CONVOCATORIAS |
|
Seminarios Web sobre convocatorias da Iniciativa de Medicamentos Innovadores |
|
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI) vai organizar varios seminarios sobre os topics das próximas convocatorias. Tamén haberá un específico sobre as regras e procedementos de IMI, a política sobre propiedade intelectual e recomendacións para a preparación das propostas. Asimesmo realizarase outro seminario dedicado ás oportunidades de participación das pemes nestas convocatorias. Os seminarios serán entre o 4 e 23 de xullo.
|
|
|
Máis información
|
|
Acción COST “Public Value Capture of Increasing Property Values” |
|
Esta acción recén aprobada non recibiu Expresións de Interese por parte de españois. As áreas de experiencia relevantes para a acción son: Xeografía social e económica - desenvolvemento espacial, uso da terra e planificación rexional. Palabras clave: land management ; public value capture ; planning ; policy implementation ; public finance sustainability.
|
|
Data límite presentación Expresións de Interese: 13 de xullo de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Primeira convocatoria do proxecto europeo IRSUS |
|
O proxecto IRSUS (Innovation Radar Support Service) ten aberta unha convocatoria para pemes, start-ups, centros de investigación ou universidades que estén incluidas no Radar da Innovación da Comisión Europea. Pretende solucionar a fenda que existe entre os innovadores e o mercado, apoiando a creación de modelos de negocio viables e atractivos, así como estratexias focalizadas en usuarios e consumidores, clientes, socios e inversores. As entidades seleccionadas poderán optar a servizos de apoio e coaching.
|
|
Data de peche: 15 de xullo de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Alianza Europea da Intelixencia Artificial |
|
Os membros desta alianza poderán interactuar cos expertos do Grupo de Alto Nivel establecido pola Comisión. A subscrición a este foro dará acceso a unha plataforma dedicada na que os debates organizados poderán contribuír a analizar todos os aspectos do desenvolvemento da intelixencia artificial, os seus impactos e a formulación de políticas neste ámbito. A plataforma é gratuita e está aberta a expertos.
|
|
|
Máis información
|
|
A Asociación Europea para a Innovación "Productividade e sostibilidade agrícolas" busca expertos para 2 novos grupos |
|
A Asociación Europea para a Innovación "Productividade e sostibilidade agrícolas" (EIP-AGRI) busca expertos, agricultores, asesores, investigadores e persoas con experiencia práctica ou coñecemento específico sobre as temáticas:
- Manexo de malezas non químicas en sistemas de cultivos arables
- Plagas e enfermidades do olivo
O obxectivo destes dous novos grupos será discutir, explorar e documentar os resultados de investigación e as implicacións para futuras actividades de investigación que axudarán a resolver problemas prácticos no sector.
|
|
Data de peche: 10 de setembro de 2018.
|
|
Máis información
|
|
EVENTOS |
|
Webinar sobre a ERA-NET ACT |
|
28 xuño 2018 |
|
European City Facility and European Islands Facility info session |
|
Bruxelas, 2 xullo 2018 |
|
|
|
|
|
|
Workshop dedicado a las aplicaciones fotónicas en el sector de la cerámica y el vidrio |
|
Castellón, 4 xullo 2018 |
|
Conference "Nanotechnology and nanomaterials" NANO-2018 |
|
Kyiv, 27-30 agosto 2018 |
|
MariMatch at SMM 2018 - International Brokerage Event |
|
Hamburgo, 6-7 setembro 2018 |
|
Horizon 2020 European Health Brokerage Event |
|
Oslo, 3-4 setembro 2018 |
|
EIC Innovators' Summit |
|
Berlín, 10-11 setembro 2018 |
|
Next Generation Internet Initiative – NGI Forum |
|
Oporto, 13 setembro 2018 |
|
NOVAS |
|
Marie Skłodowska-Curie Actions 2021-2027 |
|
Como parte do piar Ciencia aberta de Horizon Europe, a Comisión Europea propón destinar 6 800 millóns de euros ás Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA). Sobre a base do éxito nos últimos vinte anos, as Accións apoiarán a unha nova xeración de investigadores altamente cualificados de carreira temperá a seguir as súas ideas e construír as súas carreiras, dentro ou fóra da academia. Tamén terán a oportunidade de beneficiarse dunha capacitación de alta calidade e das oportunidades de intercambio que ofrecerán as distintas accións.
|
|
Máis información |
|
Guía sobre o financiamento da Unión Europea |
|
En resposta á evolución da economía mundial e ao seu impacto en Europa, a Comisión Europea propuxo unha serie de programas para fomentar o emprego, o crecemento e o investimento en toda a Unión Europea. Estes programas forman parte do marco financeiro plurianual 2014-2020. Esta guía pretende ilustrar de forma sucinta cales son estes programas e as oportunidades de financiamento que brindan.
|
|
Máis información |
|
Xornada Sociedades Seguras |
|
Xa están dispoñibles as presentacións da Xornada de apoio á preparación de propostas para a convocatoria 2018 de Sociedades Seguras que organizou o CDTI o día 20 de xuño.
|
|
Máis información |
|
Marco financeiro plurianual: Europa creativa |
|
Para o próximo orzamento a longo prazo da UE 2021-2027, a Comisión Europea propón aumentar os fondos para Europa Creativa, o programa que respalda os sectores culturais e creativos europeos e as obras audiovisuais. A folla informativa resume os plans de gastos clave para o próximo período.
|
|
Máis información |
|
O papel dos Fondos Estructurais e de Investimento Europeos na adopción da computación na nube |
|
A Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxía (DG CNECT) da CE promoveu un estudo para avaliar o papel dos Fondos Estructurais e de Investimento Europeos para apoiar a computación na nube e proporcionar orientación sobre como acelerar o desenvolvemento de infraestruturas e servizos. A mensaxe clave é que a computación na nube ten o potencial de ofrecer ás rexións acceso á capacidade informática avanzada cun servizo e un custo compartido de pago por uso. Isto pode reducir a necesidade de investir moito en centros de datos, hardware e software con custos prohibitivos.
|
|
Máis información |
|
|
|