Número 1
Xaneiro de 2019
Javier Montenegro consegue unha nova axuda do Consello Europeo de Investigación
O investigador principal no CiQUS Javier Montenegro foi recoñecido cunha das axudas PoC – Proof of Concept que concede o Consello Europeo de Investigación (ERC) para apoiar os proxectos xa financiados polo ERC nalgunha convocatoria anterior co obxectivo de estudar a transferencia á sociedade e avaliar o potencial comercial dos seus resultados científicos. O proxecto Traffikgene foi seleccionado xunto a outras 59 propostas europeas, 8 delas españolas, e continúa a liña dos resultados de investigación obtidos no marco do proxecto ERC Starting Grant DYNAP (Dynamic Penetrating Peptide Adaptamers), financiado en 2015 cun millón e medio de euros para desenvolver novas formas de atravesar a membrana celular de forma selectiva. Con data de inicio prevista para mediados deste ano, o novo proxecto terá unha duración de 18 meses.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Primeira convocatoria de DIVA
O proxecto DIVA (Boosting Innovative Digitech Value chains for Agrofood, forestry and environment) ofrece apoio para axudar ás pemes a levar a cabo os proxectos colaborativos que necesitan para desenvolver novas ofertas da cadea de valor nos sectores produtivos agroalimentario, forestal e ambiental. O obxectivo é construír unha nova cadea de valor tecnolóxica dixital que se demostrará en entornos reais e que comezará a súa internacionalización. DIVA vai entregar un conxunto completo de cupóns mediante convocatorias competitivas en tres instrumentos diferentes: Instrumento de maduración, Instrumento de demostración e Instrumento de internacionalización.
Data de peche: 1 de febreiro de 2019.
Máis información

Segunda convocatoria FLAME
Esta convocatoria do proxecto FLAME (Facility for Large-Scale Adaptive Media Experimentation) busca proxectos de pemes para crear e explorar experiencias de vangarda, tendo en conta o desexo do consumidor de contido multimedia personalizado, localizado e interactivo a través das interfaces home-máquina actuais e emerxentes utilizadas en espazos exteriores ou entre espazos exteriores e interiores. O financiamento poderá ser de ata 64000 euros por experimento.
Data de peche: 5 de marzo de 2019.
Máis información

Terceira convocatoria FED4SAE
O proxecto FED4SE ten como obxectivo crear unha rede paneuropea de Centros de Innovación Dixital en sistemas ciberfísicos. Este proxecto apoia solucións innovadoras en calquera dominio de aplicacións intelixentes (mobilidade, cidades intelixentes, saúde e benestar, industria, agricultura, alimentación, etc). Nesta terceira convocatoria sinala tres áreas nas que vai respaldar a experimentación altamente innovadora, en particular, en proxectos software e de intelixencia artificial, proxectos para infraestrutura intelixente e cidades intelixentes, así como proxectos de sensores intelixentes. O financiamento que se poderá conseguir por experimento poderá ser de ata 58.000 euros. Prevese financiar uns 15 experimentos.
Data de peche: 5 de marzo de 2019.
Máis información

Convocatoria Espazo
Están abertos varios topics incluídos no Programa de traballo da área temática Espazo de Horizon 2020. Cubren temas como a propulsión no espazo, a observación da Terra, o Sistema de navegación satelital global, a captación de mercado e os hubs espaciais.
Data de peche: 12 de marzo de 2019.
Máis información

Convocatoria MarTERA
Está aberta a segunda convocatoria da ERA-NET COFUND Maritime and Marine Technologies for a New ERA (MarTERA), destinada a financiar proxectos transnacionais de investigación e innovación así como fortalecer a cooperación internacional no ámbito das Tecnoloxías Mariñas e Marítimas. O CDTI participa cun orzamento estimado de 500.000 euros para financiar os proxectos de empresas españolas. As propostas deberán abordar temáticas incluídas nalguna das seguintes áreas prioritarias: Tecnoloxías marítimas respetuosas co medio ambiente; Desenvolvemento de novos materiais e estruturas; Sensores, automatización, monitorización e observacións; Fabricación e produción avanzadas; Seguridade e protección.
Data límite (envío pre-prepostas): 29 de marzo de 2019.
Máis información

EVENTOS
Webinar IMI2- Call 17 - Prediction and identification of environmental risks posed by medicinal products
23 xaneiro 2019
Webinar IMI2- Call 17- Opportunities for SMEs
25 xaneiro 2019
Webinar IMI2- Call 17- Optimising future obesity treatment
29 xaneiro 2019
Fuel Cells and Hydrogen 2 JU. Infoday Call 2019
Bruxelas, 29 de xaneiro de 2019
Webinar IMI2- Call 17- Open access chemogenomics library and chemical probes for the druggable genome
30 xaneiro 2019
Webinar IMI- Call 17- Rules & procedures
31 xaneiro 2018
International matchmaking event on life sciences Life-on-Chip -The Road from Idea to Reality
Leuven, 22 febreiro 2019
Global Industrie & Matchmaking event
Lyon, 5-8 marzo 2019
EENPartnering_JECworld 2019 - Innovations in Composites
París, 12-14 marzo 2019
NOVAS
FORO TRANSFIERE 2019
A 8ª edición de TRANSFIERE, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, terá lugar en Málaga o 13 e 14 de febreiro. Os participantes terán a oportunidade de establecer contactos, alianzas estratéxicas e sinerxias, buscar oportunidades de financiamento, dar a coñecer produtos, servizos e proxectos innovadores, reclutar talento e coñecer as necesidades tecnolóxicas da Administración Pública. A Enterprise Europe Network organiza unha xornada de encontros bilaterais de carácter internacional que se centra en 11 áreas temáticas: Administracións Públicas; Aeronáutico e Aeroespacial; Agrupacións Empresariais Innovadoras; Agroalimentario; Enerxía; Industria; Infraestruturas e Transportes; Medio Ambiente; Plataformas Tecnolóxicas Españolas; Sanidade e TICs.
Máis información
Seminarios sobre a convocatoria 17 de IMI2
A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI2) levará a cabo do 23 ao 31 de xaneiro de 2019, ambos inclusive, unha serie de seminarios web sobre os temas da convocatoria 17 (Ver sección Eventos). Estes webinar contarán cunha presentación do coordinador do tema e incluirán un tempo para preguntas e respostas. Representan unha excelente oportunidade para aprender máis sobre a convocatoria, interactuar directamente cos coordinadores de temas e poñerse en contacto con posibles socios de proxectos.
Máis información
173,4 millóns de euros para levar as súas innovacións máis rápido ao mercado
A Comisión Europea vai apoiar 283 novos proxectos innovadores no marco do programa piloto do Consello Europeo de Innovación (EIC). 278 pemes de 27 países foron seleccionadas para o seu financiamento na última ronda do Instrumento PEME. Entre elas, as empresas recibirán un total de 129 millóns de euros na Fase 2 (68 proxectos) e 10 millóns de euros na Fase 1 (200 proxectos). Ademáis, 15 proxectos recibirán 34,4 millóns de euros baixo a última ronda do esquema Fast Track to Innovation. Incluíndo os últimos resultados, o piloto do EIC leva apoiado ata agora un total de 1276 proxectos cun financiamento de 731,15 millóns de euros. Na Fase 2, os proxectos poden recibir entre 0,5 millóns e 2,5 millóns para financiar actividades de innovación como demostración, proba, pilotaxe e ampliación de escala. Na Fase 1, cada proxecto pode recibir 50.000 € para redactar un plan de negocios.
Máis información
79 socios de 21 países desenvolverán unha plataforma de cooperación en Intelixencia Artificial con 20 millóns de fondos da UE
O proxecto AI4EU comeza oficialmente este mes. Este proxecto reúne aos 79 mellores institutos de investigación, pemes e grandes empresas en 21 países para crear un punto focal para recursos de intelixencia artificial (AI), incluídos repositorios de datos, potencia de cálculo, ferramentas e algoritmos. Ofrecerá servizos e brindará apoio a usuarios potenciais da tecnoloxía, axudaralles a probar e integrar as solucións de AI nos seus procesos, produtos e servizos. Esta plataforma aberta colaborativa, tamén proporcionará cursos de perfeccionamiento e readaptación profesionais. O equipo do proxecto traballará estreitamente cos Centros de innovación dixital para robótica e a futura rede de centros de excelencia de AI para facilitar aínda máis o acceso á tecnoloxía de AI.
