTallinn 2017: 'Health in the Digital Society. Digital Society for Health'
Tallin, 16-18 outubro 2017
NOTICIAS
O CHUS participa nun proxecto europeo de investigación sobre diagnóstico das enfermidades de Alzheimer e Parkinson, o proxecto Madia
O Laboratorio de Investigación en Neurociencias Clínicas (LINC) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (idis) participa nunha investigación europea sobre enfermidades neurodexenerativas, que busca desenvolver un dispositivo clínico que axude ao diagnóstico precoz das enfermidades de Alzheimer e de Parkinson antes da aparición da sintomatoloxía clínica.
Máis información
A Comisión busca avaliadores para o Consello Europeo de Innovación (EIC)
A CE lanza unha convocatoria de avaliadores con experiencia en innovación ou investimentos. Dende outono de 2017, o programa H2020 apoiará proxectos de innovación de investigadores, empresas e pemes activas en calquera sector ou área tecnolóxica co obxectivo de apoiar innovacións decisivas que teñan o potencial de crear novos mercados. Ditas actividades serán parte do piloto do Consello Europeo de Innovación (EIC). Para avaliar estas accións, a Comisión busca:
  • Emprendedores que puxeran en marcha e ampliaran con éxito empresas innovadoras a nivel europeo ou global
  • Investidores (expertos de bancos, capital risco, business angels, etc.)
  • Expertos involucrados no ecosistema de innovación (escolas de negocio, universidades, etc.)
Máis información
Documentación de apoio para a preparación de propostas MSCA IF 2017
A Oficina Europea ven de preparar documentación de apoio para investigador@s e centros de acollida que estean a preparar propostas para a Convocatoria Accións Individuais MSCA 2017, a convocatoria MSCA Individual Fellowships 2017 conta cun orzamento de 248,00M€ e abre ata o próximo 14 de setembro. A súa finalidade é fomentar a contratación de investigador@s con experiencia para a realización de proxectos de investigación de 12 a 36 meses en universidades, centros de investigación, infraestruturas de investigación, empresas, pemes e outros grupos socio-económicos de toda Europa e de fóra dela.
Máis información
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Eurostars2: Partner for establishing a consortium to develop a multiple upper limb muscle exercise device using virtual reality and head mounted display technology
A Korean SME specialized in automated machines is seeking partners to develop an upper limb muscle diagnosis and exercise device and submit a Eurostars2 project proposal. The potential partner is expected to have expertise in 3D computer graphic of virtual reality(VR) contents based on head mounted display(HMD), 3D sound, 3D video, remote video high-performance processing technology, and big data in hospital clinical test.
Máis información
Eurostars2: Develop Internet of Things(IoT) and sensor networked smart product
A Korean SME, a leading company in distribution industry of system integration and solution merged with information technology (IT) seeks partners for Eurostars2. The SME is concentrating on IoT and sensor networked smart products. It is seeking R&D institutes, universities, or companies that have expertise in IoT and relevant topics to co-develop via research cooperation agreement.
Máis información
Agardando que esta información sexa do voso interese, despedímonos ata setembro, boas vacacións!
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.