Número 20
Decembro de 2018

FELICES FESTAS!
Dende a Axencia Galega de Innovación aproveitamos para desexarche un Bo Nadal e despedímonos ata xaneiro de 2019.

Novo Portal de financiamento e licitacións – Adeus ao Portal do Participante
A Comisión Europea puxo en marcha o Funding & Tender Opportunities Portal, que reemplazará ao Portal do Participante. A través del permitirase a busca de convocatorias de financiamento, oportunidades de licitación, así como a xestión das subvencións recibidas e os contratos conseguidos. O novo portal cubre aproximadamente 15 programas. Para o inicio do próximo período orzamentario (2021), o portal cubrirá todos os programas da UE xestionados de xeito centralizado. Está dispoñible un vídeo promocional onde se explican os diversos beneficios que conleva o uso deste portal para solicitar financiamiento ou presentar ofertas a un contrato da UE.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Segunda convocatoria diatomic
Segunda e última convocatoria da rede de Hubs de Innovacion Dixital diatomic, coa que se apoiarán experimentos de aplicacións ou solucións intelixentes, baseadas en microelectrónica avanzada e integración de sistemas intelixentes para a innovación nos sectores da saúde, agroalimentación ou fabricación (Industria 4.0) . Os experimentos poderán acadar un financiamento de ata 200.000 euros. Está dispoñible a gravación dun webinar no que se explica en detalle os requerimentos e o proceso de avaliación.
Data de peche: 31 de xaneiro de 2019.
Máis información

Convocatoria NORFACE
España, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), participa na convocatoria de proxectos de investigación transnacionais do programa Democratic governance in a turbulent age (Governance) no marco da rede europea NORFACE- New Opportunities for Research Funding Agency Cooperation in Europe. O obxectivo principal desta convocatoria é reforzar a cooperación internacional no desenvolvemento de proxectos de investigación innovadores e excelentes que aborden desafíos importantes para a gobernanza democrática e a política.
Data de peche: 19 de febreiro de 2019.
Máis información

Convocatoria sobre microplásticos no medio mariño
España participa nesta convocatoria no marco da Iniciativa de Programación Conxunta de Mares e océanos saudables e produtivos (JPI Oceans). Cun orzamento aproximado de 9,2 millóns de euros, contempla 4 temas principais:
- Identification, characterisation and quantification of the major microplastic sources.
- New sampling and analytical methodologies - focusing on the smaller (nano-) particles and in situ measurement methods for all matrices (water, sediment, biota).
- Monitoring and mapping of microplastics in the marine environment.
- Concepts to reduce inputs of plastics into the marine environment.
Data de peche: 28 de febreiro de 2019.
Máis información

Convocatoria EURIPIDES / PENTA 2019
Por primeira vez, as tres asociacións da industria europea, AENEAS, ARTEMIS-IA e EPoSS, que representan organizacións de toda a cadea de valor de Compoñentes e sistemas electrónicos (ECS) uníronse para elaborar unha Axenda de investigación estratéxica común 2018. Esta axenda impulsa os programas PENTA e EURIPIDES² nas siguientes áreas: Áreas de aplicación chave; Transporte e mobilidade intelixente; Saúde e Benestar; Enerxía; Industria dixital e Vida dixital. PENTA está dirixido á innovación transnacional en sistemas e aplicacións micro e nanoelectrónicos. EURIPIDES está centrado nos sistemas electrónicos intelixentes e na integración de compoñentes.
A convocatoria EURIPEDES/PENTA 2019 busca apoiar a creación de consorcios na cadea de valor de Compoñentes e sistemas electrónicos, que permitan a transición da investigación á explotación comercial (TRL 2-8).
Data límite (envío pre-propostas): 1 de marzo de 2019.
Máis información

Pre-anuncio da convocatoria AAL 2019
O programa de Vida Activa e Asistida (AAL) anunciou o lanzamento dunha nova convocatoria para febreiro de 2019, cuxo reto será: Solucións intelixentes sostibles para o envellecemento. Apoiará proxectos colaborativos innovadores, transnacionais e multidisciplinares, que desenvolvan solucións baseadas nas TIC e dirixidas a calquera área de aplicación dos dominios AAL. Estes dominios inclúen, entre outros, solucións para a vida activa no traballo e formación, ocio e cultura, saúde e coidado, mobilidade e transporte ou seguridade e proteción.
Máis información

EVENTOS
Brokerage Event MANUNET- Calls 2918
Namur, 17 xaneiro 2019
Horizon 2020 ENERGY EFFICIENCY INFO DAY & Matchmaking event
Bruxelas, 22 xaneiro 2019
KETGATE- Brokerage Event on Key Enabling Technologies
Venecia, 31 xaneiro 2019
SMAGUA 2019 - XIV International water and irrigation exhibition – Brokerage Event
Zaragoza, 5-6 febreiro 2019
EU Industry Days high-level conference 2019
Bruxelas, 5-6 febreiro 2019
X EDICIÓN TÍTULO POSTGRADO UPM: "EXPERTO EN PROMOCIÓN Y GESTIÓN DE PROYECTOS Y ACTIVIDADES INTERNACIONALES DE I+D+i"
Madrid, 7 febreiro- 15 xuño 2019
MarTERA brokerage event 2019
Lysaker, 13 febreiro 2019
Multisectoral brokerage event - Transfiere 2019
Málaga, 13-14 febreiro 2019
Horizon 2020- Successful R&I in Europe 2019 - 10th European Networking Event
Düsseldorf, 14-15 febreiro 2019
NOVAS
Principio de acordo sobre Horizonte Europa
O Consello da Unión Europea acadou un acordo sobre o enfoque xeral de Horizonte Europa, o futuro programa marco de investigación e innovación que sucederá a H2020 e para o que a Comisión propuxo unha dotación duns 100.000 millóns de euros para o período 2021-2027. Aínda que non se discutiron aínda as cuestións orzamentarias, os Estados Membros acordaron as grandes liñas de actuación a partir da proposta da Comisión, publicada no mes de xuño.
Máis información
6ª edición Premio Mulleres Innovadoras 2019
A Comisión Europea quere premiar novamente ás mulleres empresarias máis innovadoras da Unión Europea. Este premio recompensa anualmente a 4 mulleres emprendedoras que combinaran con éxito a excelencia no terreo científico coa innovación empresarial, fundando ou cofundando a súa empresa antes do 1 de xaneiro de 2017. Outorgaranse tres premios de 100.000€ cada un na categoría principal Women Innovators. Tamén se outorgará un premio especial de 50.000€ a unha Rising Innovator, una empresaria excepcional ao comezo da súa carreira (de 35 anos ou menos). O prazo para inscribirse está aberto ata o 16 de xaneiro de 2019.
Máis información
O grupo Oncomet lidera dous novos proxectos contra o cancro
O grupo de Oncoloxía Médica (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela coordinará dous novos proxectos europeos no desenvolvemento de terapias innovadoras baseadas en nanotecnoloxía para o tratamento do cancro de pulmón (METASTARG) e cancro de páncreas (PANIPAC), desde o laboratorio situado no Hospital Clínico de Santiago. Estes dous proxectos enmárcanse dentro da convocatoria ERA-NET Euronanomed III, dirixida a promover a aplicación da nanotecnoloxía en medicina e saúde. Son dous dos doce proxectos europeos aprobados na última convocatoria desta plataforma europea. O financiamento total para cada un supera o millón de euros.
Máis información
Nova versión do Modelo de Acordo de Subvención
A Comisión Europea publicou unha nova versión (5.1) do Modelo de Acordo de Subvención de H2020 (Annotated Model Grant Agreement).
Máis información
Xornadas "FET-Open: Novel ideas for radically new technologies”
Os días 27 e 28 de novembro celebráronse en Madrid e Barcelona, respectivamente, dúas xornadas informativas organizadas polos Puntos Nacionais de Contacto do programa Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET), coa finalidade de preparar propostas para o corte de FETOPEN de xaneiro de 2019.
Máis información
15 novas accións de investigación e innovación FET Proactive
