Número 4
Marzo de 2018
Gain Informa
España e Xapón lanzarán una convocatoria conxunta para proxectos de nanomedicina
A secretaria de Estado de I+D+i e o presidente da Axencia de Investigación Médica de Xapón (AMED) anunciaron o lanzamento dunha nova convocatoria conxunta de axudas a proxectos de nanomedicina durante un encuentro celebrado en Tokio. Esta iniciativa é fruto do Memorando de Cooperación suscrito en 2017 e desenvólvese conxuntamente no marco do Programa Estratéxico de Investigación Colaborativa Internacional (SICORP) de AMED e o Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade xestionado pola Axencia Estatal de Investigación.
Máis información



CONVOCATORIAS
Primeira convocatoria ERA-NET PerMed
Para alinear as estratexias nacionais de investigación, promover a excelencia, reforzar a competitividade dos actores europeos en Medicina Persoalizada e mellorar a colaboración europea con países non pertencentes á UE, 31 organizacións de financiamento acordaron lanzar a primeira convocatoria transnacional conxunta para proxectos de investigación colaborativos e innovadores en medicina personalizada. Esta ERA-NET, coordinada polo Instituto de Saúde Carlos III, está cofinanciada pola Comisión Europea.
Data límite envío pre-propostas: 10 de abril de 2018.
Máis información

Convocatoria CELTIC-PLUS
O Cluster CELTIC-PLUS lanza unha nova convocatoria para proxectos colaborativos no ámbito das Telecomunicacións, próximos ás necesidades do mercado e das empresas. Como novidades, os participantes do proxecto do sub-consorcio de cada país poderán elixir a unha persoa de contacto principal que participará nas reunións de coordinación coa Oficina Celtic. A etiqueta Celtic expirará automaticamente despois de 10 meses se o progreso das negociacións de financiamento coas autoridades públicas é insuficiente.
Data de peche: 23 de abril de 2018.
Máis información

Convocatorias JTI ECSEL 2018
A Iniciativa Tecnolóxica Conxunta ECSEL (Electronic Components and Systems for European Leadership) ten abertas dúas convocatorias das catro que ten previstas para 2018:
- H2020-ECSEL-2018-1-IA-two-stage - Innovation Actions (IA) - Orzamento: 110,00 M€.
- H2020-ECSEL-2018-2-RIA-two-stage - Research and Innovation Actions (RIA) - 63,33 M€.
Data de peche (Pre-propostas): 26 de abril de 2018.
Máis información

Convocatoria AAL 2018
O programa Vida Activa e Asistida (AAL) ven de abrir a convocatoria de presentación de propostas ao reto 2018: “Smart Solutions for Ageing Well”. Pódese visualizar as gravacións do Infoday AAL para obtener máis información.
Como xa se informou nun boletín anterior, a diferencia de convocatorias anteriores, permitirase unha maior flexibilidade en canto a alcance, tamaño e duración dos proxectos e estará aberta a solucións dirixidas a calquera ámbito de aplicación dentro do dominio de vida activa e asistida.
Data de peche: 28 de maio de 2018.
Máis información

Expertos en seguridade para o grupo EICS
A Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (ENISA) lanzou unha convocatoria para invitar a expertos en seguridade de implementacións industriais de Internet das Cousas, a participar no seu grupo EICS- Industry 4.0 Ciber Security Experts Group. Este grupo ten como obxectivo reunir expertos para intercambiar puntos de vista e ideas sobre ameazas, desafíos e solucións de seguridade cibernética.
Máis información

CONSULTAS
Consulta sobre Misións
A Comisión Europea está traballando na proposta para o próximo Programa Marco, que sucederá ao actual Horizon 2020. Está tendo en conta varios informes de expertos, entre os cales está o da catedrática Mariana Mazzucato sobre a investigación e innovación orientada a misións, presentado o pasado 22 de febreiro: "Mission-Oriented Research & Innovation in the European Union - A problem-solving approach to fuel innovation-led growth”. Nel descríbese o concepto das misións, os criterios para seleccionalas e as cuestións a ter en conta para levalas a cabo satisfactoriamente.
A CE lanzou unha consulta para recabar opinións sobre os distintos aspectos das misións que se describen no informe, así como ideas sobre posibles misións de investigación e innovación.
Data de peche: 3 de abril de 2018.
Máis información

Enquisa sobre as cadeas de valor na electrónica
O 1 de febreiro de 2018 a Comisaria de Economía e Sociedade Dixital lanzou un proceso para actualizar a estratexia actual sobre electrónica en Europa. Como parte deste proceso, a CE busca explorar as fortalezas e os activos en cadeas de valor estratéxicas en compoñentes e sistemas electrónicos e identificar futuras iniciativas políticas, accións coordinadas e inversións necesarias para asegurar que Europa obteña todos os beneficios da transformación dixital. As preguntas plantexadas pretenden proporcionar unha visión xeral e axudar a analizar a dinámica da demanda e a oferta nos diversos ámbitos. O obxectivo esencial é co-desenvolver as políticas correctas para aumentar a resiliencia das cadeas de valor na electrónica en Europa.
Data de peche: 26 de abril de 2018.
Máis información

