CONVOCATORIAS |
|
Convocatoria aberta para apoiar empresas especializadas en Big Data |
|
O proxecto europeo European Data Incubator (EDI) financiado por Horizon 2020, conta cun fondo de 5 millóns de euros para apoiar a pemes e novas empresas especializadas nas tecnoloxías de Big Data. As entidades seleccionadas nesta primeira convocatoria que está actualmente aberta recibirán servizos de apoio. Ademais, unha empresa podería recibir ata 100.000 euros de investimento a fondo perdido e seleccionaranse ata 45 equipos para participar nun evento en Berlín de aceleración denominado "Explore".
|
|
Data de peche: 27 de xuño de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Primeira convocatoria do programa de aceleración en robótica |
|
Vense de abrir a primeira convocatoria do programa de aceleración en Robótica, RobotUnion, para startups que traballen nas áreas de Fabricación, Saúde, Agricultura e Insfraestrutura civil. Está respaldado por 14 socios de 7 países. As mellores empresas tecnolóxicas seleccionadas poderán recibir ata 223.000 euros. Ademáis, as dúas mellores startups poderían obter ata un millón de euros de investimento privado.
|
|
Data de peche: 3 de xullo de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria H2020 Seguridade |
|
Está aberto o prazo para a presentación de propostas aos 12 topics relacionados coa Seguridade, concretamente nas áreas:
- Borders and External Security (BES) - 3 topics.
- Fight against Crime and Terrorism (FCT) - 3 topics.
- Disaster-Resilent Societies (DRS) - 3 topics.
- General Matters (GM) - 3 topics.
|
|
Data de peche: 23 de agosto de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria Bioindustrias |
|
A iniciativa tecnolóxica conxunta de Bioindustrias (BBI) ten aberta a súa quinta convocatoria. Cun orzamento de 115 millóns de euros, inclúe 21 topics nos 4 seguintes piares:
- Materia prima de biomasa
- Procesamento
- Produtos innovadores de base biolóxica para aplicacións de mercado identificadas
- A aceptación do mercado
|
|
Data de peche: 6 de setembro de 2018.
|
|
Máis información
|
|
Convocatoria de expertos para o proxecto Cross4Health |
|
O proxecto Cross4Health, centrado en promover e apoiar solucións innovadoras en saúde, está buscando expertos independentes para participar na avaliación de propostas que se presenten ás súas convocatorias ou para colaborar, como xurado, nos eventos de selección das mellores ideas innovadoras, así como asesorar e capacitar aos equipos participantes. Particularmente están buscando expertos con máis de 10 anos de experiencia profesional como avaliadores/revisores ou membros de xurados noutros eventos.
|
|
|
|
Máis información
|
|
EVENTOS |
|
Horizon 2020 Food, Agriculture Information Day and Brokerage Event |
|
Bruxelas, 25-26 xuño 2018 |
Rexistro aberto ata o 27 maio!! |
|
Eureka Innovation Days 2018- The power of collaboration |
|
Helsinki, 22-24 maio 2018 |
|
Jornada informativa nacional Acciones Individuales MSCA 2018 |
|
Madrid, 28 maio 2018 |
|
Conference “Innovative Europe? Time for a new EU innovation strategy” |
|
Bruxelas, 5 xuño 2018 |
|
TechSummit 2018 |
|
Bratislava, 6-7 xuño 2018 |
|
MariMatch- EEN Brokerage Event for the maritime sector |
|
Atenas, 6-7 xuño 2018 |
|
|
|
|
|
Water JPI International Conference on Emerging pollutants in freshwater ecosystems |
|
Helsinki, 6-7 xuño 2018 |
|
Vision, Robotics & Motion Brokerage Event 2018 |
|
Veldhoven, 6-7 xuño 2018 |
|
E² Tech4Cities 2018 – Energy & Efficiency Technologies for cities & Pitching session |
|
Bruxelas, 7 xuño 2018 |
|
Automotive Day 2018 - B2B Matchmaking event |
|
Luxemburgo, 7 xuño 2018 |
|
2018 GEO SYMPOSIUM - Earth Observations for impact |
|
Xenebra, 11-12 xuño 2018 |
|
NOVAS |
|
A Comisión presenta un plan para aproveitar ao máximo a intelixencia artificial |
|
A Comisión Europea ven de presentar unha serie de medidas para poñer a Intelixencia Artificial (IA) ao servizo dos europeos e impulsar a competitividade de Europa neste campo. Ao redor dunha cuarta parte de toda a robótica de servizos industriais e profesionais está sendo producida por empresas europeas. A IA é unha das tecnoloxías máis estratéxicas do século XXI e Europa quere estar á vangarda.