Baixo o programa FET, especificamente FET-Proactive, veñen de asinarse 15 novos contratos. Estes proxectos esforzaranse en crear e consolidar avances na ciencia a tecnoloxía e establecer comunidades de investigación multidisciplinares. Na convocatoria 2018 identificáronse 6 temas específicos: órganos artificiais, tecidos, células e estruturas subcelulares; tempo; tecnoloxías vivas; tecnoloxías socialmente interactivas; tecnoloxías disruptivas de microenerxía e almacenamento; e materia topolóxica. Das 96 propostas enviadas, seleccionáronse 15 para un orzamento total de 89 millóns de euros, cunha subvención media de arredor de 5,9 millóns de euros e unha duración media de 53 meses.
Máis información
EIT anuncia as dúas comunidades de innovación gañadoras
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) vén de anunciar os equipos gañadores que crearán as Comunidades de Innovación en fabricación e mobilidade urbana. Made by Europe, gañador de EIT Manufacturing, é un consorcio formado por 50 socios de 17 países, incluídos entre outros, Volvo, Tecnalia, Siemens e Whirlpool Europe. MOBiLus, gañador de EIT Urban Mobility, é un consorcio de 48 socios de 15 países, entre eles, BMW Group, a cidade de Copenhague, TomTom e Siemens. Esta iniciativa, que potenciará a futura mobilidade para espazos urbanos, conta coa participación galega do Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG) que levaba 2 anos traballando nesta candidatura.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
UK university seels agricultural partners for H2020 call CE-RUR-08-2018 Closing nutrients cycle- bio-fertiliser solutions from animal manures and crop waste resources.
The H2020 CE-RUR-08-2018 project aims to develop an easy to operate, self-sustaining, field demonstrator reactor system, where production can be up-scaled to manufacture affordable, sustainable, enriched biochar, creating a commodity of value from potentially waste organic materials. Partners are sought from agritech and arable farming associations, but also poultry farms who would be an ideal source for animal manure. Manufacturers and wholesalers of crop fertilisers are also required.
Data límite: 10 xaneiro 2019!
Máis información
SMEs sought for Call H2020 DT-NMBP-08-2019
A French University is preparing a proposal for the next H2020 call Real-time nano-characterisation technologies (RIA) DT-NMBP-08-2019 - first stage. The project is focused on characterization of Thin Film Composite Membranes. SMEs with high expertise in Membrane technologies for industrial or environmental processes are sought to join the consortium.
Data límite: 11 xaneiro 2019!
Máis información
Eurostars2: Filler Technology for Beauty and Medical Usage
A Korean SME, a research-oriented venture enterprise, is looking for partners to collaborate on a Eurostars2 project proposal. The project aims to develop Filler Technology for beauty and medical usage. The SME is seeking companies, universities, or research institutes specialized in filler.
Data límite: 15 xaneiro 2019!
Máis información
[EUREKA/Eurostars2]Seeking partners to cooperate Tracking of Route Technology
A Korean company is seeking for partners to collaborate on EUREKA/Eurostar2 project proposal.Technology related to detection of vital signs and tracking the route with a use of Doppler Radar Sensor is on-going development, and the company is interested in technology adaptation from outside. Partners are sought for companies and research institute specialized in production of vital signs and Tracking of Route Technology.
Máis información
[EUREKA/Eurostars2]New drugs applicable on cancer, obese, diabetes, Alzheimer, brain disease, inflammation, and metabolic disease
A Korean company, working on the development of treatments for terminal and chronic diseases, is looking for partners to collaborate on EUREKA/Eurostars2 project proposal. The project is related to drugs, biological new medicine (therapeutic proteins, peptides, antibodies, gene treatment, immunology for cancer, immune cell therapy) technology. The company is seeking companies and research institute specialized in the cultivation of New drugs.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.