CONVOCATORIAS |
|
Convocatoria Accións Individuais - MSCA IF 2018 |
|
Esta convocatoria ten como obxectivo a investigadores individuais que desexen levar a cabo un proxecto de investigación de ata 2 anos no estranxeiro. Para Global Fellowship, poden ir más alá de Europa cunha fase de retorno a Europa. No caso de European Fellowship, poden elexir unha organización anfitrioa en calquera lugar de Europa. O candidato debe ter un doutoramento ou polo menos 4 anos de experiencia en investigación. A solicitude será realizada conxuntamente polo investigador e a institución beneficiaria nos sectores académicos ou non académicos.
|
|
Data de peche: 12 de setembro de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Servizo Expresións de Interese Entidades Españolas - Accións Individuais MSCA |
|
A Oficina Europea volve a poñer en marcha o servizo de difusión "IF Expressions of Interest: Spanish Hosting Offers" dentro do portal ESHorizonte2020. O obxectivo é dar visibilidade a aquelas entidades españolas que desexen contratar a investigador@s postdoutorais no marco da convocatoria de Accións Individuais Marie Sklodowska-Curie (H2020-MSCA-IF-2018).
|
|
Data de peche: Xullo de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Expresións de Interese para Experimentos IOD/IOV |
|
A Comisión publicou unha convocatoria de Expresións de Interese para experimentos que queiran optar a unha oportunidade de demostración/validación en órbita (Orbit Demonstration/Validation (IOD/IOV)) dentro de Horizon 2020. Como exemplos de experimentos inclúense instrumentos, partes de instrumentos, equipamento, tecnoloxías, experimentos de sistema ou conceptos de misión.
|
|
Data límite: 22 de maio de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria diatomic |
|
A primeira convocatoria do proxecto DIATOMIC está aberta para deseñar, desenvolver, experimentar e comercializar aplicacións innovadoras e intelixentes, que faciliten a integración de compoñentes avanzados de microelectrónica e de sistemas intelixentes basados na innovación nos sectores de saúde, agroalimentario e fabricación. Os consorcios só poden ser liderados por socios industriais (pemes e midcaps) e o orzamento por experimento pode variar de 70.000 a 200.000€ e deben ter unha clara dimensión europea.
|
|
Data de peche: 15 de xuño de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatorias LIFE 2018 |
|
A semana pasada abriron as convocatorias do programa LIFE. Este programa é o instrumento de financiamento da UE dedicado ao Medio ambiente e Acción polo clima. Ten como obxectivo contribuir á implementación, actualización e desenvolvemento da política e lexislación medioambiental e climática da UE mediante o cofinanciamento de proxectos con valor engadido europeo. Como novidades, case todas as convocatorias seguirán unha selección en dúas fases, o que simplificará o proceso de solicitude. Na primeira etapa só haberá que presentar unha proposta de 10 páxinas de extensión.
|
|
Data presentación prioritaria: Xuño/Setembro de 2018. (Ver convocatorias)
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria ERA-NET Cofund AXIS |
|
O Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, a través da Axencia Estatal de Investigación, participa cun orzamento de 400.000€ na convocatoria 2018 de proxectos de investigación transnacionais sobre o impacto do clima, avaliación económica e vías de sostibilidade, no marco da rede europea de investigación ERA-NET Cofund AXIS “Assessment of Cross(X)-sectoral climate Impacts and pathways for Sustainable transformation”. A convocatoria contempla tres liñas de investigación: Cross-sectoral and cross-scale climate change impact assessments ; Integration of biophysical climate change impacts estimates with economic models; Developing pathways to achieve the long-term objectives of the Paris Agreement
|
|
Data límite envío pre-propostas: 18 de xuño de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Copernicus Masters 2018 |
|
A competición internacional Copernicus Masters outorga premios a solucións innovadoras para empresas e para a sociedade basados en datos de observación da Terra. O Copernicus Masters está buscando novas ideas, aplicacións ou conceptos de negocio para resolver importantes desafíos. Os interesados xa teñen aberto o prazo para presentar as súas solucións. Esta edición 2018 ofrece aos participantes o maior número de desafíos que houbo ata agora, un total de dezaseis: dende agricultura intelixente ata xestión de desastres.
|
|
Data de peche: 30 de xuño de 2018.
|
|
Máis información
|
|
|
|
|
EVENTOS |
|
EU Green Cities Summit Conference |
|
Bruxelas, 22-24 maio 2018 |
|
GreenWin International Conferences & Brokerage Event - Green Chemistry & White Biotechnology |
|
Ottignies-Louvain-la-Neuve, 23-24 maio 2018 |
|
Matchmaking Event On Metal 3D Printing |
|
Grenoble, 24 maio 2018 |
|
Workshop "Copernicus for water management" |
|
Bruxelas, 28 maio 2018 |
|
Joint Programming Initiative on Cultural Heritage (JPICH) International Workshop on Funded Research Projects |
|
Turín, 28-29 maio 2018 |
|
2018 European Maritime Day Conference & EEN Brokerage Event |
|
Burgas, 31 maio-1 xuño 2018 |
|
Internet of Things Week |
|
Bilbao, 4-7 xuño 2018 |
|
IoT Week – Brokerage Event |
|
Bilbao, 6 xuño 2018 |
|
EU Sustainable Energy Week |
|
Bruxelas, 5-7 xuño 2018 |
|
Brokerage Event on KET in Horizon 2020 |
|
Mainz, 7 xuño 2018 |
|
NOTICIAS |
|
Próximo Programa Marco - Innovadores e invencións de alto risco |
|
O Consorcio Europeo de Universidades Innovadoras (ECIU) presentou a súa visión sobre o futuro programa para Investigación e innovación (FP9) da UE. Coas súas recomendacións, pretenden aumentar o impacto do FP9, pero necesítase un aumento substancial do orzamento para cubrir ideas excelentes. Segundo este consorcio este programa deberá centrarse nos innovadores e invencións de alto risco. Tamén sinala que se debe apoiar a innovación aberta, o compromiso con actores sociais e cidadáns e involucrar tamén a comunidade educativa.
|
|
Máis información |
|
Instrumento PEME: 1280 empresas solicitan financiamento para a Fase 2 |
|
A Comisión Europea recibiu 1280 propostas de 37 países antes da segunda data de corte deste ano. As mellores propostas foron invitadas a un segundo paso de avaliación: unha entrevista ante un xurado de expertos en innovación e negocios. Os resultados finais espéranse para finais de maio de 2018. A próxima data de corte para a Fase 2 de Instrumento PEME é o 23/05/2018.
|
|
Máis información |
|
Estudo sobre plataformas de intelixencia de amenazas |
|
A Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (ENISA) publicou o primeiro estudo exhaustivo sobre Plataformas de intelixencia de ameazas cibernéticas (Threat Intelligence Platforms, TIPs) enfocado nas necesidades de usuarios, desenvolvedores e na comunidade de investigación en seguridade, entre outros. O estudo canaliza os seus esforzos para identificar algunhas das oportunidades e limitacións chave das solucións existentes, xa que os formatos e ferramentas de intercambio de información seguen sendo elementos centrais na axenda da comunidade de seguridade cibernética. ENISA fai un chamamento á comunidade investigadora e ao mundo académico para que continúen investigando para que estas plataformas poidan madurar aínda máis.
|
|
Máis información |
|
Propostas presentadas ás convocatorias DT-2018 e ICT-2018 |
|
A Comisión Europea ven de publicar o número de propostas que se presentaron ás convocatorias 2018 de Transformación dixital e Tecnoloxías da información e Comunicación que pecharon o 17 de abril. Á primeira presentáronse un total de 35 propostas e á segunda, 530 propostas. Na sección "Call updates" da páxina de cada convocatoria aparece unha táboa que amosa o número de propostas que se presentaron por topic e tipo de acción.
|
|
H2020-DT-2018 | H2020-ICT-2018 |
|
Digitising European Industry Stakeholder Forum 2018 |
|
Durante os días 27 e 28 de marzo tivo lugar en París este foro europeo. O evento reuniu a 350 persoas para analizar cómo conseguir que a industria europea sexa máis digital e apta para o futuro. Dende a ligazón pódese descargar as presentacións realizadas no encontro e o informe coas principais conclusións estará dispoñible proximamente.
|
|
Máis información |
|
|
|