|
|
Máis información | Ficha informativa IA |
|
2.100 millóns de euros en fondos de capital risco |
|
A Comisión Europea e o Fondo Europeo de Investimentos puxeron en marcha un programa de fondos-de-fondos paneuropeos de capital risco (VentureEU) para estimular o investimento en empresas innovadoras emerxentes e en expansión en toda Europa. O acceso a capital risco desempeña un papel fundamental na innovación. Estes fondos aspiran a mobilizar ata 2.100 millóns de euros en investimentos públicos e privados. Espérase que poidan acceder a este financiamento ao redor de 1.500 empresas no conxunto da UE.
|
|
Máis información |
|
Lanzamento do Radar de Innovación da UE |
|
A Comisión Europea lanzou o Radar de Innovación, unha ferramenta en liña que proporciona un acceso fácil a innovacións que foron apoiadas con financiamento da UE e aos innovadores que están detrás delas. Permitirá descubrir os resultados obtidos e dará oportunidade de buscar innovadores que poidan seguir os pasos de compañías como Skype e TomTom, que tamén recibiron financiamento nos seus comezos.
|
|
Máis información |
|
Presentacións sobre a área da Seguridade |
|
En marzo e abril tiveron lugar algunhas sesións informativas sobre a área de Seguridade. Pódense descargar as presentacións dende as seguintes ligazóns:
- Secure Societies Infoday and Brokerage Event - Bruxelas - 12-13 marzo 2018.
- H2020 Secure Societies International Info Day and Brokerage Event - Varsovia - 11 abril 2018.
|
|
|
Presentacións sobre a convocatoria de Bioindustrias |
|
Tras o lanzamento oficial da convocatoria 2018, a Iniciativa Público-Privada de Bio-Industrias (BBI JU) organizou en Bruxelas o seu quinto evento informativo no que se rexistraron preto de 600 participantes. Nas sesións da mañá proporcionouse información sobre a iniciativa e todos os aspectos relacionados co proceso da convocatoria. Durante a tarde leváronse a cabo máis de 700 reunións entre os participantes. O evento foi gravado e pódese visualizar a través da seguinte ligazón, así como descargar as presentacións que se realizaron.
|
|
Máis información |
|
Xornada "El Programa FET y el European Innovation Council (EIC)" |
|
O 12 de abril organizouse no Ministerio de Economía, Industria y Competitividad unha xornada sobre o Programa Tecnoloxías Futuras e Emerxentes e sobre o Consello Europeo de Innovación. Pódense descargar as presentacións dende a seguinte ligazón.
|
|
|
Futuro dixital e Computación de alto rendemento |
|
Arredor de 130 actores relevantes de academia, industria e lexisladores reuníronse en Bulgaria, para debater o papel da computación de alto rendemento (HPC) na transformación do futuro dixital de Europa. Esta conferencia constituiu unha oportunidade para que os participantes compartiran información sobre o potencial de HPC para axudar a satisfacer os retos sociais, científicos e industriais en Europa, e considerar os plans da UE para apoiar o desenvolvemento de tecnoloxía, aplicacións e capacidades, así como fomentar a creación dun ecosistema europeo relevante en HPC.
|
|
Máis información |
|
|
|