EVENTOS
Webinar Opportunities for SMEs in IMI2 – Call 14
19 marzo 2018
Webinar IMI2 – Call 14- Centre Of Excellence - Decentralised Clinical Trials
28 marzo 2018
Health Innovation Market Portugal 2018
Oporto, 4 abril 2018
LAVAL VIRTUAL Rendez-vous Business - Virtual and augmented reality
Laval, 4-5 abril 2018
IoTMatch - Brokerage event for the IoT industries
Lyon, 4-5 abril 2018
Webinar IMI2- Targeted immune intervention for treatment of non-response and remission
5 abril 2018
Digital Day 2018
Bruxelas, 10 abril 2018
NOTICIAS
Webinars IMI2- Convocatoria 14
Do 16 de marzo ao 11 de abril, a Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI2) vai organizar unha serie de seminarios en liña sobre a súa próxima convocatoria. Contarán cunha presentación do coordinador do topic e un tempo para preguntas e respostas. Estes webinars representan unha excelente oportunidade para coñecer os temas previstos, interactuar directamente cos coordinadores e poñerse en contacto con posibles socios. O webinar sobre as reglas e procedimentos de IMI incluirá presentacións da política de propiedade intelectual de IMI e consellos sobre a preparación de propostas. O segundo seminario web está centrado nas regras e procedimentos que son máis importantes para as pemes.
Máis información
Documentación interesante para a convocatoria MSCA RISE 2018
A Fundación para o Coñecemento Madrid+d, membro da Enterprise Europe Network, preparou dous documentos: debilidades e fortalezas das propostas presentadas á convocatoria 2017 da Acción Marie Sklodowska-Curie de Intercambio de Persoal de I+D- MSCA RISE 2017.
Documentación de varias Xornadas informativas
Están dispoñibles as presentacións e gravacións das seguintes xornadas:
- Sesión sobre ICT-24: NEXT GENERATION INTERNET (18 de xaneiro 2018) – Presentacións e video
- Xornada COST (30 de xaneiro 2018) – Presentacións e video
- Xornada JTI FCH2- Convocatoria 2018 (16 febreiro 2018) - Presentacións
- Xornada SWAFS – MÁS ALLÁ DE LAS SIGLAS (19 de febreiro) – Video
- Coordinators’ Day – Grant agreement preparation (22 febreiro 2018) - Video
Informe - Principios de orientación para tecnoloxías de enerxía renovable
O programa Horizon 2020 usa o concepto de Niveis de Madurez Tecnolóxica (TRL) para describir o alcance das súas convocatorias de propostas. Sen embargo, as definicións proporcionadas están pensadas como una guía xeral e non se refiren especificamente ás tecnoloxías de enerxía renovable. O obxectivo deste estudo foi avaliar o uso de TRLs no campo da enerxía a nivel europeo. Tamén tivo como finalidade desenvolver varios documentos de orientación que definen os TRL en 10 campos de enerxía renovable. Non só se dentificaron cuestións específicas, senón tamén un conxunto de tendencias comúns para cada TRL que poden servir como referencia para desenvolver documentos de orientación en cualquera outro campo da tecnología enerxética.
Máis información
Información actualizada sobre Ciencia con e para a Sociedade
A Comisión Europea respondeu a varias preguntas sobre os topics relativos á convocatoria Horizon 2020 - Ciencia con e para a Sociedade (SwafS). Esta información está dispoñible na sección de preguntas frecuentes do Portal do Participante - FAQ section. Na sesión informativa gravada pola Comisión Europea pódese encontrar unha introducción xeral nos temas SwafS - video
BÚSQUEDAS DE SOCIOS
Interreg - DeepVis: Visualization of deep learning neural network to support the utilisation of artificial intelligence by SMEs
An East of England based University are developing a proposal for the forthcoming Interreg call. The proposal, DeepVis, is designed to enhance the innovation performance of SMEs in North West Europe (NWE) region by supporting them in the utilisation of deep learning tools (DL) and resources to leverage Artificial Intelligence (AI) in their core business through visualisation. A number of partners are required to complete the project consortium.
Máis información
Eurostars2: partners sought (companies or research institutes) for development of Parkinson disease diagnosis device
A Korean SME specialized in developing and manufacturing diagnosis device seeks a partner for the Eurostars2 project. The project is aimed at developing the Parkinson disease diagnosis device, so the company is looking for companies or research institutes that have expertise in diagnosing Parkinson disease or engaged in medical field under research cooperation agreement.
Máis información
H2020 Mobility for growth MG-2-3-2018 “Airworthiness of mass-market drones” CE mark approach for Airworthiness of mass-market drones, shortly CE_UAV
An Italian SME and EU notified body specialized in testing, certification and simulation in safety transportation (road, rail, air) is looking for partnership for submitting a proposal to the call H2020-MG 2 – 3 2018: Airworthiness of the drone mass market. The project aims to develop a CE mark approach for the “product UAV”, developing technical rules, standards and validation procedures for all relevant categories of drones, providing a best practice for supporting EASA's regulatory process.
Máis información
Horizon 2020 consortium is looking for asbestos end user association to develop an international asbestos network tool for Europe
International consortium coordinated by an Italian university is developing Horizon 2020 proposal to set up an international support and training network tool on asbestos in Europe. The consortium is looking for end users (policy makers, institutions, business organisations) in Spain, France, Portugal, Albania, Bosnia and Herzegovina, Bulgaria, Croatia, Macedonia former Rep. of Yugoslavia, Serbia, Estonia, Latvia, Lithuania and Germany.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46
Máis información en Enterprise Europe Network!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.