Número 14
Setembro de 2018
A Comisión Europea segue a buscar expertos
Cada ano máis de 20.000 expertos participan na avaliación e revisión de proxectos de Horizon 2020. Por este motivo, a Comisión Europea segue a buscar expertos en todos os campos da ciencia, con experiencia no sector público ou privado en innovación, que estén interesados en colaborar e axudar á Comisión.

Varios expertos comparten a súa experiencia no seguinte video.

Rexístrate como experto!



CONVOCATORIAS
Convocatoria para experimentos no paso á nube da enxeñaría de produción para fabricación dixital preditiva
Está aberta a primeira convocatoria de experimentos do proxecto CloudiFacturing financiado por Horizon 2020.Está dirixida a financiar proxectos de pemes manufactureiras que usen tecnoloxía Cloud/HPC para optimizar os seus procesos de produción. Os experimentos deberán desenvolverse nun entorno real e demostrar o seu impacto sobre a industria. Os experimentos seleccionados poderán beneficiaranse de acceso gratuíto á tecnoloxía de modelado e simulación Cloud/HPC e analítica de datos avanzada para optimizar os procesos, ata 100.000 euros de financiaciamento por experimento e asesoramento experto para o desenvolvemento do plan de negocio.
Data de peche: 30 de setembro de 2018.
Máis información
Convocatoria CELTIC-NEXT
O Cluster CELTIC-PLUS da rede EUREKA, centrado na I+D na área das telecomunicacións avanzadas ten aberta a súa segunda convocatoria de 2018 para a presentación de propostas. O próximo 26 de setembro celebra o seu Día de Propoñentes (ver sección Eventos) na sede do CDTl no que participarán socios potenciais de países como Alemaña, Francia, Finlandia, Israel, Suecia e Turquía. Todas as propostas que reciban a etiqueta CELTIC-PLUS serán elixibles para a convocatoria INNO-GLOBAL 2018. Para orientación ou asesoramento na elaboración da propostas: dptoetfsd@cdti.es.
Data de peche: 15 de outubro de 2018.
Máis información

Chamada Eureka Brasil-España 2018
EUREKA ten aberta unha convocatoria con Brasil para a presentación de proxectos de cooperación en materia de I+D. A chamada ten como obxectivo estimular proxectos conxuntos de I+D co fin de levar a cabo actividades e medidas coordinadas para fomentar intercambios tecnolóxicos e colaboración en investigación e innovación entre empresas de Brasil e dos países Eureka, entre eles España. Permítese que os proxectos fagan uso de calquera área tecnolóxica e sexan de aplicación a calquera sector do mercado.
Data de peche: 31 de outubro de 2018.
Máis información

Primeira convocatoria EUROBENCH
O proxecto EUROBENCH, financiado por Horizon 2020, busca organizacións dispostas a colaborar no desenvolvemento do primeiro marco europeo de benchmarking para o sector da robótica enfocado a tecnoloxías robóticas bípedas. Os organismos participantes recibirán un financiaciamento de ata 100000 euros por participante e 300.000 euros por proposta para que desenvolvan algún dos sistemas establecidos como necesarios para crear este ecosistema. Búscanse os mellores proxectos para o desenvolvemento de bancos de probas, sofware de benchmarking e datasets.
Data de peche: 31 de outubro de 2018.
Máis información

EVENTOS
Taller Tecnoloxías 4.0 para a industria naval metalmecánica
Actividade do proxecto MANUFACTUR 4.0 liderado pola Axencia Galega de Innovación - GAIN e cofinanciado polo Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP)
Porriño, 25 setembro 2018
CELTIC-NEXT Proposers Day
Madrid, 26 setembro 2018
H2020 : Nanotecnologías, Materiales Avanzados, Biotecnología y Fabricación y transformación avanzadas - Jornada de presentación de la Convocatoria 2019
Madrid, 2 outubro 2018
Matching at IAC 2018 – International Astronautical Conference
Bremen, 1-4 outubro 2018
SMART PO Proposers' Day - 2nd Call
Bruxelas, 3 outubro 2018
International Sustainable Energy Conference (ISEC) 2018
Graz, 3-5 outubro 2018
Jornada "EC Communication Campaign: Las Reglas de participación en Horizonte 2020. Últimas novedades"
Madrid, 8 outubro 2018
Horizonte 2020 Reto Social 5: Jornada de presentación de Convocatorias 2019
Madrid, 8 outubro 2018
Horizonte 2020 Reto Social 2: Infoday y Taller de propuestas WP 2018-2020 - Convocatorias 2019
Madrid, 10 outubro 2018
RIGA COMM H2020 BROKERAGE EVENT
Riga, 11 outubro 2018
IoT Solutions World Congress 2018 - Brokerage event
Barcelona, 16-17 outubro 2018
elmug4future - Conference and B2B Matching on smart sensors and related technologies
Erfurt, 16-17 outubro 2018
EUROGIA2020 information and Project Pitch selection
Madrid, 17 outubro 2018
Smart Mobility & Smart logistics matchmaking event
Antwerpen, 18 outubro 2018
VIII European Congress of SME – International B2B meetings
Katowice, 18-19 outubro 2018
DRONETECH 2018 Brokerage Event
Torun, 19-20 outubro 2018
NOVAS
Folleto actualizado da EIP-AGRI: Convocatorias 2019 de Horizon 2020
Tras a publicación do programa actualizado de Horizon 2020 para 2018-2020, a Asociación Europea de Innovación de agricultura produtiva e sostible (EIP AGRI) sacou unha nova versión do seu folleto Horizon 2020, onde destaca todas as convocatorias 2019 relacionadas coa agricultura e a silvicultura. A través do Reto Social 2, Horizon 2020 ten como obxectivo crear solucións para os problemas que os agricultores e silvicultores enfrontan actualmente. Financia proxectos nos que investigadores e partes interesadas constrúen solucións de forma conxunta, compartindo coñecementos e producindo resultados que están listos para ser postos en práctica.
Máis información
Novo folleto informativo sobre como definir e xestionar os antecedentes en Horizon 2020
Definir o coñecemento existente, é dicir, a información de partida dos socios, ten un efecto directo no éxito da explotación dos resultados nos proxectos Horizon 2020 e é un dos primeiros pasos relacionados coa xestión da propiedade intelectual que deben tomarse en calquera proxecto deste tipo. O European IPR Helpdesk desenvolveu unha folla informativa sobre a xestión da información de partida con énfase en "como definir os antecedentes" dentro dos proxectos Horizon 2020 a través de diferentes exemplos.
Máis información
Convocatoria ERC ADVANCED GRANTS 2018 en CIFRAS
Este ano o Consello Europeo de Investigación (ERC) recibiu 2.052 solicitudes para a convocatoria Advanced Grants (en 2017 recibíranse 2.166). O maior número de solicitudes presentouse no dominio de Ciencias Físicas e Enxeñaría (905), seguido de Ciencias da vida (616) e Ciencias sociais e humanidades (531). Máis do 19% das propostas foron enviadas por mulleres. Os proxectos seleccionados anunciaranse na primavera de 2019.
As axudas ERC Advanced Grants están deseñadas para apoiar a científicos excelentes en calquera campo que xa son líderes de investigación establecidos cunha recoñecida traxectoria de logros de investigación nos últimos dez años.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
LC-SC3-RES-14-2019: Looking for an offshore wind turbine operator
A Greek research SME prepares a proposal for the optimization of manufacturing and system operation for the marine energy deriving from the ocean and οff-shore wind. The proposal will deal with the monitoring of the wind farms. using intelligent sensor. The company is looking for an offshore wind turbine operator to identify needs and provide operational data.
Máis información
H2020-SC3-RES-1-2019 : Companies with expertise in photovoltaics fabrication, power device, sensors are sought
A French university will act as a coordinator of a European project aimed at developing new approaches for the fabrication of power devices. The consortium has identified 2 relevant calls to implement this project : LC-SC3-RES-1-2019 and LC-NMNP-32-2019. Industrial partners active in semiconductor electronics/sensor/photovoltaic (PV) are sought to complete the consortium.
Máis información
Horizon 2020 MSCA-ITN-ETN European Training Networks: Pharma and biotechnological industrial partners sought for a MSCA-ITN-ETN proposal
A Hungarian research and technology organization (RTO) is looking for partners from pharma and biotechnological industry to join a H2020 MSCA-ITN-ETN European Training Networks proposal. The proposal will set out a training network including experts from both academic and private enterprises, addressing the various aspects of non-natural peptidic compounds.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.