BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//CIS Tecnoloxía e Deseño - ECPv5.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:CIS Tecnoloxía e Deseño
X-ORIGINAL-URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/en/
X-WR-CALDESC:Events for CIS Tecnoloxía e Deseño
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20210629T093000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20210629T120000
DTSTAMP:20260512T082742
CREATED:20210624T101513Z
LAST-MODIFIED:20220311T164056Z
UID:6025-1624959000-1624968000@www.cistecnoloxiaedeseno.gal
SUMMARY:IV Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
DESCRIPTION:A Axencia Galega de innovación (Gain) organiza o vindeiro 29 de xuño a cuarta edición do seu Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial\, que volve ao CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) en formato mixto presencial-virtual para conmemorar o Día Mundial do Deseño Industrial. \nA cita está aberta a profesionais do deseño de todas as disciplinas (industrial\, gráfico\, de produto\, organizacional\, dixital e multimedia)\, estudantes desta especialidade e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e competitividade nas súas organizacións. A inscrición para a asistencia presencial estará aberta ata completar o aforo permitido con base nas restriccións sanitarias e o evento poderá seguirse tamén en streaming. \nNesta edición ponse o foco no papel do deseño e dos procesos creativos na innovación sobre catro áreas estratéxicas: o reto climático\, a transformación dixital\, a competitividade empresarial e o benestar social. Isto conecta directamente coas prioridades do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024\, que será presentado durante o evento\, xunto coas axudas do novo programa Deseña Peme e a próxima edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. \nOs asistentes terán ocasión de coñecer a visión de varios grupos de expertos sobre deseño para a sustentabilidade\, a transición cara a economía creativa\, a iniciativa New European Bauhaus e o posicionamento de Galicia como referencia sustentable\, transformadora e diferencial. Isto completarase coa presentación de varios proxectos de innovación aberta participados ou liderados por empresas galegas nos que o deseño é o elemento clave para a lograr produtos ecoeficientes e ligados á innovación responsable. \n\nPrograma do encontro (pdf)\nFormulario de inscrición
URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/en/evento/iv-encontro-de-deseno-para-a-innovacion-empresarial/
LOCATION:Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño\, A Cabana\, s/n\, Ferrol\, A Coruña\, España\, 15590\, Spain
CATEGORIES:Eventos CIS
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/wp-content/uploads/2021/06/imagen-iv-encontro-deseño.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR