BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//CIS Tecnoloxía e Deseño - ECPv5.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:CIS Tecnoloxía e Deseño
X-ORIGINAL-URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/en/
X-WR-CALDESC:Events for CIS Tecnoloxía e Deseño
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231226T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231229T140000
DTSTAMP:20260409T134912
CREATED:20231204T114128Z
LAST-MODIFIED:20231227T134147Z
UID:13352-1703584800-1703858400@www.cistecnoloxiaedeseno.gal
SUMMARY:Campamento científico D’tec Nadal 2023
DESCRIPTION:O CIS Tecnoloxía e Deseño organiza un novo campamento científico – tecnolóxico para estudantes de secundaria centrado na innovación\, a ciencia e o deseño. \nO campamento celebrarase do 26 ao 29 de decembro de 2023\, en horario de 10:00 a 14:00 horas. \nOs participantes\, agrupados por niveis de idade\, realizarán un amplo abanico de actividades\, que incluirán programación\, iniciación no uso de Intelixencia Artificial xenerativa e construción de diversos dispositivos. Disfrutarán de actividades prácticas que lles permitirán aumentar as súas destrezas e coñecementos científico-tecnolóxicos. \nDurante as catro xornadas\, un equipo de docentes expertos en educación CTIM (Ciencia Tecnoloxía\, Enxeñería e Matemáticas) acompañará aos alumnos e a alumnas\, adaptando os contidos aos coñecementos previos dos participantes e fomentando neles o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía. \nO campamento é gratuíto\, e conta cunha oferta de corenta prazas\, que se asignarán por orde de inscrición. \nActividades \n\nRetos STEAM: Actividade centrada na resolución cooperativa dun problema\, que se presenta no momento de inicio da actividade.\nProgramado con Microbit. Levarán a cabo diferentes actividades que permitirán iniciar aos participantes na programación.\nÁrbore de Nadal científico. Deseño e construción de estruturas en equilibrio de temática ligada ao Nadal.\nRobótica con Mbot. Actividade centrada na programación de robots. Realizaranse actividades\, que incluirán diversos retos de programación.\nConstrución de autómatas. Deseño e creación de autómatas básicos utilizando materiais reciclados.\nCreación de postais do Nadal con luz. Iniciación á electricidade coa creación de postais con luz led.\nProgramación de xogos en Scratch. Iniciación á programación con bloques de xogos na contorna Scratch.\nConstrución de scribbling machines. Deseño e construción de máquinas garabateadoras que deberán ter unhas especificacións establecidas polos docentes.\nStop motion. Creación dun vídeo do Nadal utilizando técnicas de Stop Motion.\nIniciación a App Inventor. Programación dunha aplicación básica para dispositivos Android mediante bloques.\nQuímica recreativa. Iniciación á química e creación de agasallos de Nadal “científicos”. Creación de chaveiros con plásticos termomoldeables e fabricación de bombas de baño.\nCine científico. Durante a última xornada\, os participantes gozarán dunha sesión de cine na que tras o visionado dunha película asistirán a un show sobre os contidos da mesma.\n\nData límite de inscrición: 21 de decembro de 2023. \n  \nPrograma: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/campamento-cientifico-dtec-nadal-2023/
URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/en/evento/campamento-cientifico-dtec-nadal-2023/
LOCATION:CIS Tecnoloxía e Deseño\, A Coruña\, 15590\, España
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/wp-content/uploads/2023/12/Banner_campamento_nadal.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231229T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231229T140000
DTSTAMP:20260409T134913
CREATED:20231129T115013Z
LAST-MODIFIED:20231229T074219Z
UID:13306-1703849400-1703858400@www.cistecnoloxiaedeseno.gal
SUMMARY:Cine e Show Científico: Robots
DESCRIPTION:No marco do programa D’tec de fomento das vocacións científico tecnolóxicas\, organízanse dúas novas xornadas de Cine e show científico. \nAs sesións combinan a proxección dunha película cun espectáculo científico que se desenvolve a continuación\, no que se analizan os contidos visionados dun modo ameno e atractivo\, con experimentos e demostracións. \nEn cada xornada abordarase unha temática diferente\, que irán desde a robótica ata a física ou as novas tecnoloxías. \nEstas actividades están abertas a todos os públicos\, cunha selección de películas apta para practicamente todas as idades. Estamos seguros de que será unha experiencia enriquecedora e divertida para todos os que participen. \nPara facilitar a asistencia\, haberá autobuses gratuítos\, que trasladarán aos interesados dende varios puntos de Narón e Ferrol. Para reserva de praza poden contactar directamente por teléfono (981 337 110 | 981 337 133) ou indicalo no formulario de inscrición. \nRobots\nIDADES: Desde os 7 anos. \nSinopse. O mozo Rodney Hojalata é un xenio que quere facer do mundo un lugar mellor. Cappy é unha atractiva executiva robot da que Rodney queda cativado ao instante. Ratchet é o tirano corporativo; e logo está o Gran Soldador\, un maxistral inventor que perdeu o norte … ata que tropeza co irreprimible soñador de Rodney. Ademais está un grupo de robots inadaptados coñecidos como os Oxidados liderados por Manivela. \nMarty e Doc viaxan ao ano 1955\, pero descobren que o presente foi alterado dunha maneira dramática debido ás accións do seu eu futuro. Co tempo en contra\, deben arranxar o pasado para asegurarse de que o futuro sexa como debería ser. En medio de todo isto\, Marty tamén debe loitar contra o acoso de Biff Tannen\, un matón que fixo a súa fortuna grazas a un almanaque deportivo do futuro. \nShow científico\nA idea de ter robots como os da película fascínanos desde hai séculos\, pero o avance foi moito máis lento do que nos gustaría. Como de preto estamos de ter robots como os que aparecen na película? Que nos vai a achegar a Intelixencia Artificial no ámbito da robótica? Pode ser perigoso un robot? Durante a charla daremos resposta a estas e outras preguntas relacionadas cun campo tan atractivo e innovador como é o da robótica. \nData límite de inscrición: 27 de decembro de 2023. \n 
URL:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/en/evento/cine-e-show-cientifico-robots/
LOCATION:Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño\, A Cabana\, s/n\, Ferrol\, A Coruña\, España\, 15590\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/wp-content/uploads/2023/11/cine_Banner-950x500-1-1.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR