Número 15
Outubro de 2018
Atlantic Stakeholder Platform Conference- EEN Matchmaking Event
A Axencia Galega de Innovación, membro do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network organiza, conxuntamente coa Tecnópole, un Matchmaking event no marco da Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico que se celebrará en Vigo o 23 e 24 de outubro. A conferencia destacará os logros do Plan de Acción Atlántico en termos de proxectos implementados e iniciativas levadas a cabo, as oportunidades de financiamento existentes e farase especial fincapé no papel das pemes da área atlántica como empregadoras e innovadoras cruciais no ámbito marítimo. O primeiro día organizarase o evento de Matchmaking para entidades e pemes situadas na rexión atlántica co obxectivo de que poidan coñecer a socios potenciais a través de reunións bilaterais concertadas previamente. Os participantes tamén terán a oportunidade única de reunirse con representantes da Comisión Europea, o Banco Europeo de Investimentos (BEI), a Rede de Business Angels, ministerios e outras institucións para discutir a posibilidade de presentar ideas de proxectos específicos para as próximas convocatorias, e coñecer de primeira man as oportunidades de financiamento.

Máis información






CONVOCATORIAS
Convocatoria ERC Synergy Grant 2019
O Consello Europeo de Investigación ten aberta unha nova convocatoria Synergy Grant. Esta modalidade financia equipos de 2 a 4 investigadores principais para que poidan unir coñecementos, habilidades e recursos para abordar conxuntamente problemas de investigación ambiciosos que non poderían levar a cabo de forma individual. Poderán recibir un financiamento de ata 10 millóns por proxecto, cunha duración de ata 6 anos.
Data de peche: 8 de novembro de 2018.
Máis información
Convocatoria Designscapes
O proxecto Designscapes, financiado polo programa Horizon 2020, ten aberta unha convocatoria para apoiar solucións innovadoras baseadas no deseño que afronten os retos aos que se enfrentan as cidades. En conxunto, trátase dun fondo de 1,5 millóns de euros que pode servir para financiar estudios de viabilidade, desenvolvemento de prototipos ou probas de escalabilidade.
Data de peche: 26 de outubro de 2018.
Máis información

Convocatoria para fomento da I + D de fabricación avanzada internacional
O cluster EUREKA en Fabricación avanzada lanzou a súa segunda convocatoria. Trátase dunha convocatoria en dúas fases. Na primeira fase, deberá presentarse unha breve descrición do proxecto, obxectivos previstos e socios que conforman o consorcio.
Data de peche (1ª fase): 19 de novembro de 2018.
Máis información

Primeira convocatoria de loxística para pemes manufactureiras
Esta convocatoria está dirixida a pemes manufactureiras que buscan solucións para automatizar a loxística dentro da fábrica. Ademais de financiamento (ata 100.000 euros por entidade), ofrece soporte tecnolóxico, programa de titoría e capacitación.
Data de peche: 30 de novembro de 2018.
Máis información

Convocatoria Tetramax dirixida a emprendedores
O proxecto Tetramax (TEchnology TRAnsfer via Multinational Application eXperiments) vén de abrir unha nova convocatoria, a primeira enfocada a emprendedores. Esta convocatoria ten como obxectivo financiar experimentos de transferencia de tecnoloxía empresarial no dominio da computación de baixo consumo de enerxía (CLEC). Os solicitantes poderán recibir ata 30.000 euros para xerar oportunidades de negocio sostibles nese campo.
Data de peche: 30 de novembro de 2018.
Máis información

EVENTOS
INFODAY H2020: Información práctica para propostas no sector agroalimentario e medio ambiente
*** Organizado por FEUGA e GAIN. Inclúe presentación dos servizos da rede EEN!!!
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018
Sustainable and circular Bioeconomy, the European way Conference
Bruxelas, 22 outubro 2018
SusChem Brokerage Event 2018
Bruxelas, 23 outubro 2018
Open Bio
Koltsovo, 23-25 outubro 2018
IMI Stakeholder Forum 2018
Bruxelas, 24 outubro 2018
Jornada informativa Horizonte 2020 Espacio – Convocatorias 2019
Madrid, 24 outubro 2018
ERC Conference “Frontier Research and Artificial Intelligence”
Bruxelas, 25-26 outubro 2018
Industrial Technologies 2018
Viena, 29-31 outubro 2018
2019 Societies Brokerage Event
Varsovia, 8 novembro 2018
eHealthcare Brokerage Event MEDICA 2018
Düsseldorf, 12-14 novembro 2018
Raw Materials Week 2018
Bruxelas, 12-16 novembro 2018
Smart City brokerage event 2018
L'Hospitalet de Llobregat, 13-14 novembro 2018
X Conferencia del Programa Marco de investigación e innovación de la Unión Europea
Toledo, 20 novembro 2018
NOVAS
10ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea en España
Baixo o lema “Cara un Novo Horizonte”, esta Conferencia ten como obxectivo analizar a participación de España en Horizon 2020 e extraer conclusións que permitan ás entidades españolas mellorar a súa participación nas convocatorias dos últimos anos do Programa. Tamén se revisarán as novidades postas en marcha no piloto do Consello Europeo de Innovación (EIC) para achegar a investigación ao mercado e presentarase a proposta para o futuro Programa Marco (Horizon Europe). Ademais existirá a posibilidade de manter reunións con expertos en Horizon 2020 e tamén buscar oportunidades de colaboración a través de encontros bilaterales con outros participantes. A conferencia celebrarase o 20 de novembro, en Toledo.
Máis información
Lanzamento do piloto mellorado do Consello Europeo de Innovación en 2019
A Comisión Europea confirmou a intención de lanzar un piloto mellorado do Consello Europeo de Innovación (EIC) en 2019, tras a solicitude realizada polo Consello Europeo en xullo deste ano. O piloto mellorado basarase na estrutura proposta do EIC baixo a proposta do novo programa Horizon Europe para acelerar a innovación disruptiva e creadora de mercado. A primeira fase do piloto EIC foi lanzada en outubro de 2017 para respaldar a innovadores de primeira clase a través das convocatorias SME Instrument, Fast Track to Innovation (FTI), Future and Emerging Technologies (FET) Open e premios EIC Horizon, así como brindar oportunidades para establecer contactos, titorías e coaching. Estos instrumentos continúan ofrecendo financiamento a empresas innovadoras para apoiar ás innovacións creadoras de mercado.
Máis información
Evento sobre o Reto "Acción climática, medio ambiente, eficiencia de recursos e materias primas"
Os días 11 e 12 de setembro organizouse en Bruxelas un evento sobre o Reto social 5 de Horizon 2020, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en presentar propostas ás convocatorias de 2019. Os participantes tamén tiveron oportunidade de manter reunións bilaterais con outros asistentes. As presentacións e a gravación das distintas sesións están dispoñibles na seguinte ligazón.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
PS - FTI - End Users requested for sub-micron laser marking and/or etching using photonic jet
For invisible marking, anti-counterfeiting or micro-device inspection/correction, laser machining is generally limited by diffraction to around 10 µm etching or marking. A french lab developed a technique using classical industrial nanosecond laser to achieve sub-wavelength etching and wants to develop an industrial station. With a German partner specialized in laser station construction, an industrial partner is searched as final user wishing to indentify/detect defects to submit a FTI project.
Máis información
Turkish university is seeking research cooperation agreements for HORIZON2020 MSCA Cofund program CoCirculation2
A Turkish university is looking for research cooperation agreements and is offering research fellowships in the fields of agricultural, pharmaceutical, medical and computer sciences with researchers having technical skills for the development of new scientific methods and innovative product prototypes in the related fields. The aim is to apply for the H2020 MSCA Co-Fund program CoCirculation2.
Máis información
[EUREKA/Eurostars2] A Development of fleet management platform for the maintenance support of wind farm using big data and Artificial Intelligence technologies
SME from South Korea, provides software development, engineering service and development of testing equipment. The expected partner should have expertise in monitoring, diagnostics in the wind turbine industry and would like to study for further development with European partners to submit a proposal for Eureka or Eurostar2 program.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.