Máis información
Presentacións sobre topics da próxima convocatoria de Seguridade
En outubro e decembro tiveron lugar varios eventos dedicados a topics específicos da convocatoria 2019 de Seguridade , que abrirá en marzo e pechará en agosto de 2019. Pódese acceder ás presentacións realizadas e á información a través das seguintes ligazóns:
- - Brokerage Event sobre os topics FCT (Fight against (cyber)crime and terrorism) e INFRA (Infrastructure) – París, 2 outubro 2018.
- - Brokerage Event sobre os topics BES (Border and External Security) – París, 11 outubro 2018.
- - Brokerage Event sobre os topics DRS (Disaster-Resilent Societies) – París, 24 outubro 2018.
- - Security Research Event 2018- Bruxelas, 5-6 decembro 2018.
BUSCA DE SOCIOS
Eurostars: SME coordinator with expertise in sleep medical devices and/or mobile application development sought
A Swiss university together with a Swiss sleep centre is preparing a Eurostars proposal. The aim is to develop a smart platform to assess, monitor and promote a good sleep hygiene. Particular attention is on people suffering from insomnia or other sleep disorders. An R&D performing SME project coordinator already involved in the EU medical market is sought for a research cooperation. The coordinator should have the capacity and be interested to commercialize the technology.
Data límite: 25 de xaneiro de 2019!
Máis información
H2020 partners sought: CE-SC5-04-2019: Building a water-smart economy and society
A Macedonian company, is preparing a project proposal under the Work Program topic: CE-SC5-04-2019: Building a water-smart economy and society. The Project aims to demonstrate in large scale an innovative overarching model of water planning and management in all areas of water use (communal, industry, agriculture, energy generation sector). It is looking for project partners to further jointly apply for the call.
Data límite: 30 de xaneiro de 2019!
Máis información
CAD Modelling partner for Prosthetic Arm needed for Eurostars project
The Norwegian company, providing multifunctional Hydraulic hand prosthetics, needs a partner specialising in CAD modelling and optimising in order to jointly apply for Eurostars grant, cut off 11 on the 28th of February. The vision of the company is to supply a complete cost effective, reliable and functional prosthetic arm to users to improve their quality of life.
Data límite: 31 de xaneiro de 2019!
Máis información
3D scan body parts partner needed for Eurostars project.
The Norwegian company needs a partner specialising in 3D scanning with knowledge of scanning body parts in order to jointly apply for Eurostars grant, Cut off 11 on the 28th of February. The vision of the company is to supply a complete cost effective, reliable and functional prosthetic arm to users to improve their quality of life.
Data límite: 31 de xaneiro de 2019!
Máis información
[EUREKA/Eurostars2] Partners sought (companies or research institutes) for development of OLED (Organic Light Emitting Diodes) material
A Korean SME, specialized in developing OLED (Organic Light Emitting Diodes) material and optical performance materials for display application market, is seeking for partners to collaborate on EUREKA/Eurostar2 project proposal. The partners sought are companies and research institutes specialized in developing OLED material and multiple functional materials for the OLED display industry as well as bio & pharmacy industry under research cooperation agreement.
Máis información
Designing a Virtual Internship Platform
The Project aims to develop a virtual internship platform that would provide a useful digital space for work-placements and help undergraduate students gain both key competences required in the labour market and real-life experience prior to their graduation.A consortium of 8 organizations is looking for 2 European Universities which would like to send their student for internships and 2 Companies which can accept Virtual / Physical Interns.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.