Número 2
Marzo de 2019
Convocatoria da iniciativa INNOWWIDE
O próximo 1 de abril abrirá a primeira convocatoria da iniciativa na que participa o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), INNOWWIDE, cuxo prazo de presentación de propostas finaliza o 31 de maio de 2019. O seu obxectivo é financiar estudos de viabilidade de modelos de negocios innovadores desenvolvidos por pemes europeas, incluídas empresas xoves e startups de calquera sector que queiran competir e iniciar negocios en mercados novos e emerxentes fóra de Europa. Esta iniciativa financiada polo H2020 concederá, a fondo perdido, 60.000 euros que representa un máximo do 70% de total dos costes elexibles do proxecto.

Máis información
     
CONVOCATORIAS
Convocatoria da iniciativa Pilas de Combustible e Hidróxeno 2019 (FCH JU)
A Fuel Cells and Hydrogen Joint Undertaking (FCH 2 JU) é unha una iniciativa pública-privada que promove a I+D+i das tecnoloxías de hidróxeno e as pilas de combustible en Europa e ten coma obxectivo acelerar a comercialización deste tipo de tecnoloxías. O pasado mes de xaneiro abriuse unha convocatoria de propostas de proxectos cun total de 17 temáticas, 5 do sector de transporte, 8 de enerxía, 3 transversais e 1 xenérico.

A iniciativa conta cun orzamento global de 80.8 millóns de euros.

Data de peche: 23 de abril de 2019.
Máis información

Convocatoria Iniciativa de Medicamentos Innovadores
Xa está aberta a 17ª convocatoria da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI). Trátase dunha convocatoria en dúas fases. Cun orzamento de case 84 millóns de euros, contempla 3 temáticas:
  • Optimizando o tratamento futuro da obesidade
  • Biblioteca quimoxenómica de acceso aberto e sondas químicas para o xenoma apto para medicamentos
  • Predición intelixente e identificación de riscos ambientais provocados por produtos médicos humanos.
Data de peche (1ª fase): 25 de abril de 2019.
Máis información

Convocatorias da iniciativa común de Sistemas e Compoñentes Electrónicos 2019
A iniciativa común de Sistemas e Compoñentes Electrónicos (ECSEL) financia proxectos de I+D+i de talle mundial nestas tecnoloxías facilitadoras chave esenciais para o liderado competitivo europeo na era da economía dixital. Recentemente acaba de abrir a convocatoria de 2019 coas seguintes temáticas:
Datas de peche: 27 marzo e 7 maio 2019
Máis información

EVENTOS
SIFER 2019 - Railways Brokerage Event
Lille, 27-28 marzo 2019
Greencities B2B 2019. Urban Intelligence and Sustainability to talk about future cities
Málaga, 27-28 marzo 2019
Farmaforum 2019 – Brokerage Event
Madrid, 29 marzo 2019
B2B@iTechStyle Summit 2019
Matosinhos, 2 abril 2019
Connected and Automated Driving Conference
Bruxelas, 2-3 abril 2019
B2B Health Innovation Market 2019 - Portugal 2019
Braga, 3-4 abril 2019
15th International b2fair Matchmaking event at HANNOVER MESSE
Hannover, 1-5 abril 2019
NOVAS
Publicación do Plan de Traballo Iniciativa Común de Industrias de Base Biolóxica (BBI JU)
O obxectivo global da BBI JU é implementar un programa de investigación e actividades de innovación en Europa que avalíe os recursos biolóxicos renovables que poden ser empregados para a produción de materiais de base biolóxica e que permita crear cadeas de valor baseadas na bioloxía sustentable. O plan de traballo resume e detalla os obxectivos das actividades de I+D que serán prioritarias nas Convocatorias de Propostas do ano 2019.
Máis información
Documentación de apoio para a preparación de propostas MSCA RISE 2019
O CDTI acaba de recompilar unha serie de ferramentas e documentación práctica xeradas polos Puntos Nacionais de Contacto (NCP) MSCA en España e en toda Europa, destinadas a apoiar a aquelas entidades que estén preparando propostas para a convocatoria RISE 2019. A convocatoria Research and Innovation Staff Exchange RISE MSCA 2019 (Redes de intercambio de persoal) conta cun orzamento de 80 millóns de euros e está aberta ata o próximo 2 de abril 2019.
Máis información
Novo servizo de asesoramento en Propiedade Industrial financiado pola Comisión Europea
O novo servizo chamado Intellectual Property Booster (IP Booster) é un servizo especializado e profesional dirixido aos organismos públicos de investigación e universidades que estean a buscar a valorización dos seus resultados de investigación. Os expertos de IP Booster examinarán o caso das entidades interesadas e guiaranas cara a mellor estratexia de protección posible. O servizo é gratuíto e conta co financiamento da Comisión Europea.
Máis información
Resultados convocatoria FETOPEN CSA Innovation Launchpad de outubro 2018
A convocatoria FETOPEN CSA Innovation Launchpad ten como principal finalidade o incremento do potencial innovador dos proxectos FET (Future and Emerging Technologies) do H2020 por medio do financiamento de actividades que faciliten aplicacións comerciais dos resultados dos proxectos en marcha ou recén rematados. No corte de outubro de 2018, as entidades españolas foron as cuartas en termos de participación en proxectos propostos para recibir financiamento cun retorno do 12,8% dos fondos dispoñibles para esta convocatoria. Xa está aberta a seguinte convocatoria con data de peche 8 de outubro de 2019.
Máis información
BUSCA DE SOCIOS
MANUNET Call 2019 - Partner search for one SME to develop transparent PV (photovoltaic) cells for active windows
Italian SME is looking for a manufacturing SME for a collaborative project under Manunet Call 2019. Only partners from: Spain, Netherlands, Germany, Romania, Ireland, Luxemburg. Main objective of the project is to obtain a transparent multi-layer system capable of transmitting light and producing electricity via photovoltaic systems. Main application will be transparent PV cells to be used in active windows.
Máis información
SME-Instrument phase 2 – A French SME is looking for partners in microbiology and urban agriculture for the development of an innovative dry-vermicomposting toilet
A French SME, which is pioneer in the field of public toilets with vermicomposting method, is preparing a SME Instrument phase 2 proposal. The project is aiming at developing dry toilets integrated into storey buildings with the possibility to transform waste into agricultural resources. To achieve this project, partners in the field of microbiology and urban agriculture with skills in agronomy are sought for a Research & Development cooperation agreement.
Máis información
H2020-FETOPEN-01-2018-2019-2020: SMEs with expertise in reproductive tissue engineering in 3D sought for a project on improving animal and human reproductive performance and health
A Spanish research centre working in agriculture and husbandry is preparing a proposal for the call H-2020-FETOPEN-01-2018-2019-2020: FET-Open Challenging Current Thinking. The project will develop a 3D cell culture model of the female reproductive system (human, bovine, porcine and dog) with the aim of improving animal and human reproductive performance and health. The partners sought are SMEs with expertise in reproductive tissue engineering in 3D.
Máis información
Partner Search for EUREKA Project: Bee Hive Sensing for predicting the risk of colony collapse
A Turkish company is preparing a proposal for EUREKA Network Projects for developing a new technology for controlling all hives remotely by using a smart phone app. Company has already partnered with a Turkish University and currently looking a partner for developing cloud system for IoT app and IOS and/or Android telephone apps and another partner for improving alternative treatments for Varroa mites.
Máis información
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida sobre esta información, así como sobre os diferentes aspectos relacionados cos Programas Internacionais de I+D+i, no enderezo electrónico  galactea.gain@xunta.es e no teléfono 981 33 71 46.
Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.
Máis información sobre os nosos servizos en Enterprise Europe Network e GAIN!
Gain Informa
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscripción.